Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, setembro 30, 2006

Parábola do sábado: Terche preto


O amor nos amosa diferentes camiños e sentimentos que nos non conseguimos comprender nesta relación de amor e odio. Sentes, sofres, sen saber exactamente o porque diso todo. Ai acontece, e fica incontrolábel. O pensamento viaxa sem límites e sen calquera motivación ou vontade de parar... é gostoso sentir esa sensación, nada estraña, mais familiar...

Alguén que nos fai feliz está alí, preto da xente, podemos admirar, fitarlle, ouvir as súas palabras, as súas dúbidas, os seus desexos e cantos soños e momentos felices, coa súa ledicia interior chea de vida.

Cando me abraza...abre aquel sorriso lindo de felicidade e os ollos marelados tentando segurar unha bágoa... queréndome dicir agora estou feliz... É imposíbel falar nese instre, a voz se trava, e o corazón a mil, que vai decelerando devagar... sen présa, encanto nos ollamos sen palabras nun silencio, de pequenos instantes, mais dunha forza suficiente para mudar calquera destino.

Son momentos máxicos... a felicidade chega e nos leva a construír outros soños... son alegrias contidas pola ansiedade da espera e da saudade que agora termina.

¡¡¡¡Xa chegaches!!!!

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:07:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sábado, setembro 23, 2006

Parábola do sábado: Agasallos de balde


Con motivo da parábola desta semana vou deixarvos unha pequena lista cunha serie de agasallos que saen de balde e que, paradoxicamente, son os máis valiosos... E unha sinxela reflexión que me xurdiu hai un tempo e que atopei agora este xeito de compartila con vós, logo é cousa vosa aplicala ou non.
  • O Agasallo de Escoitar: realmentes debes de escoitar. Nada de interromper, nada de soñar esperto, nada de planexar á resposta. Apenas escoita con interese, afecto e atención.
  • O Agasallo do Afecto: Sexa xeneroso con apertas e bicos, palmadas nas costas e apretóns de mans na hora certa. Deixa que estas pequenas actitudes demonstren o amor que tes.
  • O Agasallo do Sorriso: Comparte artigos e historias chistosas. O teu presente dirá "eu adoro rir contigo".
  • O Agasallo dun E-mail: Pode ser un simple "Grazas pola axuda" ou un soneto enteiro. Un billete, mesmo pequeno, manuscrito, pode ser lembrado toda a vida, e pode ata mudar unha vida. Lembre o seu amor ou gratitude por algo específico que a outra persoa fixo ou simplemente pola súa amizade.
  • O Agasallo dunhas Palabras Fermosas: Un simple e sincero, "Estás moi linda de vermello.", "Fixeches un traballo excelente" ou "¡A comida estaba maravillosa!" pode tornar o día de alguén mellor, moito mellor.
  • O Agasallo dun Favor: Frecuentemente, saia da rutina e faga algunha cousa xentil. Fai unha chamada telefónica para perguntar como lle vai ao seu amigo, pase a visitalo para deixarlle un abrazo.
  • O Agasallo da Soidade: Hai momentos cando non queremos nada máis que ficar soiños. Sexa sensíbel a eses momentos e dá o presente da soidade respectando o amigo como persoa sen deixar dúbidas en canto ao seu apoio incondicional.
  • O Agasallo da Leda Disposición: O camiño máis fácil para sentírmonos ben é dicir unha palabra xentil a alguén. De feito, non é tan difícil dicir, "¡Ola!" ou "Moitas grazas".

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:02:00 da manhã por kaka      2 comentarios

quinta-feira, setembro 21, 2006

Aniversario de Rakel


Como xa sabedes moitos de vós, hoxe é o aniversario de Rakel, e quero aproveitar a posibilidade que me ofrece este blog para felicitala (aínda que xa o fixen), ao igual que fixen con outros anteriormente.



¡¡¡Parabéns!!!

Neste sentido quero desexarlle que pase un feliz día, que teña un bo ano e que desfrute dos seus 17 anos recén estreados.

Espero que sexades bos cristiáns e a felicitedes con xeito.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 2:24:00 da tarde por kaka      2 comentarios

quarta-feira, setembro 20, 2006

Día Mundial do Alzheimer


Mañá (bueno, matizo, un minuto despois da hora de publicación desta entrada) será 21 de setembro e se celebrará o Día Mundial do Alzheimer, data elixida pola Organización Mundial da Saúde e a Federación Internacional de Alzheimer.

E antes de continuar aclarar quee non é que eu queira adiantarme aos acontecementos, senon que, por motivos que mañá serán evidentes, vinme obrigado a publicar está entrada hoxe.

E dito isto, continuo. O propósito desta conmemoración é dar a coñecer a enfermidade e difundir información ao respecto, solicitando o apoio e a solidariedade da poboación en xeral, de institucións e de organismos oficiais.

A enfermidade do Alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa, que se manifesta como deterioro cognitivo e trastornos conductuais (tradución para incultivados: que esqueces o que sabías e que che dan arroutos). Caracterízase na súa forma típica por unah perda progresiva da memoria e doutras capacidades mentais, a medida que as células nerviosas (neuronas) morren e diferentes zonas do cerebro se atrofian. A enfermidade adoita ter unha duración media aproximada de 10-12 anos, aínda que iso poida variar moito dun paciente a outro.

A idade avanzada é o principal factor de risco para sufrir a enfermidade do Alzheimer (maior frecuencia a maior idade), aínda que nunha minoría de casos se presenta en idades menores a 60 anos. Entre o 2 e o 3% dos menores de 65 anos amosan signos da enfermidade, mentres sube ata o 25 e o 50% nos maiores de 85 anos.

O Alzheimer pasa por diferentes fases, de xeito que se poden distinguir tres etapas:
  • Inicial, cunha sintomatoloxía lixeira ou leve, o enfermo mantén a súa autonomía e só precisa supervisión cando se trata de tareas complexas.
  • Intermedia, con síntomas de gravidade moderada, o enfermo depende dun coidador para realizar as tareas cotías.
  • Terminal, estado avanzado e terminal da enfermidade, o enfermo é completamente dependente.
Os síntomas máis comúns da enfermidade son alteracións do estado de ánimo e da conduta, perda de memoria, dificultades de orientación, problemas coa lenguaxe e alteracións cognoscitivas(cognitivas).

A perda de memoria chega ata o non recoñecemento de familiares ou o esquecemento de habilidades normais para o individuo. Outros síntomas son cambios no comportamento como arroutos de violencia en xente que non ten un historial destas características. Nas fases finais a musculatura e a movilidade deterióranse, puidendo presentarse incontinencia urinaria e/ou fecal.

Na actualidade non existe cura para a enfermedade, pero sí tratamentos que intentan reducir o grao de progresión da enfermidade e os seus síntomas.

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:59:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sábado, setembro 16, 2006

Parábola do sábado: Olimpiadas


Hai algúns anos atrás, nas Para-olimpiadas de Seattle, nove participantes, todos con deficiencia mental ou física, aliñáronse para a saída da carreira dos 100 metros lisos.


Ao sinal, todos partiron, non precisamente en disparada, pero coa vontade de dar o mellor de si, rematar a carreira e gañar. Todos, coa excepción dun rapaz que tropezou no asfalto, caeu rodando e comezou a chorar. Os outros oito ouviron o choro, diminuíron o paso e ollaram para atrás.

Entón eles viraron e voltaron. Todos eles. Unha das nenas, con Síndrome de Down, axeonllouse, deulle un bico ao rapaz e dille:
- Tranquilo, agora vai sanar.
E todos os nove competidores deronse as mans e andaron xuntos ata a liña de meta. O estadio enteiro levantouse e os aplausos duraron moitos minutos. E as persoas que estaban alí naquel día continuan repetindo esta historia ata hoxe... ¿Por que?

Porque, no fondo, sabemos que o que importa nesta vida non é gañar soíño. O que importa nesta vida e axudar a outros a vencer, mesmo se iso significa diminuír o ritmo e mudar de o curso.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:47:00 da manhã por kaka      0 comentarios

domingo, setembro 10, 2006

Son Goku


Bueno, o outro día estiven vendo está magnífica serie e tróuxeme tantas lembrazas da miña feliz e inconsciente infancia, que tempos... así que quixen brindarvos o pracer de experimentar a mesma sensación traéndovos a fantástica banda sonora que de nenos tan ben sabiamos... aí vos queda:


Atravesei unha nube brillante
atravesei atravesei
e o meu corpo tinguiuse de moitas cores distintas

Aproveitei a explosión do volcán
do volcán, do volcán
e o planeta perdeu a súa vida dun golpe

Sei que un dinosaurio atopo no meu camiño
estou disposto a todo
a todos os matarei, a todos!

Nada, nada, estou disposto a todo
a calquera cousa que veña

Nada, nada, o río cruzarei moi veloz
e os peixes asustarei

Nada, nada estou disposto a todo,
a meterme na boca do lobo
aínda que me devore

Nada, nada, hoxe tamén manterei
a miña cara sorrinte
a pesar de todo
a pesar de todo
a pesar de todo.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:19:00 da manhã por kaka      5 comentarios

sábado, setembro 09, 2006

Parábola do sábado: Pequenos xestos


É curioso observar como a vida nos ofrece resposta aos máis variadas dúbidas do cotidiano... Vexamos:

A camiñada máis longa só é posíbel paso a paso, o mellor libro do mundo foi escrito letra por letra, os milenios sucédense segundo a segundo, as máis violentas fervenzas fórmanse de pequenas fontes, a imponencia do piñeiro comeza na simplicidade dunha semente.

Non fose a gota e non habería choivas, o máis sinxelo niño faise de pequenos garabullos, a máis bela construción non se tería efectuado senón a partir do primeiro ladrillo, as imensas dunas están compostas de minúsculos graos de area. Como xa conta o dito popular, as mellores fragancias veñen en frascos pequenos.

É case incríbel imaxinar que apenas sete notas musicais teñan dado vida á "Ave María", de Bach, e á "Aleluia", de Haëndel...

...Así tamén o mundo de paz, de harmonía e de amor co que tanto soñamos só será construído a partir de pequenos xestos de comprensión, solidariedade, respecto, tenrura, fraternidade, benevolencia, indulxencia e perdón, día a día...

Ninguén pode cambiar o mundo, pero podemos mudar unha pequena parcela del: esa parcela que chamamos "Eu". Non é fácil nin rápido, máis vale a pena tentalo.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:40:00 da manhã por kaka      1 comentarios

sexta-feira, setembro 08, 2006

Thomas Gravesen VI


E por última vez, Gravesen en acción. Real Madride - Deportivo.



E con isto remata a miña homenaxe na despedida deste carismático xogador, que todos esperamos que non sexa un adeus, senon un ata logo, polo ben do espectáculo. Pero mentres non poidamos desfrutar cada fin de semana do seu virtuosismo temos que conformarnos cos videos das súas aventuras nesta última tempada. Botaremolo de menos... pero a pregunta que me xorde agora é ¿haberá alguén quen de encher dalgún xeito (Gravesen é insustituíbel) o baleiro que el deixa na Liga española? ¿se é así, quen será a figura que o faga? Aceptanse apostas.

Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:35:00 da tarde por kaka      0 comentarios

quinta-feira, setembro 07, 2006

Thomas Gravesen V


De novo Gravesen en acción. Real Madride - Atlético de Madride.

Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:33:00 da tarde por kaka      0 comentarios

quarta-feira, setembro 06, 2006

Thomas Gravesen IV


Outra vez, Gravesen en acción, Athletic de Bilbao - Real Madride.

Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:40:00 da tarde por kaka      1 comentarios

terça-feira, setembro 05, 2006

Thomas Gravesen III


Outra vez, Gravesen en acción. Real Madride - Espanyol.

Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:26:00 da tarde por kaka      0 comentarios

segunda-feira, setembro 04, 2006

Thomas Gravesen II


Real Madride - Cádiz, Gravesen en acción.

Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:49:00 da tarde por kaka      0 comentarios

domingo, setembro 03, 2006

Thomas Gravesen I


Con motivo da despedida do personaxe máis carismático do curso pasado, co que tanto rimos as fins de semana e sobre o que non nos cansamos de esbardallar, loando as súas incontábeis cualidades, quero rendirlle unha homenaxe digna da súa persoa durante está semana. Como non, estou falando de Thomas Gravesen.

Gravesen
Nado o 11 de marzo de 1976 na localidad de Vejle (Dinamarca), mide 1,83 m e pesa 74 kg (segundo a ficha técnica).

Ocupa a demarcación de mediocentro, sendo a súa principal ocupación o aspecto defensivo, onde sobresae notabelmente debido á súa anticipación, colocación e forza (a este respecto destacar a anécdota de que, debido á súa fortaleza e a que o seu aspecto duro é tan imponente, un día 'seduciu' ao mesmísimo boxeador estadounidense Mike Tyson cando preparaba un combate en terras danesas) á hora de disputar o balón.

Deu os seus primeiros pasos futbolísticos no equipo da súa localidade natal, dando o salto dous anos despois á bundesliga xermana fichando polo Hamburgo; e, tras tres tempadas sendo recoñecido como o mellor xogador estranxeiro pasou ás filas do Everton inglés e, grazas á súa boa actuación na Eurocopa de Portugal, concretouse a súa fichaxe polo Real Madrid C.F.

Na súa selección ocupa un posto de gran importancia, sendo unha das pedras angulares para o seu seleccionador, nin que dicir ten que a súa titularidade é indiscutíbel, erixíndose como un líder tanto dentro do vestuario como no terreo de xogo.

Creador da mundialmente coñecida "Gravesinha", notábel xogada onde rótula, meniscos e ligamentos cruzados están ao servizo do espectáculo. [Ver video]

Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:37:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sábado, setembro 02, 2006

Parábola do sábado: As palabras teñen forma


Bueno, anunciar que por unha serie de circunstancias, a historia esta das parábolas cambia do venres para o sábado, espero que non vos importe moito. Veña, aí vos queda:


Um home estaba sentado ao lado do ataúde da súa muller, triste e amargurado. De repente viu pasar en fronte súa un desfile de formas belas e brillantes, leves de beizos rosados e ollos claros de ledicia.

- ¿Quen sodes vós, belas criaturas? - preguntou el.
E elas responderon:

- Somos as palabras que lle poderías ter dito a ela.

- ¡Ooh! ¡Queden comigo! -
implorou o home.- As súas belas formas son coma un puñal cortándome o corazón, pero mesmo así queden comigo, pois ela está fría e muda e eu estou soíño.
Elas responderon:

- Non, non podemos ficar porque non temos existencia. Somos apenas a luz que xamais brillou.

E marcharon.

O home continuou triste e amargurado. De repente viu erguerse entre el e o cadaleito un bando de formas terríbeis, pálidas, de beizos brancos e ollos de fogo. O home estremeceuse e preguntou.

- ¿Quen sodes vós, formas horrendas?
E elas responderon:

- Somos as palabras que ela ouviu de ti.
O homem berrou aterrado.

- ¡Saian daquí, deixenme só! ¡Mellor a soidade que a vosa compaña!
Mais elas se sentaron en silencio, fixaron os ollos no home e permaneceron con el para sempre.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:30:00 da tarde por kaka      3 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA