Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, outubro 21, 2006

Parábola do sábado: as túas metas lonxe dos caranguexos


Existe un tipo de caranguexo que non pode ser capturado, pois é o suficientemente áxil e intelixente para saír de calquera nasa de caranguexo. E aínda así, son capturados millares destes caranguexos cada día, grazas a unha particular característica humana que posúen.

A nasa é unha gaiola de arame cun burato no alto. Unha isca é colocada no fondo da gaiola e a gaiola é colocada debaixo da agua. Un caranguexo se adianta, entra na gaiola e comeza a mastigar a isca. Un segundo caranguexo xúntase con el. E un terceiro... Banquete para caranguexo. Yummm. Eventualmente, porén, toda a isca se foi.

Os caranguexos poderían gabear polo lado da gaiola e saír polo buraco sen dificultade, pero non o fan, eles fican na gaiola e outros caranguexos van e xuntarse con eles moito despois de que a isca se rematase.

Se un dos caranguexos percibe que non existe ningunha razón para ficar na nasa e tenta saír, os outros caranguexos se unen contra el e o paran e o empuxaran repetidamente contra o lado da gaiola. Se persiste, os outros arrancaranlle súas garras para impedir o alpinismo. Se aínda insiste, o matarán.

Os caranguexos, por forza da maioría, fican xuntos na gaiola. A gaiola é arrastrada e acaban todos no pucheiro.

A diferenza principal entre estes caranguexos e os humanos é que estes caranguexos viven na augu e os humanos na terra.

Calquera que teña un soño (que podería colocalo fóra da nasa) ten que se precavirse dos habitantes das mesma nasa.

Os caranguexos humanos normalmente non usan a forza física, agora ben, certamente non a descartan, sinxelamente non adoitan precisala, pois teñen métodos máis efectivos á man na boca: insinuación, dúbida, ridicularización, irritación, escarnio, sarcasmo, desprezo, humillación, insulto, provocación, mentira, calumnia e ducias doutros que non aparecen nas nosas enciclopedias.

O camiño para lidar con estas persoas é o mesmo método usado polo caranguexo Jonathon, no libro "Jonathon Joffrey Crab on his clan", que coñecendo os perigos da tentativa de saír da gaiola, dixo:

- ¡Ei! ¡Isto é moi divertido! ¡Que bela reunión de caranguexos! Esperem un pouquiño que eu só vou chamar algúns máis! E saiu para a liberdade.

Suxerencia: manteña os caranguexos lonxe das súas metas.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:15:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA