Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

terça-feira, agosto 15, 2006

Novo deseño


Bueno, pois como me propuxen hai un tempo ao incluirme no CSS Reinicia, cambiei o anterior deseño froito do meu aburrimento pero ao que tanto cariño lle collera por este...

Aínda que non está rematado, pois aínda me falta poñer a funcionar o navegador horizontal, que coido será moi útil para non saturar o menú; e modificiar o dito menú, pois aínda é un resto do deseño anterior.

Mais, que vos vou dicir, o seu traballo me custou, pero persoalmente gustame máis que o anterior porque se me fai máis agradábel para a vista e a navegación e é menos soso (para o meu gusto), así que non vou ocultar que me sinto orgulloso do resultado, que, como dixen, non é definitivo, pero que xa se lle ve a traza.

Agora ben, tamén me gustaría contar coa vosa opinión para ver que os parece. As críticas, suxerencias, etc. serán moi ben recibidas, para posíbeis melloras.

E antes de rematar quería agradecer un par de cousas. Primeiro a todas aquelas persoas que me aconsellaron mentres o deseño aínda era o feto-embrión disto que se ve agora. E logo a Marinha, pois foi a única persoa que me animou a participar na iniciativa do CSS Reinicia, porque sei por min propio non o faría. A todos eles,
¡¡Moitas gracias!!

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 2:00:00 da tarde por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Boaaas!! Xa tiña gañas de voltar á rede despois de tanto tempo "out" (ainda que, coma no teu caso, marcharei de novo para aproveitar un pouquiño máis as vacacións...). Tiven que achegarme ata Santiago por un posible traballo, así que aproveito para visitar unha das miñas páxinas favoritas (non é que polo mundo adiante non atope Internet, pero é que cando desconecto, desconecto totalmente...). Así que me atopei con esta agradable sorpresa do novo aspecto do teu blog... Encántame!! Quero que quede claro que a min tamén me gustaba moito o outro, pero renovarse é imprescindible. Coincido contigo no tema da maior facilidade de lectura que ofrece o formato actual, non so polas cores, senon tamén polo menú horizontal que puxeches e que de seguro irás adaptando segundo as necesidades que vaian aparecendo... NORABOA POLO TEU TRABALLO!!! Alégrame mogollón que tiveras en conta o meu comentario, jo!! Bicos mil e ata pronto!!

segunda ago. 21, 10:06:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA