Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, junho 18, 2006

Cabra en moto


Hoxe vouvos poñer unha noticia do xornal, que xa facía tempo que non o facía, o certo é que perdinme moito e xa non leo tanto o xornal (e isto non quere dicir nada, aínda que agora no verán espero recuperar o bo costume...); que me chamou a atención por ser bastante curiosa:

Axentes da Policía Local de Santa Cruz de Tenerife interceptaron un ciclomotor tras detectar que nel viaxaban tres ocupantes, e ao proceder á súa identificación comprobaron que un deles era unha cabra, á que se lle colocara o correspondente casco de proteción.

Segundo informa o Concello da capital tinerfeña nun comunicado, os feitos tiveron lugar na Avenida de Anaga despois de que os axentes detectasen que a bordo do vehículo viaxaban tres ocupantes.

Sen embargo, ao proceder á súa identificación comprobaron con sorpresa que o ocupante do medio, que tamén levaba casco, resultou ser unha cabra.

Os axentes solicitaron a documentación do vehículo co obxectivo de realizar as denuncias oportunas por unha infracción grave á Lei de Seguridade Vial.

Ao comprobar que carecían de todo tipo de documentación, os ocupantes humanos do vehículo foron denunciados por carecer de licencia de conducir e do seguro e documentación do ciclomotor, que foi retirado aos depósitos municipais.


A primeira conclusión que un pode sacar é que isto só pode pasar en España.

Sen máis...

PD: publicado o domingo 16 de xuño no diario El Mundo, se queredes podedeso consultar a noticia aquí

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:20:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

É boísimo! Bueno, polo menos tiveron consideración coa cabra e puxéronlle casco... Estou imaxinándome o cadro... Ja, ja! Ai, ai...
Lémbrame unha noticia que acabo de ler hai un anaquiño:
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idNoticia=58483
Parece que nas zonas de moito calor as cacholas requéntanse demasiado e pasan estas cousas...

sábado jun. 24, 12:57:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

mas loco que una cabra en moto ..............................
Q LOCURA..
ABRAZO VIRTUAL

domingo jun. 25, 04:23:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

ola kaka soy PauuuuuLa :D jisjis menkanta tu blog..:$ ta wapo ;) muaK!!
Ke tal te sento el akuarios kon el desodorante??XDDD

segunda jun. 26, 12:56:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA