Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, julho 22, 2006

Normas do parchís I: Prólogo


Froito da experiencia vivida hai dúas semanas (que algúns afortunados tiveron a sorte de compartir comigo), e en vista dos problemas que xorden nunha simple partida de parchís que ameazan a vida no planeta, propúxenme estabelecer unhas normas de xogo consuetudinarias basadas na estatística realizada entre as múltiples variantes comunmente denominadas como "na miña casa xógase así...". Para iso baseareime na experiencia un cuestionario sobre las posibles jugadas conflictivas.

Coido que será unha tarefa árdua, chea de conflitos y cabreos varios por parte do persoal afectado, ao que se lle cambie unha regla que "de toda a vida se xogou como digo eu...". Pero a estatística (eu) manda. Ademais, fágoo pola paz mundial. Será o meu gran de area a un mundo mellor sen pelexas polo parchís.


Querría destacar, así, para que vos vaiades mentalizando, os puntos máis conflitivos que se tentaran aclarar na seguinte entrega:
  • O número de cuadrículas que conta un cando lle sae un 6 e ten todas as fichas fóra.

  • Se para o anterior influe o feito de non ter entrado cunha ficha en casa.

  • Aclarar os tipos posibéis de pontes e barreras.

  • Norma castronada gañana: cando un está xa para entrar en casa (nas cuadrículas da súa cor) e lle saen tres seises, ¿volve ao principio?

  • Norma castronada gañana d'Angrhrois: cando un gana a partida con dous seises seguidos, ¿obrigáselle a tirar unha terceira vez para ver si lle sae outro e mandalo ao principio?

Todo isto e moito máis, próximamente en...

Normas do Parchís II: O que todo o mundo cre saber.

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 4:26:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA