Brasil
Realmente sorprende ata que punto nos quedamos co negativo de algo e xulgamos practicamente sen coñecer. Un exemplo: Brasil.
Cando pensamos en Brasil asociámolo, aparte do fútbol, coa delincuencia, as fabelas e demais. Pero non reparamos en todo o positivo que ten:
Cando pensamos en Brasil asociámolo, aparte do fútbol, coa delincuencia, as fabelas e demais. Pero non reparamos en todo o positivo que ten:
- O Brasil é o país que combate con máis éxito a SIDA e outras doenzas de transmisión sexual, e ven sendo exemplo mundial nese sentido.
- O Brasil é o único país do hemisferio sur que está participando no Proxecto Xenoma Humano.
- Nunha enquisa que envolvía 50 cidades de diversos paises, a cidade de Río de Janeiro foi considerada a máis solidaria.
- Nas eleccións do 2000, o sistema do Tribunal Regional Eleitoral (TRE) estaba informatizado en todas as rexións do Brasil, con resultados en menos de 24 horas despois do inicio do reconto. O modelo chamou a atención dunha das maiores potencias mundiais: os Estados Unidos, onde o reconto dos votos ten que ser feito varias veces, atrasando o resultado e colocando en xaque a credibilidade do proceso.
- Mesmo sendo un país em desenvolvemento, os internautas brasileiros representam un 40% do mercado de América Latina.
- No Brasil hai 14 fábricas de vehículos instaladas e outras 4 estanse instalando, mentres algúns países veciños non posúen ningunha.
- Dos nenos e adolescentes entre 7 e 14 anos o 97,3% están escolarizados.
- O mercado de teléfonos móbiles do Brasil é o segundo do mundo, con 650 mil altas cada mes.
- Na telefonía fixa, Brasil ocupa a quinta posición en número de liñas instaladas.
- Das empresas brasileiras, 6.890 posúen certificado de calidade ISO 9000, o maior número entre os países en desenvolvemento. No México son a penas 300 empresas e 265 en Arxentina.
- O mercado editorial de libros é maior que o de Italia, con máis de 50.000 títulos novos a cada ano.
- Brasil dispón do sistema bancario máis moderno do planeta.
- As axenciasde publicidade brasileiras gañan os mellores e maiores premios mundiais.
- Brasil é o país máis emprendedor do mundo e máis do 70% dos brasileiros, pobres e ricos, dedican unha considerábel parte do seu tempo en traballos voluntarios.
- Brasil é hoxe a terceira maior democracia do mundo.
- Que apesar de todas as mazelas, o Congresso está punindo seus próprios membros, o que raramente ocorre em outros países ditos civilizados.
- O pobo brasileiro é un pobo hospitalario: esfórzase en falar a lingua dos turistas, xesticula e non mide esforzos para atendelos ben.
- E, sobre todo, e isto é algo do que debemos tomar exemplo, o pobo brasileiro fai piada da propria desgraza e que afronta os desgustos sambando.
Sen máis...
Califica esta entrada: |
Esbardallado ás 11:52:00 da tarde por kaka 1 comentarios
1 Comentarios:
Asi me gusta, demostrando que as teorías e pseudolendas non son certas... bicos
Enviar um comentário
<< Inicio