Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

terça-feira, junho 27, 2006

Aniversario de Lydia e Nene


Esta vez preséntase un problema, pois hoxe é o aniversario de Lydia e de Nene, e terei que felicitar a un antes que a outro porque facelo á vez queda feo. Entón, ¿cal debe ir antes? A cortesía di que as mulleres deben ir primeiro, máis tamén se di que os nenos deben ir antes... pois iso, mellor solución non hai, ala, trato a Nene como un adulto e fóra (síntete orgulloso).

Pois iso, cadroulle a Lydia primeiro. Dicir que me sinto afortunado de terche coñecido, pois aínda que non hai moito tempo diso, xa me demostraches tanto ou máis que outras persoas en máis tempo.



¡¡Parabéns amiga!!

Que cumpras moitos máis, pases un bo ano e que a vida che sonría porque o mereces.

É agora o turno de Nene, que non vai ser menos:



¡¡Parabéns amigo!!

Que cumpras moitos, que pases un bo verán e mellor ano, que che vaia ben e todas esas cousas que digo sempre.

Ala, pois iso, espero que felicitedes a ambos.

Sen m?is...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 4:08:00 da tarde por kaka      3 comentarios

segunda-feira, junho 26, 2006

Aniversario de Yas


Como xa sabedes moitos de vós, hoxe é o aniversario de Yas, e quero aproveitar a posibilidade que me ofrece este blog para felicitala (aínda que xa o fixen), ao igual que fixen con outros anteriormente.



¡¡¡Parabéns!!!

Neste sentido quero desexarlle que pase un feliz día, que teña un bo ano e que desfrute dos seus 17 anos recén estreados.

Espero que sexades bos cristiáns e a felicitedes con xeito.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:03:00 da manhã por kaka      1 comentarios

domingo, junho 25, 2006

Blog awards


Bueno, vouvos anunciar que recibín a invitación para participar no concurso de Blog Awards, no que aspiro a ter exito coa vosa axuda.

Participo en
Blog Awards,
Nomina tu blog

Nomineime nas categorías de mellor diseño (por iso de que o vou a cambiar o próximo 15 de agosto polo CSS Reinicia, a ver se queda recoñecido nalgún sitio), blog máis orixinal e maior participación dos lectores, porque confío en vós para competir no concurso e tamén porque quero que se recoñeza a vosa aportación.

O resultado obténse dunha votación que se abrirá ao público en 10 días, os premios non son económicos, simplemente é o recoñecemento ao calidade do teu blog: iconos, banners, botóns e mesmo publicidade.

Dicir tamén que ata que comecen as votacións poden incribirse máis blogs. Eu persoalmente anímovos a participar.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:32:00 da manhã por kaka      1 comentarios

sábado, junho 24, 2006

Non pasou nada


Hoxe deixovos aquí unha imaxe que me pareceu bastante curiosa, polo que en si mesma di e porque demostra que non temos a exclusiva temporal das tonterias, e que parecen propias de todos os gobernos...

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 4:58:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sexta-feira, junho 23, 2006

Parábola do venres: A cenoria, o ovo e o café


Unha filla queixouse ao seu pai sobre a súa vida e de como as cousas estaban difíciles para ela. Xa non sabía que máis facer e quería desistir. Estaba cansa de loitar e combater. Parecía que así que resolvía un problema outro xurdía.

O seu pai, un chef, levouna ata a súa cociña. Encheu tres potas con auga e colocou cada unha delas ao lume. Logo as potas comezaron a ferver. Nunha colocou cenorias, noutra puxo ovos e, na última, po de café. E deixou que todo fervese, sen dicir unha palabra.

A filla deu un suspiro e agardou impacientemente, imaxinando que estaría facendo. Vinte minutos despois, apagou as bocas de gas. Pescou as cenorias e colocounas nun prato. Retirou os ovos e púxoos noutro prato. Entón botou o café nun vaso.

Virándose para ela, preguntou:

- Querida, ¿que ves aí?

- Cenorias, ovos e café - respondeu.
Trouxoa para máis perto e pediulle que probase as cenorias. Ela obedeceu e notou que estaban brandas.

Entón, pediulle que collese un ovo e o crebase. Obedeceu e despois de retirar a casca verificou que o ovo endurecera ao ferver.

Finalmente, pediulle que tomase un grolo do café, sorriu ao probar o seu aroma delicioso e preguntou humildemente:

- ¿Que significa isto, pai?

Explicoulle que cada un deles había enfrentado a mesma adversidade, auga fervendo, mais cada un reaccionara de xeito distinto. A cenoria entrara forte, firme e inflexíbel. Mais despois de ter sido sometida á auga fervendo, amolecera e se tornara fráxil.

Os ovos eran fráxiles. A súa casca fina protexera o líquido interior. Mais despois de ter sido colocados na auga fervendo, o seu interior tornouse máis ríxido.

O café en po, é incomparábel. Despois que fora colocado na auga fervendo, mudou á auga.

- ¿Cal deles es ti? - preguntou á súa filla.

Cando a adversidade bate á súa porta, ¿como respondes ti? ¿És unha cenoria, un ovo ou po de café?

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:11:00 da tarde por kaka      0 comentarios

domingo, junho 18, 2006

Cabra en moto


Hoxe vouvos poñer unha noticia do xornal, que xa facía tempo que non o facía, o certo é que perdinme moito e xa non leo tanto o xornal (e isto non quere dicir nada, aínda que agora no verán espero recuperar o bo costume...); que me chamou a atención por ser bastante curiosa:

Axentes da Policía Local de Santa Cruz de Tenerife interceptaron un ciclomotor tras detectar que nel viaxaban tres ocupantes, e ao proceder á súa identificación comprobaron que un deles era unha cabra, á que se lle colocara o correspondente casco de proteción.

Segundo informa o Concello da capital tinerfeña nun comunicado, os feitos tiveron lugar na Avenida de Anaga despois de que os axentes detectasen que a bordo do vehículo viaxaban tres ocupantes.

Sen embargo, ao proceder á súa identificación comprobaron con sorpresa que o ocupante do medio, que tamén levaba casco, resultou ser unha cabra.

Os axentes solicitaron a documentación do vehículo co obxectivo de realizar as denuncias oportunas por unha infracción grave á Lei de Seguridade Vial.

Ao comprobar que carecían de todo tipo de documentación, os ocupantes humanos do vehículo foron denunciados por carecer de licencia de conducir e do seguro e documentación do ciclomotor, que foi retirado aos depósitos municipais.


A primeira conclusión que un pode sacar é que isto só pode pasar en España.

Sen máis...

PD: publicado o domingo 16 de xuño no diario El Mundo, se queredes podedeso consultar a noticia aquí

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:20:00 da tarde por kaka      3 comentarios

sábado, junho 17, 2006

Brasil


Realmente sorprende ata que punto nos quedamos co negativo de algo e xulgamos practicamente sen coñecer. Un exemplo: Brasil.



Cando pensamos en Brasil asociámolo, aparte do fútbol, coa delincuencia, as fabelas e demais. Pero non reparamos en todo o positivo que ten:

  1. O Brasil é o país que combate con máis éxito a SIDA e outras doenzas de transmisión sexual, e ven sendo exemplo mundial nese sentido.
  2. O Brasil é o único país do hemisferio sur que está participando no Proxecto Xenoma Humano.
  3. Nunha enquisa que envolvía 50 cidades de diversos paises, a cidade de Río de Janeiro foi considerada a máis solidaria.
  4. Nas eleccións do 2000, o sistema do Tribunal Regional Eleitoral (TRE) estaba informatizado en todas as rexións do Brasil, con resultados en menos de 24 horas despois do inicio do reconto. O modelo chamou a atención dunha das maiores potencias mundiais: os Estados Unidos, onde o reconto dos votos ten que ser feito varias veces, atrasando o resultado e colocando en xaque a credibilidade do proceso.
  5. Mesmo sendo un país em desenvolvemento, os internautas brasileiros representam un 40% do mercado de América Latina.
  6. No Brasil hai 14 fábricas de vehículos instaladas e outras 4 estanse instalando, mentres algúns países veciños non posúen ningunha.
  7. Dos nenos e adolescentes entre 7 e 14 anos o 97,3% están escolarizados.
  8. O mercado de teléfonos móbiles do Brasil é o segundo do mundo, con 650 mil altas cada mes.
  9. Na telefonía fixa, Brasil ocupa a quinta posición en número de liñas instaladas.
  10. Das empresas brasileiras, 6.890 posúen certificado de calidade ISO 9000, o maior número entre os países en desenvolvemento. No México son a penas 300 empresas e 265 en Arxentina.
  11. O mercado editorial de libros é maior que o de Italia, con máis de 50.000 títulos novos a cada ano.
  12. Brasil dispón do sistema bancario máis moderno do planeta.
  13. As axenciasde publicidade brasileiras gañan os mellores e maiores premios mundiais.
  14. Brasil é o país máis emprendedor do mundo e máis do 70% dos brasileiros, pobres e ricos, dedican unha considerábel parte do seu tempo en traballos voluntarios.
  15. Brasil é hoxe a terceira maior democracia do mundo.
  16. Que apesar de todas as mazelas, o Congresso está punindo seus próprios membros, o que raramente ocorre em outros países ditos civilizados.
  17. O pobo brasileiro é un pobo hospitalario: esfórzase en falar a lingua dos turistas, xesticula e non mide esforzos para atendelos ben.
  18. E, sobre todo, e isto é algo do que debemos tomar exemplo, o pobo brasileiro fai piada da propria desgraza e que afronta os desgustos sambando.

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:52:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sexta-feira, junho 16, 2006

Parábola do venres: o burro e o cabalo


Xente, hoxe voulles contar unha historia que aconteceu entre o cabalo e o burro: ¡un vive, outro morreu!

Eles eran dous amigos que tiñan o mesmo patrón, e cargaban de todo, dende pedras a algodón. O cabalo era vello e xa lle quedaban poucos folgos, máis burro era un langrán: forte e ben dotado para o traballlo, pero pouco amigo del.

Un bo día o seu dono, sen compaixón e sen piedade, púxolles unha carga ben pesada e os levou á cidade. Mais o dono, curiosamente, fixo o que non debía. Puso no cavalo o fardo máis pesado, e no burro o máis livían. E alá se foran os dous por un camiño ben estreito, cando o cabalo parou suarento e esgotado.

- Amigo - dille ao burro-, pola nosa amizade, gustaríame que levasemos a carga a medias.

- ¿E ti pensas que eu son burro? - dille o burro lacazán-. Eu non teño culpa de nada, a culpa é do patrón.

- ¡Pero non soporto máis! ¡Non sei se vou aturar! E dividindo a carga, ningún de nós vai cansar.

- ¿E ti pensas que estou tolo e cargar coa túa carga? - O cabalo chorou entón unha bágoa amarga.
E seguirón o seu camiño. O burro ía diante, e o cabalo atrás, xa case inconsciente. E despois de moitas horas forzando a camiñada chegaron ao pé dun outeiro onde subía a estrada. O burro cantarolava con ledicia namentres o cabalo, infeliz, suando folguexaba.

Mais, cando o burro xa levaba un bo trecho da subida, o cabalo, cun relincho, tombou e rolou, sem vida. O dono, ao ver aquilo, soltou un tremendo berro, e transferiu toda a carga para o lombo do burro.

Por iso, coiden ben do amiguiño, pois quen coida dos amigos xamais acaba soíño.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:13:00 da tarde por kaka      0 comentarios

quarta-feira, junho 14, 2006

España 4 - Ucrania 0


Xa van cinco días e Mundial e aínda non me dignei a adicarlle unha entrada, pero o de hoxe pídeo a berros.

Eu sinceramente non me esperaba isto, xa non esperaba moito da selección. Que si, que pasara a primeira fase e se cadra ata octavos pois non sería ningunha sorpresa polo equipo que levamos. Mais España, neste sentido, sempre será España e no que levo de vida nunca fixo, polos motivos que foran, nada digno de lembrar, decepción tras decepción... Así perdín a confianza e volvinme ascéptico, pois sempre somos moi favoritos e non chegamos a ningún lado, quedamos á altura de seleccións como Letonia na pasada Eurocopa ou de EE.UU. no último mundial.

Este ano era distinto, non nos criamos os mellores e tampouco eramos favoritos, aínda que, recoñezo que este ano hai máis motivos para selo que outros (despois do visto é fácil dicilo), e sinceramente, pareceume moi ben que os medios non nos quixeran vender xa que iamos gañar o Mundial, pois poñendo o listón tan alto o fracaso é o máis fácil.

¿Que problema xurdiu? Gañar 4 - 0 a un rival ao que había que gañarlle 4 - 0, Ucrania; cando, como dicía, se tentaba vender que non eramos favoritos e que se pintaba un partido complicado contra un rival complicado, co mellor xogo que se viu no que vai de Mundial, que vale xogamos moi ben, pero ese mérito non nós corresponde exclusivamente a nós, pois tamén influiu o pésimo partido de Brasil, de Inglaterra e de Francia. Deste xeito o tiro saiu pola culata, borramos do campo a un rival que sobrevalorado xogando ben, o que fixo que a xente se emociónase e volva a pensar que somos os mellores e que imos gañar o Mundial.

E este me parece o principal problema, que só gañamos un partido (e que non todos os partidos serán contra Ucrania) e moitos xa queren mercar as entradas para a final... e non quero ser gafe ou augafestas, que eu fun dos que disfrutou vendo o partido, e ogallá España siga xogando así porque todos imos saír gañando.

Polo pronto, deixo o video do que coido foi o mellor momento que nos deu o partido de onte, o gol de Puyol que en realidade marcou Torres. Espero que vos guste.

Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:07:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sábado, junho 10, 2006

Parábola do sábado: A paz


Ese comercio non ten manequí con bikini, nin ten cachorriños, nin ten rapaces, nin ten bebes.

Ese comercio non ten música de fondo, non ten efectos especiais, non ten tartaruga xogando á bola.

Ese comercio non ten xente famosa nin neno-propaganda, porque ese comercial é para vender un produto que ninguén precisa ser convencido para mercalo.

Ese comercio é para vender un produto que adoras consumir, e que, para máis pistas, xa mercaches, só que non o está entregando.

É un produto que non ten marca nin eslogan, non ten envoltorio nin fai promoción tipo leve tres e pague dous.

Ese comercial é todo branco porque, dese xeito, pode ser entendido aquí e no mundo enteiro. seria muito bom que esse comercial pudesse passar no mundo inteiro.

Porque o produto que ese comercial quere vender é PAZ.

Encanto as persoas que precisan mercar paz non a compran, faga así: colla o seu estoxo de paz que tes na casa e úseo. Úseo no camiño. Úseo na fila do banco. Úseo no ascensor. Úseo no fútbol.

Paz é un produto interesante, porque canta máis usas, máis tes.

E se todo mundo a usa, quizais chegue o día en que ninguén precise un facer un comercio para vender paz.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:30:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sexta-feira, junho 09, 2006

Aniversario de Alvinha


Hoxe é un día especial, ¿por que? Pois porque hoxe é o aniversario de alguén moi especial. Xa deberíades saber de quen falo, e non só polo día tamén pola breve descripción, pero para os máis despistados direivos que é Alvinha.

Engadir que me sinto afortunado por terche coñecido e por levarme tan ben contigo, agradecerche toda a axuda e simpatía, e dicir que es moi boa persoa. E agora xa deixo paso á tradicional felicitación:

¡¡¡¡Parabéns amiga!!!!

E agora quero deserxarche un bo ano, que pases un bo día, que teñas sorte e a vida te sonría porque o mereces.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:47:00 da tarde por kaka      4 comentarios

quarta-feira, junho 07, 2006

Aniversario de Mariña


Quizais non o sabiades, ou quizais si. Pero sexa o sexa, dígovos que hoxe é o aniversario de Mariña, e para que se note que eu si o sabía e que non me esquecín desta circunstancia vouna felicitar ao meu xeito.

Unicamente engadir que é moi boa persoa, non porque o diga eu, que tamén, pero para os que discrepan teño datos obxectivos, como pode ser o ranking de mellores persoas deste blog, no que ocupa un lugar privilexiado é a que máis victorias acumula (xunto con Marykinha). E agora xa deixo paso á tradicional felicitación:

¡¡¡¡PARABÉNS!!!!

E neste sentido quero deserxarlle un bo ano, que pase un bo día, e no seu caso, que teña sorte cos exames.

Sen máis...

E estaredesvos preguntando que fago posteando a esta hora, e eu explicareivolo: pois resulta que a última hora da mañá teño Química, e que últimamente damos as clases na sala de informática... e bueno iso, que non é que deixe de copiar os apuntes, pero é que teño tempo para copialos e moito máis, así que rentabilizo o tempo...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:48:00 da tarde por kaka      2 comentarios

domingo, junho 04, 2006

Test


10 anos atrás...
    Era un neno case sen amigos, pero que vivía feliz coas miñas cousas.
5 anos atrás...
    Entraba na ESO e comezaba a coñecer a xente, aínda que a miña timidez non me deixaba demasiado.
1 ano atrás...
    Pois non o sei, pero teño a sensación de que xa non son o mesmo... antes vivía feliz na miña inconsciencia.
Onte...
    Fun de compras A Coruña con Lydia, e non puiden resistir a tentación e merquei a camiseta do Racing de Ferrol e a do centenario do Sevilla.
Mañá...
    É luns e non teño gana ningunha de ir a clase... a ver se me poño enfermo ou algo así.
Snacks...
    Ningún en especial, non me gustan moito esas cousas.
Cinco bandas e/ou artistas...
    1. Un pingüino en mi ascensor.
    2. Ivete Sangalo.
    3. La oreja de Van Gogh.
    4. Hombers G.
    5. Melendi.
    Cousas que faría con 100.000.000 €:
      O primeiro, cumprir coa miña palabra e mercar un piano de cola negro, e logo mercar moitas camisetas e pensar que facer co resto.
    Cinco lugares aos que me gustaría ir...
    1. Noruega.
    2. París.
    3. EE.UU.
    4. China.
    5. Londres.
    Cinco malas hábitos que teño...
    1. Pasar moito tempo no ordenador.
    2. Deixalo todo para o último momento e despois agobiarme.
    3. Desanimarme ante os fracasos.
    4. Conformarme con mínimos cando podo facer moito máis.
    5. Utilizar calquera excusa para eludir responsabilidades.
    Cinco cousas que me gusta facer...
    1. Estar cos meus amigos.
    2. Falar coa xente.
    3. Xogar, ao fútbol preferibelmente.
    4. Non molestar.
    5. Descansar.
    Cinco cousas que NUNCA vou empregar...
    1. Camisas.
    2. Cinturóns.
    3. Traxes, grabatas e cousas do estilo (chamádeme raro, pero eu iso non o vou poñer gratis nunca).
    4. Ciruxía estética.
    5. Pistola.
    Cinco programas de TV que me gustan...
    1. Maracaná 06.
    2. Buenafuente.
    3. E pouco máis, non vexo moito máis a televisión (só partidos e o telexornal cando me cadra...).
    Cinco películas que me gustan.
    1. Patch Adams.
    2. O pianista.
    3. O código da Vinci.
    4. A triloxía do señor do aneis.
    5. Witch.
    Cinco persoas que me gustaría coñecer...
      Ningunha en especial.
    As cinco cousas que máis disfruto.
    1. As vacacións.
    2. As conversas transcendentes.
    3. A boa compaña.
    4. A choiva.
    5. Escribir cousas relevantes, polo menos para min.
    Cinco xoguetes favoritos... de cando era pequeno:
      1. A nintendo 64.
      2. Os power ranger.
      3. Os macacos dos ovos kinder.
      4. Os míticos playmobil.
      5. Epi e Blas.
      Tres persoas afortunadas para que fagan o mesmo...

      Sen máis...

      Etiquetas:

      Califica esta entrada:

       Esbardallado ás 11:11:00 da tarde por kaka      2 comentarios

      sábado, junho 03, 2006

      Perdono


      Hoxe vouvos poñer unha canción que escoitei por casualidade no programa de Buenafuente do pasado xoves, a de Perdono de Tiziano Ferro, coa que nese momento pois me sentín identificado. Bueno, déixovola aquí, pero en italiano, que persoalmente me gusta máis, coa súa correspondente tradución. Espero que vos guste:

      "Perdono"

      Perdono...si quel che è fatto è fatto io però chiedo
      Scusa...regalami un sorriso io ti porgo una
      Rosa...su questa amicizia nuova pace si
      Posa...perchè so come sono infatti chiedo...
      Xdono...si quel che è fatto è fatto io però chiedo
      Scusa...regalami un sorriso io ti porgo una
      Rosa...su questa amicizia nuova pace si
      Posa...PERDONO

      Con questa gioia che mi stringe il cuore
      A quattro cinque giorni da Natale
      Un misto tra incanto e dolore
      Ripenso a quando ho fatto io del male
      E di persone ce ne sono tante
      Buoni pretesti sempre troppo pochi
      Tra desideri, labirinti e fuochi
      Comincio un nuovo anno io chiedendoti..

      Perdono...si quel che è fatto è fatto io però chiedo
      Scusa...regalami un sorriso io ti porgo una
      Rosa...su questa amicizia nuova pace si
      Posa...perchè so come sono infatti chiedo...
      Xdono...si quel che è fatto è fatto io però chiedo
      Scusa...regalami un sorriso io ti porgo una
      Rosa...su questa amicizia nuova pace si
      Posa...PERDONO

      Dire che sto bene con te è poco
      Dire che sto male con te…è un gioco!
      Un misto tra tregua e rivoluzione
      Credo sia una buona occasione
      Con questa magia di Natale
      Per ricordarti quanto sei speciale
      Tra le contraddizioni e i tuoi difetti
      Io cerco ancora di volerti

      Perdono...si quel che è fatto è fatto io però chiedo
      Scusa...regalami un sorriso io ti porgo una
      Rosa...su questa amicizia nuova pace si
      Posa...perchè so come sono infatti chiedo...
      Xdono...si quel che è fatto è fatto io però chiedo
      Scusa...regalami un sorriso io ti porgo una
      Rosa...su questa amicizia nuova pace si
      Posa...PERDONO

      Qui l'inverno non ha paura...io senza di te un po' ne ho
      Qui la rabbia è senza misura...io senza di te...non lo so!
      E la notte balla da sola...senza di te non ballerò
      Capitano abbatti le mura...che da solo non cela farò

      Perdono...si quel che è fatto è fatto io però chiedo
      Scusa...regalami un sorriso io ti porgo una
      Rosa...su questa amicizia nuova pace si
      Posa...perchè so come sono infatti chiedo...
      Xdono...si quel che è fatto è fatto io però chiedo
      Scusa...regalami un sorriso io ti porgo una
      Rosa...su questa amicizia nuova pace si
      Posa...PERDONO



      "Perdona"

      Perdona… si te he hecho lo que te hecho, te diré solo
      excusa… dibuja una sonrisa y te regalo una
      rosa… verás que mi amistad entra en el alma y te
      toca… porque sé como soy yo te lo pido…
      Perdona… si te he hecho lo que te he hecho, te diré solo
      excusa… dibuja una sonrisa y te regalo una
      rosa… verás que mi amistad entra en el alma y te
      toca… perdona.

      Con la alegría que me encoge el alma,
      a cuatro o cinco días de Navidad,
      un punto entre el encanto, los temores,
      me pienso qué es lo que he hecho, no me llores.
      Con las personas que no han sido tantas,
      buenos pretextos pero siempre pocos,
      entre deseos, laberintos, fuego,
      comienzo un nuevo año, yo pidiéndote…

      Perdona… si te he hecho lo que te hecho, te diré solo
      excusa… dibuja una sonrisa y te regalo una
      rosa… verás que mi amistad entra en el alma y te
      toca… porque sé como soy yo te lo pido…
      Perdona… si te he hecho lo que te he hecho, te diré solo
      excusa… dibuja una sonrisa y te regalo una
      rosa… verás que mi amistad entra en el alma y te
      toca… perdona.

      Digo que contigo estoy bien… y es poco,
      digo que contigo estoy mal… de locos,
      un punto entre la tregua, las revoluciones,
      donde están las buenas ocasiones.
      Sabes que en estas Navidades,
      te lo recuerdo, somos especiales,
      entre contradicciones y defectos,
      te quiero ahora, es mi momento.

      Perdona… si te he hecho lo que te hecho, te diré solo
      excusa… dibuja una sonrisa y te regalo una
      rosa… verás que mi amistad entra en el alma y te
      toca… porque sé como soy yo te lo pido…
      Perdona… si te he hecho lo que te he hecho, te diré solo
      excusa… dibuja una sonrisa y te regalo una
      rosa… verás que mi amistad entra en el alma y te
      toca… perdona.

      Que el invierno no tiene miedo… Y es que yo sin ti no soy yo,
      que perderte no es ningún juego… Y es que yo sin ti, qué se yo,
      y la noche bailando sola… Porque sin ti no bailo, no,
      que la luna brilla en el cielo… que yo solo no hago nada, amor.

      Perdona… si te he hecho lo que te hecho, te diré solo
      excusa… dibuja una sonrisa y te regalo una
      rosa… verás que mi amistad entra en el alma y te
      toca… porque sé como soy yo te lo pido…
      Perdona… si te he hecho lo que te he hecho, te diré solo
      excusa… dibuja una sonrisa y te regalo una
      rosa… verás que mi amistad entra en el alma y te
      toca… perdona…

      Sen máis...

      Etiquetas:

      Califica esta entrada:

       Esbardallado ás 10:47:00 da tarde por kaka      3 comentarios

      sexta-feira, junho 02, 2006

      Parábola do venres: O arte de ser feliz


      Acorde todas as mañás cun sorriso. Esta é outra oportunidade máis que tes para ser feliz. Se o teu propio motor de ignición. O día de hoxe xamais voltará. ¡Non o desperdicies, pois naciches para ser feliz! Enumere as cousas boas que tes na vida.

      Ao tomar conciencia do teu valor, serás capaz de ir cara diante con moita forza, coraxe e confianza. Trace obxectivos para cada día e conquistarás o teu propio arco da vella cada día. Se paciente.

      Non se queixe do seu traballo, do aburrimento, da rutina, pois é o seu traballo o que o mantén alerta, en constante desenvolvemento persoal e profesional, e alén diso axúdao a manter a dignidade.

      Confie, o seu valor está en ti mesmo. Non te deixes vencer, non sexas igual, se diferente. Se nos deixamos vencer, non haberá sorpresas nin alegrias. Conciencese de que a verdadeira felicidade está dentro de ti.

      A felicidade non é ter ou alcanzar, é dar. Estenda a súa man. Comparte. Sorri. De unha aperta... A felicidade é un perfume que non podes pasar aos demais sen que o cheiro fique un pouco nas túas mans.

      O importante de ter unha actitude positiva diante da vida, ter o desexo de mostrar o que mellor que tes, é que iso produce maravillosos efectos colaterais.

      Non só crea un espazo feliz para os que están ao seu carón, como tamén anima a que outras persoas a sexan máis positivas.

      ¡O tempo para ser feliz é agora. O lugar para ser feliz é aquí!

      Un maravilloso final de semana, cheo de momentos inesquecíbeis, moitas alegrias e felicidades... daquelas para non esquecer nunca mais...
      r

      Sen máis...

      Etiquetas:

      Califica esta entrada:

       Esbardallado ás 1:33:00 da manhã por kaka      0 comentarios

      CiberIrmandade

      UNA VIÑETA CADA DÍA