Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, junho 16, 2006

Parábola do venres: o burro e o cabalo


Xente, hoxe voulles contar unha historia que aconteceu entre o cabalo e o burro: ¡un vive, outro morreu!

Eles eran dous amigos que tiñan o mesmo patrón, e cargaban de todo, dende pedras a algodón. O cabalo era vello e xa lle quedaban poucos folgos, máis burro era un langrán: forte e ben dotado para o traballlo, pero pouco amigo del.

Un bo día o seu dono, sen compaixón e sen piedade, púxolles unha carga ben pesada e os levou á cidade. Mais o dono, curiosamente, fixo o que non debía. Puso no cavalo o fardo máis pesado, e no burro o máis livían. E alá se foran os dous por un camiño ben estreito, cando o cabalo parou suarento e esgotado.

- Amigo - dille ao burro-, pola nosa amizade, gustaríame que levasemos a carga a medias.

- ¿E ti pensas que eu son burro? - dille o burro lacazán-. Eu non teño culpa de nada, a culpa é do patrón.

- ¡Pero non soporto máis! ¡Non sei se vou aturar! E dividindo a carga, ningún de nós vai cansar.

- ¿E ti pensas que estou tolo e cargar coa túa carga? - O cabalo chorou entón unha bágoa amarga.
E seguirón o seu camiño. O burro ía diante, e o cabalo atrás, xa case inconsciente. E despois de moitas horas forzando a camiñada chegaron ao pé dun outeiro onde subía a estrada. O burro cantarolava con ledicia namentres o cabalo, infeliz, suando folguexaba.

Mais, cando o burro xa levaba un bo trecho da subida, o cabalo, cun relincho, tombou e rolou, sem vida. O dono, ao ver aquilo, soltou un tremendo berro, e transferiu toda a carga para o lombo do burro.

Por iso, coiden ben do amiguiño, pois quen coida dos amigos xamais acaba soíño.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:13:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA