Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, junho 04, 2006

Test


10 anos atrás...
    Era un neno case sen amigos, pero que vivía feliz coas miñas cousas.
5 anos atrás...
    Entraba na ESO e comezaba a coñecer a xente, aínda que a miña timidez non me deixaba demasiado.
1 ano atrás...
    Pois non o sei, pero teño a sensación de que xa non son o mesmo... antes vivía feliz na miña inconsciencia.
Onte...
    Fun de compras A Coruña con Lydia, e non puiden resistir a tentación e merquei a camiseta do Racing de Ferrol e a do centenario do Sevilla.
Mañá...
    É luns e non teño gana ningunha de ir a clase... a ver se me poño enfermo ou algo así.
Snacks...
    Ningún en especial, non me gustan moito esas cousas.
Cinco bandas e/ou artistas...
    1. Un pingüino en mi ascensor.
    2. Ivete Sangalo.
    3. La oreja de Van Gogh.
    4. Hombers G.
    5. Melendi.
    Cousas que faría con 100.000.000 €:
      O primeiro, cumprir coa miña palabra e mercar un piano de cola negro, e logo mercar moitas camisetas e pensar que facer co resto.
    Cinco lugares aos que me gustaría ir...
    1. Noruega.
    2. París.
    3. EE.UU.
    4. China.
    5. Londres.
    Cinco malas hábitos que teño...
    1. Pasar moito tempo no ordenador.
    2. Deixalo todo para o último momento e despois agobiarme.
    3. Desanimarme ante os fracasos.
    4. Conformarme con mínimos cando podo facer moito máis.
    5. Utilizar calquera excusa para eludir responsabilidades.
    Cinco cousas que me gusta facer...
    1. Estar cos meus amigos.
    2. Falar coa xente.
    3. Xogar, ao fútbol preferibelmente.
    4. Non molestar.
    5. Descansar.
    Cinco cousas que NUNCA vou empregar...
    1. Camisas.
    2. Cinturóns.
    3. Traxes, grabatas e cousas do estilo (chamádeme raro, pero eu iso non o vou poñer gratis nunca).
    4. Ciruxía estética.
    5. Pistola.
    Cinco programas de TV que me gustan...
    1. Maracaná 06.
    2. Buenafuente.
    3. E pouco máis, non vexo moito máis a televisión (só partidos e o telexornal cando me cadra...).
    Cinco películas que me gustan.
    1. Patch Adams.
    2. O pianista.
    3. O código da Vinci.
    4. A triloxía do señor do aneis.
    5. Witch.
    Cinco persoas que me gustaría coñecer...
      Ningunha en especial.
    As cinco cousas que máis disfruto.
    1. As vacacións.
    2. As conversas transcendentes.
    3. A boa compaña.
    4. A choiva.
    5. Escribir cousas relevantes, polo menos para min.
    Cinco xoguetes favoritos... de cando era pequeno:
      1. A nintendo 64.
      2. Os power ranger.
      3. Os macacos dos ovos kinder.
      4. Os míticos playmobil.
      5. Epi e Blas.
      Tres persoas afortunadas para que fagan o mesmo...

      Sen máis...

      Etiquetas:

      Califica esta entrada:

       Esbardallado ás 11:11:00 da tarde por kaka      2 comentarios

      2 Comentarios:

      Anonymous Anónimo dixo...

      Boas! Perdoa, acabo de ler agora mesmo esta entrada e non me enterara de que levo xa un tempo convidada a face-lo test! Jo, moitísimas grazas outra vez. Estes días ando con moito choio de exames e máis cousas, así que co teu permiso aplazo o tema do test para a segunda semana de xullo, cando terei tempo, vale? (tomo estas cousas en serio e detéñome a escribir as respostas o tempo que faga falta)
      Por outra banda, unha vez máis están moi ben as túas respostas, porque din moito de ti. Convencíchesme e vou ir ver o Código da Vinci, xa que había xente que me dicía que non lle gustara, pero eu seguía querendo ir...
      Un bico!

      sábado jun. 24, 09:46:00 da manhã  
      Anonymous Anónimo dixo...

      Misión cumplida! (Bueno, o do Código da Vinci non, que ainda non tiven tempo)

      sexta jul. 07, 01:30:00 da tarde  

      Enviar um comentário

      << Inicio

      CiberIrmandade

      UNA VIÑETA CADA DÍA