Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

quarta-feira, agosto 16, 2006

O suicida


Xunto ao cadaleiro dun suicida atopouse unha carta dirixida ao Sr. xuíz nos seguintes termos:

"Non culpe a ninguén da miña morte, quítome a vida porque se vivira dous días máis xa non sabría quen son neste mar de bágoas, vera vostede, Sr. xuíz.

Tiven a desgraza de casar cunha viuva, esta tiña unha filla. De habelo sabido, nunca o faría. O meu pai, para maior desgraza era viuvo, namorouse e casou coa filla da miña muller, de maneira que a miña muller era sogra do seu sogro, a miña fillastra convirtiuse na miña nai e o meu pai, ao mesmo tempo, era o meu xenro.

Ao pouco tempo a miña madrasta trouxo ao mundo un varón, que era o meu irmán, pero era neto da miña muller, de maneira que eu era avó do meu irmán. Co correr do tempo a miña muller trouxo ao mundo un varón que como era irmán da miña nai era cuñado do meu pai e tío dos seus fillos.

A miña muller era sogra da súa filla, eu son, en cambio pai da miña nai, e meu pai e a súa muller son os meus fillos; ademais, eu son o meu propio avó.

Sr. xuíz: Despídome do mundo porque non sei quen son."

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:35:00 da tarde por kaka      2 comentarios

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Jejeje Está moi ben moi ben!
Non sei de onde o sacaches, pero eu acórdome de velo na Eidos fai uns anos (sabe Dios cantos...)

Un Saudo!

segunda ago. 21, 12:12:00 da manhã  
Blogger Layla dixo...

Ola! Interesante entrada :P Por certo... pos o cumple de todo o mundo E O TEU NON? Mátoche rapaz xD

SalU2!

segunda set. 04, 01:04:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA