Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, outubro 08, 2006

Parábola do domingo: Máis importante que os agasallos


Un home tivo que marchar ao estranxeiro para traballar deixando a súa noiva chorando.

- Non te preocupes, escribireiche diariamente -dixo el.

Escribiulle durante anos. Pero como lle estaba indo moi ben no seu traballo, non tiña plans imediatos de voltar.

Un día, recibiu unha invitación de casamento. A súa namorada estaba prometida. ¿Con quen? ¡Co carteiro que regularmente entregaba as súas cartas! De feito, a distancia fai partir os corazóns.

O pobre namorado certamente se preguntou,

- ¿Cal foi o erro? Envieille cartas, bombóns e flores.
Cando as relacións acaban, a lista de cousas dadas e feitas normalmente aparecen. Nós dicimos "Eu lle dei isto e aquilo... Eu fixen todas aquelas cousas por ti..."

Ata parece que o amor é simplemente probado pola cantidade de agasallos e favores. Mais en canto os agasallos son importantes, o amor clama polo que é básico: a presenza do amado. Eu observei, por exemplo, as orquídeas da miña nai. Cando ela fica fóra por moito tempo, elas parecen doentes e moitas delas murchan. Pero cando está, brillan como flores. A miña nai non fai nada excepcional. Apenas pasa moito tempo conversando e acariciándoas.

Eu acho que as persoas, aínda máis que as flores, esixen unha presenza atenciosa. O amor é fundamentalmente un compromiso con outra persoa. Nós podemos estar comprometidos cos nosos negocios, traballo, afección, deportes e clubes, mais no sentido exacto, eles non poden devolvernos o amor. I é que as persoas precisan de afecto e atención, as cousas materiais poden axudar apenas ata un certo punto. Pero nunca poderán sustituír o maior agasallo que é a presenza.

Marta estava ocupada co seu traballo. Ela pensaba que tiña que traballar moito porque o seu amado pai estaba moi doente. Ela tiña que conseguir diñeiro para o seu caro tratamento. Mentres, os seus irmáns e irmás ficaban ao carón de seu pai a maior parte do tempo. Dábanlle o baño, cantaban para el, dábanlle a refeição ou simplemente lle facían compaña.

Un día Marta se entristeceu porque escoitou ao seu pai dicirlle á súa nai,

- Todos os nosas fillos me amam, excepto Marta.

- ¿Como podía ser? - pensou Marta. - ¡Eu me mato a traballar para ter diñeiro para o seu tratamento! Os meus irmáns non axudan para nada para pagalo.

Unha noite, como case sempre, Marta chegou tarde a casa. Espiou pola porta do cuarto onde seu pai estaba deitado e notou que aínda estaba esperto. Ela decidiu aproximarse e sentar a carón da cama. O seu pai colleu as súas mans e dille,

- Sinto a túa falta. Non me queda moito tempo. Fica comigo.
E ela ficou co seu pai, collida á súa man a noite enteira. Á mañá seguinte, Marta dille a todo o mundo,

- Pedín unha licenza no traballo. Gustaríame ficar co meu pai. De agora en diante, eu lle darei o baño e cantarei para el.
O seu pai luciu un bonito sorriso. El sabía, desta vez, que Marta tamén o amaba.

Cando somos nenos, precisamos da presenza dos nosos seres queridos. Como adultos as persoas non precisan menos.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:52:00 da tarde por kaka      2 comentarios

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

MIERCOLES NOS PERDIMOS EL RITMO.......
NO LA ENTRENDI BIEN ME LA REGALAS EN ESPAÑOL
ABRAZO VIRTUAL

sábado out. 14, 02:44:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Moi dacordo en todo, pero tamén é certo que ás veces nótase máis a presenza de alguén na distancia que na cercanía, ¿non é así? Teño amigos íntimos que viven a quilómetros e quilómetros de min, e, sen embargo, cando nos vemos, é coma se non nos tivéramos separado nunca. Outros amigos, que os teño ven pretiño, é coma si nunca estivesen ahí e a relación pode chegar a enfriarse a pesar de que nos vemos con moita frecuencia. Tamén é certo que iso é porque, ademáis das distancias, inflúen moitos outros factores nas relacións entre as persoas.

terça out. 17, 08:48:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA