Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

segunda-feira, julho 31, 2006

Aniversario de Alba Pita


Nesta ocasión ocúpame o deber de felicitar a Alba Pita polo seu aniversario, que fixo méritos de sobra para tal honra, incluso máis que algún. Destacar ademais que se fai toda unha señora, quero dicir, que cumpre 18 anos, obtén plenos dereitos e xa pode facer esas cousas tan divertidas como ir ao cárcere. E agora xa vou co meu xa tradicional protocolo, non por iso hipocrita, destas ocasións:


¡¡Parabéns rapaza!!

Que cumpras moitos anos máis, que medres moito, teñas un bo ano, que sexas feliz e todo iso que se di nestas datas...

Veña, a ver que se lle poñedes algo bonito aquí (e se podedes evitar o chista facil mellor, que xa o vimos todos...).

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:03:00 da tarde por kaka      5 comentarios

domingo, julho 30, 2006

"Adelante"


Pois aquí vos deixo está canción de Naiara Ruz que algúns de vós xa coñeceredes dos inesquicibéis encontros de Bujedo... a min persoalmente gustame moito (polo mensaxe que transmite e, sobre todo, polas lembrazas que me trae...) e, agora que acabamos de volver do noso último encontro de verán, pois adicarlla especialmente a todas as persoas que compartimos esta marabillosa semana.

"Adelante"

Justo en el momento en que empezaba
a encontrar oscuridad hasta en el sol de mi ciudad.

Justo en el momento en que la resignación
consumía cada día mi ilusión.

Apareces tú y me das la mano
y sin mirarme te acercas a mi lado.
Y despacito me dices susurrando que escuche tu voz.

Adelante por los sueños que aún nos quedan.
Adelante por aquellos que están por venir.
Adelante porque no importa la meta
el destino es la promesa de seguir…(x2)
Adelante.

Justo en el momento en que empezaba
a sospechar que la ilusión me abandono sin avisar.

Justo en el instante en que empezaba
a olvidar, a atreverme, a imaginar, a inventar.

Apareces tú y me das la mano
y sin mirarme te acercas a mi lado…
y despacito me dices susurrando que escuche tu voz.

Adelante por los sueños que aún nos quedan.
Adelante por aquellos que están por venir.
Adelante porque no importa la meta,
el destino es la promesa de seguir… (x2)
BIS

Adelante (repite 5 veces)

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:58:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sexta-feira, julho 28, 2006

Parábola do venres: A lenda dos sentimentos


Conta a lenda que unha vez se reuniron nun lugar da terra todos os sentimentos e cualidades dos homes. Cando o Aburrimento bostezou por terceira vez, a Loucura, como sempre tan tola, propúxolles:
-¿Xogamos ao escondedoiro?
A Intriga levantou a cara intrigada, e a Curiosidade, sen poder conterse, preguntou:

- ¿Ao escondedoiro? ¿e como é iso?

-É un xogo - explicou a Loucura - no que eu me tapo a cara e comezo a contar dende uno ata un millón mentres vostedes se agachan e, cando eu remate de contar, o primeiro ao que atope, ocupará o meu lugar para continuar o xogo.

O Entusiasmo foi secundado pola Euforia. A Ledicia deu tantos saltos que terminou por convencer á Dúbida, e incluso á Apatía á que nunca lle interesaba nada. Pero non todos quixeron participar. A Verdade prefiriu non agacharse; ¿para que? se ao final sempre a ían atopar, a Soberbia opinou que era un xogo moi parvo (no fondo, o que lle molestaba era que a idea non fora súa), e a Covardía prefiriu no arriscarse...
- Un, dous, tres... - comezou a contar a Loucura.

A primeira en esconderse foi a Pereza, que, como sempre, se deixou caer trala primeira pedra do camiño. A Fe subiu ao ceo, e a Envexa agachouse trala sombra do Triunfo, que co seu propio esforzo lograra subir á copa do árbore máis alto.

A Xenerosidade case non alcanzaba a esconderse; cada sitio que hachaba lle parecía marabilloso para algún dos seus amigos: "¿un lago cristalino? ¡é ideal para a Beleza!; ¿a físgoa dun árbore? ¡perfecto para a Timidez!; ¿o voo dunha bolboreta? ¡o mellor para a Voluptuosidade!; ¿unha ráfaga de vento? ¡magnífico para a Liberdade! Así que terminou por ocultarse nun raio de sol. O Egoísmo, en cambio, atopou un sitio moi bo desde o principio, ventilado, cómodo... eso sí, só para él.

La Mentira agachouse no fondo dos oceanos (¡mentira, en realidade se acochou detrás do arco da vella), e a Pasión e o Desexo no centro dos volcáns, o Esquecemento... ¡esquecín onde se escondeu!... pero non é o importante.

Cando a Loucura contaba 999999 o Amor aínda non atopara sitio para esconderse, pois todo estaba ocupado, ata que divisou unha roseira e, entenrecido, decidiu agocharse entre as súas flores.

-¡Un millón! - contou a Loucura e comezou a buscar.

A primeira en aparecer foi a Pereza, só a tres pasos da pedra. Despois escoitou á Fe discutindo con Deus no ceo sobre zooloxía, e á Pasión e ao Desexo os sintiu no vibrar dos volcáns.

Nun descoido atopou á Envexa, e claro, puido deducir onde estaba o Triunfo. Ao Egoísmo non tivo nin que buscalo; el soíño saiu desesperado do seu escondedoiro que resultara ser un niño de avespas.

De tanto camiñar sentiu sede e ao achergarse ao lago descubriu á Beleza. E coa Dúbida resultou máis fácil aínda, pois a encontrou sentada sobre unha cerca sen decidir aínda en que lado acocharse.

Así foi atopando a todos: o Talento entre a herba fresca, a Angustia nunha oscura cova, a Mentira detrás do arco da vella...(¡mentira, estaba no fondo do océano!), e ata o Esquecemento, ao que xa se lle esquecera que estaba xogando ao escondedoiro.

Pero só o Amor non aparecía por ningún sitio.

A Loucura buscou detrás de cada árbore, baixo cada arroio do planeta, na cima das montañas e, cando estaba a piques de darse por vencida, divisou unha roseira e as rosas... E tomou unha horquilla e comezou a mover as ramas, cando de pronto se escoitou un doloroso berro.

As espiñas feriran nos ollos ao Amor e a Loucura non sabía que facer para disculparse; chorou, rogou, implorou, pediu perdón, e ata prometeu ser o seu lazarillo.

Dende entón, desde que por primeira vez se xogou ao escondedoiro na terra, O amor é cego e a loucura sempre, sempre, lle acompaña.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:04:00 da tarde por kaka      0 comentarios

domingo, julho 23, 2006

Normas do parchís II: O que todo o mundo cre sen saber


O parchís é un xogo de mesa moi coñecido e popular sobre o que a continuación vou a enumerar as regras oficiais dos campeonatos de Parchís:

  • Os participantes comezan tirando os dados. O xogador que saque o número máis alto, comezará o xogo.
  • Cada xogador comeza sacando dúas fichas cando no seu turno obteña un 5, que moverá (por separado) tantas cuadrículas como o número que indique o dado. O resto das fichas sacánse de unha en unha cos seguintes 5 que obteña.
  • Pódese facer barreira (non permite o paso) en todas as cuadrículas do taboleiro, sempre que sexan as fichas da mesmo cor, en caso de que sexan de distinto cor faise un ponte, que si permite o paso.
  • Se se obtén un 6, o xogador conta e repite tirada. Se se sacan tres 6 seguidos, a última ficha movida se irá a casa. No caso de que o segundo 6, se movera cunha ficha que se atope nas cuadrículas da súa cor (columna central que leva á meta), a ficha non se irá a casa, pero non se moverá a ficha, nin se seguirá tirando.
  • Se se atopan dúas fichas de distinta cor na cuadrícula de saída, e o xogador da cuadrícula correspondente saca un 5, a última ficha que chegara á cuadrícula, irase para casa.
  • Cada vez que se coma unha ficha, contaranse 20 cuadrículas coa ficha desexada do xogador que comese (sempre e cando non exista algunha barreira que llo impida).
  • Para poder entrar nas cuadrículas de meta de cada color, o xogador debe de caer na cuadrícula xusta de entrada, é dicir se só podrá entrar se saca o número exacto.
  • Cando un xogador meta ficha na cuadrícula de meta da súa cor, este se contará 10 cunha ficha que aínda non chegara á meta.
  • É obrigatorio abrir as barreiras cando se obtén un 6 ao lanzar os dados.
  • Se un xogador ten as catro fichas fóra de casa, contará 7 cada vez que saque un 6, se algunha ficha é comida e volve a casa, contará de novo 6.

¡¡Sorte e a xogar!!

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:22:00 da manhã por kaka      0 comentarios

sábado, julho 22, 2006

Normas do parchís I: Prólogo


Froito da experiencia vivida hai dúas semanas (que algúns afortunados tiveron a sorte de compartir comigo), e en vista dos problemas que xorden nunha simple partida de parchís que ameazan a vida no planeta, propúxenme estabelecer unhas normas de xogo consuetudinarias basadas na estatística realizada entre as múltiples variantes comunmente denominadas como "na miña casa xógase así...". Para iso baseareime na experiencia un cuestionario sobre las posibles jugadas conflictivas.

Coido que será unha tarefa árdua, chea de conflitos y cabreos varios por parte do persoal afectado, ao que se lle cambie unha regla que "de toda a vida se xogou como digo eu...". Pero a estatística (eu) manda. Ademais, fágoo pola paz mundial. Será o meu gran de area a un mundo mellor sen pelexas polo parchís.


Querría destacar, así, para que vos vaiades mentalizando, os puntos máis conflitivos que se tentaran aclarar na seguinte entrega:
  • O número de cuadrículas que conta un cando lle sae un 6 e ten todas as fichas fóra.

  • Se para o anterior influe o feito de non ter entrado cunha ficha en casa.

  • Aclarar os tipos posibéis de pontes e barreras.

  • Norma castronada gañana: cando un está xa para entrar en casa (nas cuadrículas da súa cor) e lle saen tres seises, ¿volve ao principio?

  • Norma castronada gañana d'Angrhrois: cando un gana a partida con dous seises seguidos, ¿obrigáselle a tirar unha terceira vez para ver si lle sae outro e mandalo ao principio?

Todo isto e moito máis, próximamente en...

Normas do Parchís II: O que todo o mundo cre saber.

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 4:26:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sexta-feira, julho 21, 2006

Parábola do venres: O xardineiro


O xardineiro chegou para o seu rutineiro traballo. No xardín da alegría revolveu a terra do sentir e abonouna con amor. Colocou vitaminas de esperanza e preparou o suco con moito cariño...

Separou con delicadeza as sementes cultivadas con coidado e trato.

Organizado, o xardineiro plantou as sementes, observando a harmonía das cores das flores que alí agromarían algún día.

Cada semente recibiu un coidado especial nese momento delicado. Suco feito, todas foron regadas con moito celo e atención.

Mais o seu traballo aínda non rematara. Herbas daniñas estaban prexudicando o crecemento da roseira. Alá se foi o xardineiro a coidar da raíña das flores. Non tiña receo dos espiños, sabía lidar con eles. Non maculou unha soa flor, tiña talento no que facía. Desbastou todo o que podería o crecemento da bela roseira. E fixo mais, afofou a terra ao seu redor e abonouna para dar máis forza á mais bela das belas. Un bo xardineiro non fai un servizo pola metade.

Mais aínda non finara o seu día de traballo. Tería que dar un trato nas árbores froiteiras, pois son o que garanten alimento para todos. Podou gallos secos, removeu follas mortas, e pulverizou pesticida por todo o pomar, garantindo así a protección dos froitos.

Como de costume, camiñou ao redor das árbores e abonou a terra, fortalecendo as árbores. Pensando sempre no futuro. Os bos xardineiros son sabios e previsores.

Pero o servizo do xardineiro aínda non terminara... En verdade, os bos xardineiros da vida non paran un só minuto... O xardín que teñen en fronte é vasto, fértil, mais está sempre precisando de coidados especiais.

Se non queremos vivir nun terreo baldío, nin padecer de falta de alimentos para a nosa alma, debemos coidar con cariño do xardín que nos foi confiado,

¿ao final somos ou no somos amantes da vida?

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:05:00 da tarde por kaka      0 comentarios

domingo, julho 16, 2006

"Ja sei namorar"


Acabo de escoitar está mítica canción que xa me gustaba dende que a escoitei no Fifa 2004, e lembrouma... gustame moito, máis que nada polo que se pode ler entre líneas... está ben, espero que vos guste a vós tamén.

"Ja sei namorar"

Já sei namorar
Já sei beijar de língua
Agora, só me resta sonhar
Já sei onde ir
Já sei onde ficar
Agora, só me falta sair

Não tenho paciência pra televisão
Eu não sou audiência para a solidão

Eu sou de ninguém
Eu sou de todo mundo
E todo mundo me quer bem
Eu sou de ninguém
Eu sou de todo mundo
E todo mundo é meu também

Já sei namorar
Já sei chutar a bola
Agora, só me falta ganhar
Não tenho juiz
Se você quer a vida em jogo
Eu quero é ser feliz

Não tenho paciência pra televisão
Eu não sou audiência para a solidão

Eu sou de ninguém
Eu sou de todo mundo
E todo mundo me quer bem
Eu sou de ninguém
Eu sou de todo mundo
E todo mundo é meu também

Tô te querendo como ninguém
Tô te querendo como Deus quiser
Tô te querendo como eu te quero
Tô te querendo como se quer

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:06:00 da manhã por kaka      3 comentarios

sábado, julho 15, 2006

Parábola do sábado: ¡Dá unha aperta!


De súpeto, deume por dar unha aperta... unha vontade de proximidade, de amizade... xa sabes."

Aproxímese máis e tente sentir do que é capaz unha aperta. Cando é ben forte, ampara tristezas, sustenta bágoas, combate incertezas, deixa a nostalxia de lado. Ata é capaz de amenizar o medo. Se é cheo de tenrura, garda segredos e jura cumplicidade.
Unha aperta amiga de verdade, comparte alegrias e divide penas.

Olle para o teu arredor: sempre hai alguén que quere ser abrazado e non ten valor de facelo ou dicilo. Abrazao.

O peor que pode acontecer é gañar de volta un sorriso de cariño, ou, quen sabe, unha palabra sincera. Descobrirás que ninguén está soíño e que a vida pode ser maravillosa.

Entón...

¡¡Dá logo esa aperta!!

Se por algún motivo non tes a quen abrazar neste momento... (o verán é o que ten...) síntete abrazado/a por ese amigo teu... unha aperta con moito cariño, calor e paz.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 4:51:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sexta-feira, julho 14, 2006

Aniversario de Lara


Bueno, como xa moitos sabedes, hoxe é o aniversario de Lara, e en consecuencia eu quería ofrecervos a oportunidade de felicitala (e de dicirlle o que vos pete, pero cun pouco de respecto) dende o meu humilde blog, facendo eu o mesmo. Pois iso:


¡¡Parabéns!!

Que cumpras moitos máis, que teñas un bo ano, que che vaia mellor, sexas feliz e todo iso...

Agora é o voso turno, espero que vos portedes tan ben como merece a ocasión...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 4:44:00 da tarde por kaka      0 comentarios

domingo, julho 09, 2006

Aniversario de Jorge Meneses


É moi posíbel que non o saibades, pois só uns poucos privilexiados dispoñemos desta información, pero o caso é que hoxe é o aniversario do noso ben querido irmán director Jorge Meneses. E como non é menos que o resto, felicitareino do mesmo xeito que aos demais:


¡¡Parabéns Meneses!!

Que cumpras moitos máis, coidate moito, que teñas un bo ano e que pases un bo verán e todo iso que digo sempre.

Coidado co que lle dicides aquí ao director ...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:17:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sábado, julho 08, 2006

Aniversario de Chelín


Desta vez tócame felicitar a Chelín polo seu cumpreanos, que non é menos e tamén merece unha entrada coma a do resto. E iso vou facer ao meu xeito xa tradicional:


¡¡Parabéns!!

Que cumpras moitos máis, que medres moito, teñas un bo ano, que che vaia mellor, sexas feliz e todo iso que digo sempre...

Veña, a ver que se facedes o mesmo e vos portades aquí coa rapaza...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:26:00 da tarde por kaka      2 comentarios

sexta-feira, julho 07, 2006

Parábola do venres: un real


Un meniño, con voz tímida e ollos de admiración, pregunta ao seu pai, cando este retorna do traballo:

- Papá, ¿canto gañas por hora?

- Escoita aquí, meu fillo, iso nin mamá o sabe. ¡Non me amoles, estou cansado!
Mais o fillo insiste:

- Mais, papá, por favor, ¡dime canto gaña por hora!
A reacción do pai foi menos severa e respondeulhe:
- Tres reais por hora.

- Entón, meu pai, ¿poderías emprestarme un real?
O pai, cheo de ira e tratando o fillo com brutalidade, retrucoulle:

- ¿Entón esa era a razón de querer saber canto gaño? ¡Vai durmir e non me molestes máis, neno interesado!
Xa era noite cando o pai comezou a pensar no que acontecera e sentiuse culpábel. Talvez, quen sabe, o fillo precisase mercar algo. Querendo descargar a súa consciencia machucada, foi ata o cuarto do fillo e, en voz baixa, preguntoulle:

- Fillo, ¿estás durmindo?

- Non, papá, - respondeulle, sonolento, o rapaz.

- Olla, aquí está o diñeiro que me pediu, un real.

- Moitas gracias, pai - dille o filho, cheo de felicidade. E levantándose e retirando dous reais máis da caixiña que estaba sobre a mesa falou:

- ¡Agora xa teño dabondo, meu pai! Teño tres reais, ¿poderías venderme unha hora do teu tempo?

E ti, ¿vendes o teu tempo ou a túa atención é xenerosa?

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:11:00 da manhã por kaka      1 comentarios

quinta-feira, julho 06, 2006

A amizade


Síntoo moito pero creo que hoxe me deu a vena filosófica e reflexiva (xa facía tempo da última vez...), así que espero ser breve para que vos moleste menos.

E desta vez cadroume falar da amizade, así por azar, como ben sabedes moitos. E así reflexionando sobre isto, xorden algúns interrogantes, entre os que quero destacar un: ¿Realmente existe ou trátase de algo temporal?

E non sei, pero para min a resposta depende de nós mesmos, dos que participamos da dita amizade, pois eu creo que unha amizade dura se os que nela interveñen aportan algo, son pacientes e tolerantes e non os move o orgullo. Suponse que unha amizade é algo gratuito, sen ningún tipo de interese por medio, que ofreces a túa amizade así, sen máis, porque queres compartir algo con outra persoa que che aporta moito máis que compaña, porque a amizade é moito máis que iso; amizade significa apoio, bos sentimentos recíprocos, risas e bos momentos, ilusións, confidencias...

A conclusión que saco desta definición é o que antes dicía, que unha amizade dura mentres as persoas que a desfrutan manteñen o comportamento propio da mesma.

Eu persoalmente quero crer na amizade, mais non me plantexo a súa duración senón a súa calidade. É dicir, que unha amizade pode romperse cando xa non che aporta nada ou se as amizades que formaban parte dunha etapa da túa vida non encaixan na seguinte, pero se conserva un cariño mutuo froito dese período da vida compartido.

Actualmente, síntome mellor neste sentido, porque se ben antes podía sentirme só nu ou noutro sentido, agora observo que hai persoas que se lembran e se preocupan por min e ás que me une unha amizade que espero dure sempre.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:45:00 da manhã por kaka      1 comentarios

domingo, julho 02, 2006

O oso Bruno


O outro día lin no xornal unha noticia que me chamou a atención e que, como adoito facer nestes casos, vou reproducirvos aquí.

O acontecemento que trata é que os cazadores abateron ao oso "Bruno", que seica se converteu no gran debate alemán.

A morte do oso "Bruno" abatido por uns cazadores en Baviera tras varias semanas de persecución, abriu un debate en Alemaña que só logra eclipsar o Mundial de fútbol.

Resulta que o animal mantivo en xaque a granxeiros e gandeiros con incursións fatais para rabaños e animais domésticos. A súa habilidade para burlar o cerco humano e aos cans, aos que despistaba bañándose nunha lágoa, chamou a atención da televisión que, xuntamente coa prensa escrita, dedicou un espazo preferente ás súas aventuras.

"Bruno" alcanzou tanta popularidade que os seus seguidores abriron unha páxina web de apoio. Os ecoloxistas anunciando medidas legais contra os responsabéis da súa morte e o escándalo é tan grande que as autoridades decidiron non dar a coñecer quen foron por temor a represalias.

Sen máis...


PD: deixaríavos un link á fonte oficial da noticia, pero é da semana pasada e non a atopei aínda, se a consigo xa vola porei, perdoade as molestias que isto vos poida provocar.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:48:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sábado, julho 01, 2006

Parábola do sábado: Os nosos soños


El era un mozo que moraba no Centro Oeste dos Estados Unidos. Por ser fillo dun domador de cabalos, tiña unha vida case nómade mais desexaba estudar. Perseguía o ideal da cultura. Dormía nas estrebarias, traballaba os animais fogosos e nos intervalos, buscaba a escola para iluminar a súa intelixencia.

Nunha desas escolas, certa vez, o profesor pediu á clase que cada alumno relatase o seu soño. O que desexarían para as súas vidas. O rapaz, cheo de entusiasmo, escribiu 7 páxinas. Desexaba, no futuro, posuír unha área de 80 hectáreas e vivir nunha
enorme casa de 400 metros cadrados.

Desexaba ter unha familia ben constituída. Tan entusiasmado estaba, que non soamente describiu, tamén deseñou como soñaba a casa, o garaxe, os currais, o pomar. Todo cos mínimos detalles. Cando entregou o seu traballo, quedou agardando, ansioso, as palabras de eloxio do seu mestre.

Nembargantes, tres días despois, o traballo foille devolto cunha pésima nota. Despois da aula, o profesor procurouno e díxolle:

- O teu é un soño absurdo. Imaxina, es fillo dun domador de cabalos. Ti serás un simple domador de cabalos. Escribe sobre un soño que se poida tornar en realidade e che porei unha nota mellor.
O mozo foi para casa moi triste e contoulle ao pai que había acontecido. Despois de ouvilo, con calma, o pai respondeu:

- O soño é teu meu fillo, fai o que queiras... esa decisión é súa. Persistir neste soñoo ou buscar outro.
O rapaz meditou e, ao día seguinte, entregou a mesma páxina ao profesor. Díxolle que ficaría coa nota ruín mais non abandoaría o seu soño.

Esta historia foi contada a varios nenos polo dono dun rancho de 80 hectáreas, unha enorme casa de 400 metros cadrados e unha familia moi ben constituída, próximo dun famoso colexio dos Estados Unidos o cal empresta para que os nenos pobres pasen os fins de semana.

Despois de rematar a historia, o dono do rancho revelou ser o mozo que tivo a triste nota, mais non desistiu do seu soño.

E o máis incríbel é que despois de 30 anos o profesor daqueles rapaces ten visitado cos seus alumnos aquela área especial.

Un día presentouse por ter identificado no proprietário ao antigo alumno e confesou:

- Estou feliz que o seu soño escapara da miña envexa. Naquela época eu era un atormentado. Tiña envexa das persoas soñadoras. Destruín moitas vidas. Roubei o soño de moitos mozos idealistas. Grazas a Deus, non conseguín destruír o teu soño, que fai ben a tantas vidas.

¡Que bonito é ter soños! Soñar é da natureza humana. Todo o que existe no mundo, un día foi elaborado, pensado e meditado por alguén, mais antes de ser concretado en cemento, mármore, madeira ou papel... ¡¡¡foi um sonho!!!

Se tes a capacidade de soñar o ben, persista na idea e concrétaa. Poden ser necesarios anos para que se concrete un soño, pero, un día se realizará e... ¿que son algúns anos fronte a eternidade que agarda ao espírito inmortal da persoa que soña?


"O mundo está nas mans daqueles que teñen o valor de soñar e correr o risco de vivir os seus soños."

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:03:00 da manhã por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA