Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, agosto 18, 2006

Parábola do venres: Escola da vida


Un sabio atravesaba en barco un rio e, conversando co barqueiro, preguntou:

- Dígame unha cousa, ¿vostede sabe de botánica?
O barqueiro ollou para o sabio e respondeu:

- Non moito, señor. Non sei que historia é esa.
- ¿Non sabe botánica, a ciencia que estuda as plantas? ¡Que mágoa! Perdeu parte da súa vida.
O barqueiro continua remando e pregunta novamente o sabio:

- Dígame unha cousa, ¿vostede sabe astronomía?
O coitado do barqueiro, analfabeto, balanzou a cabeza e di:

- Non señor, non sei o que é a astronomía.

- A astronomia é a ciencia que estuda os astros, o espacio e as estrelas. ¡Que mágoa! Perdeu parte da súa vida.
E así foi preguntando respecto de cada ciencia: astroloxía, física, química, e de nada o barqueiro sabía.E o sabio sempre terminaba co seu refrán:
"¡Que mágoa! Perdeu parte da súa vida."

De repente, o barco bateu contra unha pedra, rompeuse e comezou a afondar. O barqueiro preguntou ao sabio:

- ¿O señor sabe nadar? Non, non sei.

- ¡Que pena, o señor perdeu toda a súa vida!
As escolas ensinannos todo, menos a vivir.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:33:00 da manhã por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

QUE BIEN VOLVISTE...
BUENA LECCION DE VIDA...
ABRAZO VIRTUAL

sexta ago. 25, 12:18:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA