Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, julho 02, 2006

O oso Bruno


O outro día lin no xornal unha noticia que me chamou a atención e que, como adoito facer nestes casos, vou reproducirvos aquí.

O acontecemento que trata é que os cazadores abateron ao oso "Bruno", que seica se converteu no gran debate alemán.

A morte do oso "Bruno" abatido por uns cazadores en Baviera tras varias semanas de persecución, abriu un debate en Alemaña que só logra eclipsar o Mundial de fútbol.

Resulta que o animal mantivo en xaque a granxeiros e gandeiros con incursións fatais para rabaños e animais domésticos. A súa habilidade para burlar o cerco humano e aos cans, aos que despistaba bañándose nunha lágoa, chamou a atención da televisión que, xuntamente coa prensa escrita, dedicou un espazo preferente ás súas aventuras.

"Bruno" alcanzou tanta popularidade que os seus seguidores abriron unha páxina web de apoio. Os ecoloxistas anunciando medidas legais contra os responsabéis da súa morte e o escándalo é tan grande que as autoridades decidiron non dar a coñecer quen foron por temor a represalias.

Sen máis...


PD: deixaríavos un link á fonte oficial da noticia, pero é da semana pasada e non a atopei aínda, se a consigo xa vola porei, perdoade as molestias que isto vos poida provocar.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:48:00 da tarde por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

ooolaa!:) weno,kuando lei lo del oso bruno me akorde del oso yogui [xDDDD,yogi i bubú xDD] i me izo mazo gracia xDDD
joeer,yo no entiendo ke tiene de malo el oso...i me rebienta ke el gobierno enkubra a kien lo mato :( pero weno...son alemanes,no se les puede pedir mas xDDD

P.D.: PRIMERA xDDDD

sexta jul. 07, 02:35:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA