Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

segunda-feira, maio 15, 2006

CSS Reinicia


Hoxe vouvos falar dunha iniciativa que atopei no blog do compañeiro de Atún tun tun..., que é o responsábel do proxecto: CSS Reinicia.


Consiste en cambiar o deseño dos nosos blogs todos a un tempo. Xa houbera iniciativas semellantes, pero esta distínguense porque vai enfocada unicamente á comunidade de blogueiros hispanofalantes. O obxectivo, demostrar a nosa calidade como deseñadores. O reinicio sería o 15 de Agosto, dentro de 3 meses, para que haxa tempo dabondo para facer un deseño. É gratuito e só tendes que anotarvos, e logo o resultado será valorado polos milleiros de participantes que se agarda que se animen.

E agora ben, no que a min respecta non sei que facer e quero consultárvolo a vós... dubido porque me dá mágoa cambiar este deseño que tanto traballo me deu e ao que tanto cariño lle pillei, e por outra banda non sei se sería capaz de facer un novo que me gustase tanto coma este... se non fora por iso xa estaría inscrito, pero é iso, que joba, se vou cambiar, quero facelo para mellor e non porque me de o arroute.

Veña, poríavos unha enquisa a modo de refenrendum peroro que contestedes nos comentarios para que argumentedes a vosa opinión.
¡¡Moitas Grazas!!


Comeza a conta atrás...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:40:00 da manhã por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Pois a verdade é que eu tamén dubidaría, e ainda que a túa páxina me parece incrible, innovar tamén é bo (e necesario): pero só cando esteas preparado e sintas ti esa necesidade. Estou segura que coa imaxinación que demostras ter, calquera resultado de cambio vai ser estupendo: e o traballo que fixeches ata o de agora non implica un tempo tirado, senón que construirás sobre o que xa tes feito. Será unha transformación, pero a etapa anterior é necesaria para iso e ahí segue estando en parte. Un non se despoxa totalmente do que ten e o deixa atrás, senón que fai unha selección do que lle convén neses intres e inclúe outras cousas das que carece. É o xeito de avanzar. Sorte se te decides a facelo en breve: non dubides que tes o meu apoio!!!

quarta mai. 17, 10:43:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA