Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, julho 01, 2006

Parábola do sábado: Os nosos soños


El era un mozo que moraba no Centro Oeste dos Estados Unidos. Por ser fillo dun domador de cabalos, tiña unha vida case nómade mais desexaba estudar. Perseguía o ideal da cultura. Dormía nas estrebarias, traballaba os animais fogosos e nos intervalos, buscaba a escola para iluminar a súa intelixencia.

Nunha desas escolas, certa vez, o profesor pediu á clase que cada alumno relatase o seu soño. O que desexarían para as súas vidas. O rapaz, cheo de entusiasmo, escribiu 7 páxinas. Desexaba, no futuro, posuír unha área de 80 hectáreas e vivir nunha
enorme casa de 400 metros cadrados.

Desexaba ter unha familia ben constituída. Tan entusiasmado estaba, que non soamente describiu, tamén deseñou como soñaba a casa, o garaxe, os currais, o pomar. Todo cos mínimos detalles. Cando entregou o seu traballo, quedou agardando, ansioso, as palabras de eloxio do seu mestre.

Nembargantes, tres días despois, o traballo foille devolto cunha pésima nota. Despois da aula, o profesor procurouno e díxolle:

- O teu é un soño absurdo. Imaxina, es fillo dun domador de cabalos. Ti serás un simple domador de cabalos. Escribe sobre un soño que se poida tornar en realidade e che porei unha nota mellor.
O mozo foi para casa moi triste e contoulle ao pai que había acontecido. Despois de ouvilo, con calma, o pai respondeu:

- O soño é teu meu fillo, fai o que queiras... esa decisión é súa. Persistir neste soñoo ou buscar outro.
O rapaz meditou e, ao día seguinte, entregou a mesma páxina ao profesor. Díxolle que ficaría coa nota ruín mais non abandoaría o seu soño.

Esta historia foi contada a varios nenos polo dono dun rancho de 80 hectáreas, unha enorme casa de 400 metros cadrados e unha familia moi ben constituída, próximo dun famoso colexio dos Estados Unidos o cal empresta para que os nenos pobres pasen os fins de semana.

Despois de rematar a historia, o dono do rancho revelou ser o mozo que tivo a triste nota, mais non desistiu do seu soño.

E o máis incríbel é que despois de 30 anos o profesor daqueles rapaces ten visitado cos seus alumnos aquela área especial.

Un día presentouse por ter identificado no proprietário ao antigo alumno e confesou:

- Estou feliz que o seu soño escapara da miña envexa. Naquela época eu era un atormentado. Tiña envexa das persoas soñadoras. Destruín moitas vidas. Roubei o soño de moitos mozos idealistas. Grazas a Deus, non conseguín destruír o teu soño, que fai ben a tantas vidas.

¡Que bonito é ter soños! Soñar é da natureza humana. Todo o que existe no mundo, un día foi elaborado, pensado e meditado por alguén, mais antes de ser concretado en cemento, mármore, madeira ou papel... ¡¡¡foi um sonho!!!

Se tes a capacidade de soñar o ben, persista na idea e concrétaa. Poden ser necesarios anos para que se concrete un soño, pero, un día se realizará e... ¿que son algúns anos fronte a eternidade que agarda ao espírito inmortal da persoa que soña?


"O mundo está nas mans daqueles que teñen o valor de soñar e correr o risco de vivir os seus soños."

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:03:00 da manhã por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA