Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, julho 23, 2006

Normas do parchís II: O que todo o mundo cre sen saber


O parchís é un xogo de mesa moi coñecido e popular sobre o que a continuación vou a enumerar as regras oficiais dos campeonatos de Parchís:

  • Os participantes comezan tirando os dados. O xogador que saque o número máis alto, comezará o xogo.
  • Cada xogador comeza sacando dúas fichas cando no seu turno obteña un 5, que moverá (por separado) tantas cuadrículas como o número que indique o dado. O resto das fichas sacánse de unha en unha cos seguintes 5 que obteña.
  • Pódese facer barreira (non permite o paso) en todas as cuadrículas do taboleiro, sempre que sexan as fichas da mesmo cor, en caso de que sexan de distinto cor faise un ponte, que si permite o paso.
  • Se se obtén un 6, o xogador conta e repite tirada. Se se sacan tres 6 seguidos, a última ficha movida se irá a casa. No caso de que o segundo 6, se movera cunha ficha que se atope nas cuadrículas da súa cor (columna central que leva á meta), a ficha non se irá a casa, pero non se moverá a ficha, nin se seguirá tirando.
  • Se se atopan dúas fichas de distinta cor na cuadrícula de saída, e o xogador da cuadrícula correspondente saca un 5, a última ficha que chegara á cuadrícula, irase para casa.
  • Cada vez que se coma unha ficha, contaranse 20 cuadrículas coa ficha desexada do xogador que comese (sempre e cando non exista algunha barreira que llo impida).
  • Para poder entrar nas cuadrículas de meta de cada color, o xogador debe de caer na cuadrícula xusta de entrada, é dicir se só podrá entrar se saca o número exacto.
  • Cando un xogador meta ficha na cuadrícula de meta da súa cor, este se contará 10 cunha ficha que aínda non chegara á meta.
  • É obrigatorio abrir as barreiras cando se obtén un 6 ao lanzar os dados.
  • Se un xogador ten as catro fichas fóra de casa, contará 7 cada vez que saque un 6, se algunha ficha é comida e volve a casa, contará de novo 6.

¡¡Sorte e a xogar!!

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:22:00 da manhã por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA