Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, junho 23, 2006

Parábola do venres: A cenoria, o ovo e o café


Unha filla queixouse ao seu pai sobre a súa vida e de como as cousas estaban difíciles para ela. Xa non sabía que máis facer e quería desistir. Estaba cansa de loitar e combater. Parecía que así que resolvía un problema outro xurdía.

O seu pai, un chef, levouna ata a súa cociña. Encheu tres potas con auga e colocou cada unha delas ao lume. Logo as potas comezaron a ferver. Nunha colocou cenorias, noutra puxo ovos e, na última, po de café. E deixou que todo fervese, sen dicir unha palabra.

A filla deu un suspiro e agardou impacientemente, imaxinando que estaría facendo. Vinte minutos despois, apagou as bocas de gas. Pescou as cenorias e colocounas nun prato. Retirou os ovos e púxoos noutro prato. Entón botou o café nun vaso.

Virándose para ela, preguntou:

- Querida, ¿que ves aí?

- Cenorias, ovos e café - respondeu.
Trouxoa para máis perto e pediulle que probase as cenorias. Ela obedeceu e notou que estaban brandas.

Entón, pediulle que collese un ovo e o crebase. Obedeceu e despois de retirar a casca verificou que o ovo endurecera ao ferver.

Finalmente, pediulle que tomase un grolo do café, sorriu ao probar o seu aroma delicioso e preguntou humildemente:

- ¿Que significa isto, pai?

Explicoulle que cada un deles había enfrentado a mesma adversidade, auga fervendo, mais cada un reaccionara de xeito distinto. A cenoria entrara forte, firme e inflexíbel. Mais despois de ter sido sometida á auga fervendo, amolecera e se tornara fráxil.

Os ovos eran fráxiles. A súa casca fina protexera o líquido interior. Mais despois de ter sido colocados na auga fervendo, o seu interior tornouse máis ríxido.

O café en po, é incomparábel. Despois que fora colocado na auga fervendo, mudou á auga.

- ¿Cal deles es ti? - preguntou á súa filla.

Cando a adversidade bate á súa porta, ¿como respondes ti? ¿És unha cenoria, un ovo ou po de café?

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:11:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA