Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, julho 28, 2006

Parábola do venres: A lenda dos sentimentos


Conta a lenda que unha vez se reuniron nun lugar da terra todos os sentimentos e cualidades dos homes. Cando o Aburrimento bostezou por terceira vez, a Loucura, como sempre tan tola, propúxolles:
-¿Xogamos ao escondedoiro?
A Intriga levantou a cara intrigada, e a Curiosidade, sen poder conterse, preguntou:

- ¿Ao escondedoiro? ¿e como é iso?

-É un xogo - explicou a Loucura - no que eu me tapo a cara e comezo a contar dende uno ata un millón mentres vostedes se agachan e, cando eu remate de contar, o primeiro ao que atope, ocupará o meu lugar para continuar o xogo.

O Entusiasmo foi secundado pola Euforia. A Ledicia deu tantos saltos que terminou por convencer á Dúbida, e incluso á Apatía á que nunca lle interesaba nada. Pero non todos quixeron participar. A Verdade prefiriu non agacharse; ¿para que? se ao final sempre a ían atopar, a Soberbia opinou que era un xogo moi parvo (no fondo, o que lle molestaba era que a idea non fora súa), e a Covardía prefiriu no arriscarse...
- Un, dous, tres... - comezou a contar a Loucura.

A primeira en esconderse foi a Pereza, que, como sempre, se deixou caer trala primeira pedra do camiño. A Fe subiu ao ceo, e a Envexa agachouse trala sombra do Triunfo, que co seu propio esforzo lograra subir á copa do árbore máis alto.

A Xenerosidade case non alcanzaba a esconderse; cada sitio que hachaba lle parecía marabilloso para algún dos seus amigos: "¿un lago cristalino? ¡é ideal para a Beleza!; ¿a físgoa dun árbore? ¡perfecto para a Timidez!; ¿o voo dunha bolboreta? ¡o mellor para a Voluptuosidade!; ¿unha ráfaga de vento? ¡magnífico para a Liberdade! Así que terminou por ocultarse nun raio de sol. O Egoísmo, en cambio, atopou un sitio moi bo desde o principio, ventilado, cómodo... eso sí, só para él.

La Mentira agachouse no fondo dos oceanos (¡mentira, en realidade se acochou detrás do arco da vella), e a Pasión e o Desexo no centro dos volcáns, o Esquecemento... ¡esquecín onde se escondeu!... pero non é o importante.

Cando a Loucura contaba 999999 o Amor aínda non atopara sitio para esconderse, pois todo estaba ocupado, ata que divisou unha roseira e, entenrecido, decidiu agocharse entre as súas flores.

-¡Un millón! - contou a Loucura e comezou a buscar.

A primeira en aparecer foi a Pereza, só a tres pasos da pedra. Despois escoitou á Fe discutindo con Deus no ceo sobre zooloxía, e á Pasión e ao Desexo os sintiu no vibrar dos volcáns.

Nun descoido atopou á Envexa, e claro, puido deducir onde estaba o Triunfo. Ao Egoísmo non tivo nin que buscalo; el soíño saiu desesperado do seu escondedoiro que resultara ser un niño de avespas.

De tanto camiñar sentiu sede e ao achergarse ao lago descubriu á Beleza. E coa Dúbida resultou máis fácil aínda, pois a encontrou sentada sobre unha cerca sen decidir aínda en que lado acocharse.

Así foi atopando a todos: o Talento entre a herba fresca, a Angustia nunha oscura cova, a Mentira detrás do arco da vella...(¡mentira, estaba no fondo do océano!), e ata o Esquecemento, ao que xa se lle esquecera que estaba xogando ao escondedoiro.

Pero só o Amor non aparecía por ningún sitio.

A Loucura buscou detrás de cada árbore, baixo cada arroio do planeta, na cima das montañas e, cando estaba a piques de darse por vencida, divisou unha roseira e as rosas... E tomou unha horquilla e comezou a mover as ramas, cando de pronto se escoitou un doloroso berro.

As espiñas feriran nos ollos ao Amor e a Loucura non sabía que facer para disculparse; chorou, rogou, implorou, pediu perdón, e ata prometeu ser o seu lazarillo.

Dende entón, desde que por primeira vez se xogou ao escondedoiro na terra, O amor é cego e a loucura sempre, sempre, lle acompaña.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:04:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA