Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

quarta-feira, junho 14, 2006

España 4 - Ucrania 0


Xa van cinco días e Mundial e aínda non me dignei a adicarlle unha entrada, pero o de hoxe pídeo a berros.

Eu sinceramente non me esperaba isto, xa non esperaba moito da selección. Que si, que pasara a primeira fase e se cadra ata octavos pois non sería ningunha sorpresa polo equipo que levamos. Mais España, neste sentido, sempre será España e no que levo de vida nunca fixo, polos motivos que foran, nada digno de lembrar, decepción tras decepción... Así perdín a confianza e volvinme ascéptico, pois sempre somos moi favoritos e non chegamos a ningún lado, quedamos á altura de seleccións como Letonia na pasada Eurocopa ou de EE.UU. no último mundial.

Este ano era distinto, non nos criamos os mellores e tampouco eramos favoritos, aínda que, recoñezo que este ano hai máis motivos para selo que outros (despois do visto é fácil dicilo), e sinceramente, pareceume moi ben que os medios non nos quixeran vender xa que iamos gañar o Mundial, pois poñendo o listón tan alto o fracaso é o máis fácil.

¿Que problema xurdiu? Gañar 4 - 0 a un rival ao que había que gañarlle 4 - 0, Ucrania; cando, como dicía, se tentaba vender que non eramos favoritos e que se pintaba un partido complicado contra un rival complicado, co mellor xogo que se viu no que vai de Mundial, que vale xogamos moi ben, pero ese mérito non nós corresponde exclusivamente a nós, pois tamén influiu o pésimo partido de Brasil, de Inglaterra e de Francia. Deste xeito o tiro saiu pola culata, borramos do campo a un rival que sobrevalorado xogando ben, o que fixo que a xente se emociónase e volva a pensar que somos os mellores e que imos gañar o Mundial.

E este me parece o principal problema, que só gañamos un partido (e que non todos os partidos serán contra Ucrania) e moitos xa queren mercar as entradas para a final... e non quero ser gafe ou augafestas, que eu fun dos que disfrutou vendo o partido, e ogallá España siga xogando así porque todos imos saír gañando.

Polo pronto, deixo o video do que coido foi o mellor momento que nos deu o partido de onte, o gol de Puyol que en realidade marcou Torres. Espero que vos guste.

Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:07:00 da tarde por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Eu non contaba cun bo partido (pouca confianza na selección de España), así que non o vin... Despois sí vin repeticións, claro. Dacordo en que o gol do video o mellor, e o peor os comentaristas (sobre todo o da "pajarita" que xa todos coñecíamos polos partidos da NBA): xa me resulta cansino con tantas chorradas que di... (algunha está ben, pero se pasa de querer ser simpático).

sábado jun. 24, 12:50:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA