Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, novembro 25, 2006

Parábola do sábado: Motivos de felicidade


Un ancián estoupaba de ledicia, á beira do camiño, e cantava un himno de loanza á vida.

Un peregrino pesimista, magoado con tanto xúbilo, díxolle agresivo:

- ¿Por que tal felicidade? ¿Será por que a morte xa te espreita?

- Non é por iso; senón por outros tres motivos.
- respondeu o ancián.- Primeiro, porque nun universo onde a vida abonda, só o homem pensa e eu son un homem. Segundo, porque a dúbida que a tantos atormenta, non atopa agasallo en min: son un home de fe. E, por fin, porque todos sabemos que o corpo é de breve duración e eu son un home que ten vivido moito. A morte, que a todos espreita en todas as idades, aínda non se lembrou de min; cando, porén, chegue, será moi ben recibida.
¿Teño ou no teño razóns para ser feliz?

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:18:00 da tarde por kaka      0 comentarios

segunda-feira, novembro 20, 2006

Unha tenlle que pagar a viagra a un paisano


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou unha sentenza pola que unha mutua debe seguir pagando o consumo de Viagra, que non está recoñecida como necesaria ni subvencionada pola Seguridade Social, a un traballador vigués, do sector da construción, ao que lle quedou unha secuela de disfunción eréctil a consecuencia dun accidente laboral no ano 2002.

Segundo revela o avogado Matías Movilla, que leva o caso do traballador (de algo máis de 40 anos e cuxa identidade non se proporciona), a mutua abonaba os gastos de Viagra e doutro medicamento denominado Tadalafilo Ciais, durante uns meses que o traballador estivo de baixa. Pero deixou de facelo cando no mesmo ano 2002 se declarou a incapacidade permanente total desta persoa para a súa profesión habitual.

A mutua (que se encarga de cubrir as baixas en accidentes laborais, mentres que a Seguridade Social o fai por enfermidades comúns) deixou de abonar estes produtos porque consideraba que a sanidade pública non cobre como medicamento o uso de Viagra. Consideraba tamén que a recuperación profesional no inclúe abonar o pago dun determinado fármaco, co seu nome comercial e sen ningún control médico nin temporal. Esta sentenza, que é froito do recurso que presentou a mutua ante o TSXG tras perder un xuízo en 2004 na Sala do Social número 4, "motiva e xustifica a consideración de Viagra como un medicamento necesario para a recuperación profesional do traballador". Segundo manifista o letrado, a Seguridade Social non cobre o uso desta sustancia nos supostos de enfermidade común, pero di que esta sentenza "abre a porta á necesidade destes fármacos para a recuperación profesional dos traballadores, entendendo que en dita recuperación debe vir incluída tanto a reparación da saúde como a reparación da integridade persoal. É un deses primeiros pasos que van facendo as modificacións".

A sentenza é "novidosa" porque estende a reparación íntegra do dano causado nun accidente ao uso de "custosos medicamentos", en alusión ao consumo de Viagra e de Tadalafilo Cialis. No caso da Viagra os prezos dunha caixa de 100 mg con catro comprimidos, é de 50,37 €; de oito son 100,73 €; 25 mg é de 35,57 € e la de 50 chega a 41,50 €.

Sen máis...


PD: Lembrar tamén que hoxé é o Aniversario de Paola.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:54:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sábado, novembro 18, 2006

Parábola do sábado: As portas


Se abres unha porta, podes entrar ou non nunha nova sala. Podes ficar observando a vida. Mais se vences a dúbida, o temor, e pasas, das un gran paso: ¡vivir nesa sala! Pero, tamén, ten un prezo...


Son inumerábeis as portas que descobres dentro da nova sala. Ás veces cóntanse mil e unha. O gran segredo é saber cando e cal debe ser aberta, pois vida non é rigorosa, e propicia erros e acertos, máis os erros poden ser transformados en acertos cando con eles se aprende.

Non existe a seguridade do acerto eterno. A vida é xenerosa, por cada sala que scoñece, descobrense outras tantas portas. E a vida enriquece a quen se arrisca a abrir novas portas, dá privilexios a quen descobre os seus segredos e ofrece xenerosamente portas afortunadas.

Mais a vida tamén pode ser dura e severa. Se non cruzas a porta, terás sempre a mesma porta diante. É a repetición fronte á creación, é a monotonia monocromática perante a multiplicidade das cores, é a estagnação da vida...

As portas non son obstáculos, son diferentes camiños.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:37:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sábado, novembro 11, 2006

Parábola do sábado: A velliña


Unha familia de cinco persoas estaba pasando un día na praia. Os nenos estaban tomando un baño no mar e facendo castelos na area, cando, ao lonxe, apareceu unha velliña.

O seu cabelo gris voaba ao vento e as sucias roupas estaban sucias e esfarrapadas. Rosmaba calquera cousa, namentres apañaba cousas da praia e as metía nun saco.

Os pais chamaron aos seus fillos e lles dixeron que ficasen lonxe da vella.

Cando esta pasou, curvándose de vez en cando para apañar cousas, sorriu para a familia, pero o seu cumprimento non foi correspondido.

Moitas semanas despois, souberon que a velliña dedicara a vida a apañar anaquiños de vidro da praia para que os nenos non cortasen os pés.

Nas nosas vidas tamén é así... algunhas persoas pasan a vida enteira protexéndonos sen que o saibamos... e a cambio non lles damos nin os bos días... ¡¡canto máis as grazas!!

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 2:00:00 da tarde por kaka      0 comentarios

quinta-feira, novembro 09, 2006

O autor


Datos persoais:

Para os que non me coñecen, comezo presentándome. Chámome Xesús e nacín en Santiago de Compostela o 14 de Agosto de hai 17 anos. Nestes momentos estudo 2º de Bacharelato co obxectivo de matricularme na Universidade o ano que ven, sabe Deus en que...

A orixe do meu nick, kaka, remóntase aos meus primeiros anos na ESO (non hai tanto... media ducia de anos) e veu polo feito de que dixera caca en clase en lugar de mierda coa miña voz tan particular (e máis naqueles anos) para evitar as típicas copias que me fartara de facer "no diré más palabrotas en clase". Nin que dicir ten que esta anécdota

Na actulidade é máis normal que chamen kaka que escoitar o meu nome real (que, por outra banda, non me gusta nada...) tanto en persoa coma no chat.

Máis a nivel persoal, mencionar que entre as miñas afeccións destaca o fútbol, deporte que practico a nivel "profesional" no TPT, e calquera deporte en xeral; a informática, o bo humor, facer amigos...


Parte de min:

Para introducirlle un toque orixinal a este perfil, decidín poñerlle, como ben reza o título deste apartado, literalmente algunha parte de min, mediante fotografías obviamente, xa que estas non me gustan moito (si son raro, ¿aínda che quedaba algunha dúbida?) . Perdoade a calidade das mesmas.



Historia do blog:

Benvidos ao meu humilde blog, resultado de moitas probas e cambios, que conta finalmente cun deseño propio. Nado en xuño de 2004 respondendo a unha moda máis, medrou co tempo (á par que o meu xeito nestas lides) ata ser o que é.

Recoñecida a súa modestia pola cantidade de enlaces, visitas ou comentarios, non deixa de agradecer a participación e o apoio dos lectores en calquera manifestación, porque sen as túas visitas e os teus comentarios nada disto tería sentido.


Contacto:

Para contactar comigo ofrézoche un correo electrónico que deixo á túa disposición, para resolver calquera discrepancia que poida xurdir, solucionar algún problema, etc.

GSig

De todas maneiras, agradecería que empregáses os comentarios se o asunto da cuestión xa foi plantexado.


Libro de firmas:

Tamén quero aproveitar a ocasión para rogarche que me adiques un pouco do teu tempo e deixes constancia da túa visita firmándome no libro de visitas, que de momento é gratis, e que fixen para acoller comentarios de toda condición.




Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:17:00 da tarde por kaka      3 comentarios

terça-feira, novembro 07, 2006

Test curioso


Bueno, serei breve, só comentar que estiven facendo un test de personalidade así un tanto peculiar que é bastante chachi, as preguntas son bastante curiosas e as posíbeis respostas tampouco o son menos. E o resultado que che dan é a semellanza a un personaxe dalgunhas serie ou película da tele (dicir que hai dous máis, pero este foi o que máis me gustou). Non está mal, a min polo menos pareceume simpático.

Ala, aquí vos deixo o meu resultado... disque son coma Garfield, éche ben curioso, pero non é que alabe as miñas virtudes, así que non remata de convencerme...

garfield

Bueno, anímovos a facelo tamén e a compartir o resultado que vos de, pode ter chiste... (para ir pulsade na imaxe non sexades tuzaróns!).

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:18:00 da tarde por kaka      3 comentarios

sábado, novembro 04, 2006

Parábola do sábado: Día bonito


¡O día comezou daquel xeito! Durmiu máis do que debía e chegou tarde ao traballo. Todo o que aconteceu no despacho contribuiu para deixala máis nerviosa. Ao final do día foi á parada do autobus para voltar para casa, cun gran nó no seu estómago.

Coma sempre, o autobus chegou atrasado e cheo. Tive que ficar en pé no corredor. O balanzo do autobus a botaba en todas as direcións e a súa amargura aumentou aínda máis.

Entón ouviu unha voz vindo do fondo:

- ¿Día bonito, non é?
Por causa da multitude, non podía ver ao home, mais o ouviu mentres continuaba a comentar o escenario primaveril, chamando a atención a cada marco que se aproximaba: esta igrexa, ese parque, este cemiterio, o corpo de bombeiros... Logo todos os pasaxeiros estaban ollando a través das xanelas. O entusiasmo do home era tan contaxioso que ela encontrouse sorrindo por primeira vez naquel día.

Chegou á súa parada. Foi ata a porta e botou unha ollada para o seu "guía": un vello señor con barbas, que empregaba uns desgastados lentes escuros e levando un fino bastón branco.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:23:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA