Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, outubro 07, 2006

Heidelberg


Bueno, tal día coma hoxe cheguei de Alemaña ás 21:50h ao aeroporto de Castelao (Lavacolla, para que nos entendamos), despois dunha sobredose de estacións de tren e aeroporto, e senon xa me diredes: ás 09:00 collemos o tren para Frankfurt, en 90 minutos chegamos ao aeroporto e estivemos vagando por alí ata as 15:00h que embarcamos para Madrid, 2:30 horas de voo e ao chegar á T4 tivemos que agardar 3h máis para coller o avión que nos trouxo, logo de 45 minutos, á nosa terra.

Como dicía, acabo de chegar pois, para os que non o saibades, estiven de intercambio alí 10 días, dende o 28 do mes pasado ata hoxe. Estiven en Heidelberg que era moi bonito e fomos, ademais, a Manheim, Speyer e Estrasburgo.

E bueno, que poido dicir, que o pasei moi ben cos alemans que eran todos moi simpáticos, a miña familia era moi chachi que ata os pais xogaban comigo ao UNO... ademais sorprendinme a min mesmo, porque por norma xeral entendía sempre o que dicían (cando falaban en inglés, claro), aínda que non se pode dicir que aprendera moito inglés... sei tan pouco coma antes de ir, que iso non quere dicir que non aproveitara a viaxe.

Que máis se pode dicir, que aproveitamos ensinarlles a cultura galega, e a este respecto o mítico ¡que che preste!, quede ben claro que llo ensinei eu o día do PizzaHut, e que a partir de aí xa comezaron a dexenerar a ensinarlle vulgaridades en plan: "nome-dun-indesexable-profesor-de-Galego-que-non-vou-citar é un fillo de puta".

E logo a profesora, unha tal Utha o como diaño se escriba pois que pronunciaba mal (vale, eu tamén, e podedes rirvos de min se queredes... ao fin e ao cabo se non rides diso idelo facer doutra cousa así que... bueno que iso é outro tema), como dicía, pronunciaba mal o s e andabamos a imitar todo o día á súa frase máis popular: ¿teneish otrash preguntash?¿algo másh?

Destacar que había unha tenda de chucherías onde vendían gominolas con sabor a cervexa... e que había un Starbucks e que agora teño o mono do chocolate (do chocalate de verdade, non pensedes mal que eu son un neno bo) . E non sei que máis dicir... que comprei numerosas camisetas, en total 4, xa mas veredes postas se vos cadra e senon facede por verme ou fastidiadevos, porque non hai outra...

Bueno, en conclusión, que se Deus quere que aprobe o selectivo en xuño volvo no verán...

Sen máis...

Etiquetas: , ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:50:00 da tarde por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Benvido!! Alégrame que o pasaras ben por terras alemanas, pero máis me alegra que voltaras... Xa se me facía raro non lerte!!

sexta out. 13, 07:50:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA