Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, setembro 02, 2006

Parábola do sábado: As palabras teñen forma


Bueno, anunciar que por unha serie de circunstancias, a historia esta das parábolas cambia do venres para o sábado, espero que non vos importe moito. Veña, aí vos queda:


Um home estaba sentado ao lado do ataúde da súa muller, triste e amargurado. De repente viu pasar en fronte súa un desfile de formas belas e brillantes, leves de beizos rosados e ollos claros de ledicia.

- ¿Quen sodes vós, belas criaturas? - preguntou el.
E elas responderon:

- Somos as palabras que lle poderías ter dito a ela.

- ¡Ooh! ¡Queden comigo! -
implorou o home.- As súas belas formas son coma un puñal cortándome o corazón, pero mesmo así queden comigo, pois ela está fría e muda e eu estou soíño.
Elas responderon:

- Non, non podemos ficar porque non temos existencia. Somos apenas a luz que xamais brillou.

E marcharon.

O home continuou triste e amargurado. De repente viu erguerse entre el e o cadaleito un bando de formas terríbeis, pálidas, de beizos brancos e ollos de fogo. O home estremeceuse e preguntou.

- ¿Quen sodes vós, formas horrendas?
E elas responderon:

- Somos as palabras que ela ouviu de ti.
O homem berrou aterrado.

- ¡Saian daquí, deixenme só! ¡Mellor a soidade que a vosa compaña!
Mais elas se sentaron en silencio, fixaron os ollos no home e permaneceron con el para sempre.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:30:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Esta tamén serve para eu aprender... (son un pouco borde de cando en vez).
Grazas!!

terça set. 05, 03:16:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Ía introducir o comentario que segue na entrada da lista de pelis favoritas, pero non a atopei. Así que, como onte vin esta peli, recoméndocha aquí: "¿Qué se está cociendo?" ("What's cooking?").Está estes días no Canal Satélite Dixital, por se o tes na casa. Gustoume moito: como se desenvolve o día de Acción de Grazas ("Thanksgiving Day") nas distintas casas dun mesmo barrio; mestura de razas e culturas.
Cambio de tema...
¿Canto tempo vas estar en Alemaña? ¿Vas co instituto?
¿É un intercambio?
¿Demasiadas preguntas?

terça set. 05, 03:16:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

jolin, k traumatiko todo xDD... pero es cierto... dices cosas hirientes a la gente y cuando luego kieres ser amable o algo... igual ya es demasiado tarde..
SalU2!!

sexta set. 08, 01:05:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA