Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, novembro 18, 2006

Parábola do sábado: As portas


Se abres unha porta, podes entrar ou non nunha nova sala. Podes ficar observando a vida. Mais se vences a dúbida, o temor, e pasas, das un gran paso: ¡vivir nesa sala! Pero, tamén, ten un prezo...


Son inumerábeis as portas que descobres dentro da nova sala. Ás veces cóntanse mil e unha. O gran segredo é saber cando e cal debe ser aberta, pois vida non é rigorosa, e propicia erros e acertos, máis os erros poden ser transformados en acertos cando con eles se aprende.

Non existe a seguridade do acerto eterno. A vida é xenerosa, por cada sala que scoñece, descobrense outras tantas portas. E a vida enriquece a quen se arrisca a abrir novas portas, dá privilexios a quen descobre os seus segredos e ofrece xenerosamente portas afortunadas.

Mais a vida tamén pode ser dura e severa. Se non cruzas a porta, terás sempre a mesma porta diante. É a repetición fronte á creación, é a monotonia monocromática perante a multiplicidade das cores, é a estagnação da vida...

As portas non son obstáculos, son diferentes camiños.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:37:00 da tarde por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Moitas veces, despois de abrir portas, arrepentímonos e gustaríanos ter unha máquina do tempo para cambiar as nosas decisións... Sen embargo eu penso que ningunha porta aberta é un erro se no momento de facelo o temos claro. É necesario pasar por unhas sás para chegar a outras; ir polo camiño máis curto non sempre é posible e nin sequera ten por que ser o mellor. Acaso nese andar non nos atopamos, ademáis de cousas non tan boas, cousas estupendas? Non coñecemos a xente marabillosa? Non vivimos experiencias emocionantes? Iso é vivir a vida, e a única porta "atinada" ou, no peor dos casos, "desatinada" é a que nos abre a nosa nai no momento de traernos ó mundo. Estou convencida de que non debemos arrepentirnos de nada do que decidamos, sempre e cando non fagamos mal a ninguén...

sábado nov. 25, 02:18:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA