Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

quinta-feira, novembro 09, 2006

O autor


Datos persoais:

Para os que non me coñecen, comezo presentándome. Chámome Xesús e nacín en Santiago de Compostela o 14 de Agosto de hai 17 anos. Nestes momentos estudo 2º de Bacharelato co obxectivo de matricularme na Universidade o ano que ven, sabe Deus en que...

A orixe do meu nick, kaka, remóntase aos meus primeiros anos na ESO (non hai tanto... media ducia de anos) e veu polo feito de que dixera caca en clase en lugar de mierda coa miña voz tan particular (e máis naqueles anos) para evitar as típicas copias que me fartara de facer "no diré más palabrotas en clase". Nin que dicir ten que esta anécdota

Na actulidade é máis normal que chamen kaka que escoitar o meu nome real (que, por outra banda, non me gusta nada...) tanto en persoa coma no chat.

Máis a nivel persoal, mencionar que entre as miñas afeccións destaca o fútbol, deporte que practico a nivel "profesional" no TPT, e calquera deporte en xeral; a informática, o bo humor, facer amigos...


Parte de min:

Para introducirlle un toque orixinal a este perfil, decidín poñerlle, como ben reza o título deste apartado, literalmente algunha parte de min, mediante fotografías obviamente, xa que estas non me gustan moito (si son raro, ¿aínda che quedaba algunha dúbida?) . Perdoade a calidade das mesmas.



Historia do blog:

Benvidos ao meu humilde blog, resultado de moitas probas e cambios, que conta finalmente cun deseño propio. Nado en xuño de 2004 respondendo a unha moda máis, medrou co tempo (á par que o meu xeito nestas lides) ata ser o que é.

Recoñecida a súa modestia pola cantidade de enlaces, visitas ou comentarios, non deixa de agradecer a participación e o apoio dos lectores en calquera manifestación, porque sen as túas visitas e os teus comentarios nada disto tería sentido.


Contacto:

Para contactar comigo ofrézoche un correo electrónico que deixo á túa disposición, para resolver calquera discrepancia que poida xurdir, solucionar algún problema, etc.

GSig

De todas maneiras, agradecería que empregáses os comentarios se o asunto da cuestión xa foi plantexado.


Libro de firmas:

Tamén quero aproveitar a ocasión para rogarche que me adiques un pouco do teu tempo e deixes constancia da túa visita firmándome no libro de visitas, que de momento é gratis, e que fixen para acoller comentarios de toda condición.




Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:17:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Unha entrada moi interesante... Xa sei algo máis de ti, sobre todo o tema do nome, que eu estaba convencida de que tiña relación co rapaz brasileiro ese tan coñecido e resulta que non ten nada que ver.
Tamén estivo ben o das "túas partes", con perdón. Son pistas moi significativas; de feito, creo que xa che recoñezo ainda que non che coñeza persoalmente.
Xa para rematar co meu comentario, dicirche que supoño que é normal esa incertidume acerca do teu futuro como universitario... Pasounos a moitos e probablemente xa irás coñecendo co tempo que é o se axusta máis ó que queres (ainda que ás veces non se chega a saber de todo...). Un bico!

quarta nov. 15, 02:48:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Uoo!! Me encanta que hayas puesto una entrada como esta! Y me gutó lo de las fotos :P Ah! he de decir que yo no sabia porque venía lo de kaka! Mira tu... :P

Un besazo!

segunda nov. 20, 07:15:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

kaka!!!!! eres o meu asesorador favorito tio!!! esas chabolas de luxo van ser cojonudas e jajaja, e para que vexas escribo en galego por que ti o vales !!!! eres eres eres a ostia rapaz!!! vemonos unha aperta!!!!

segunda mai. 28, 12:05:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA