Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, novembro 04, 2006

Parábola do sábado: Día bonito


¡O día comezou daquel xeito! Durmiu máis do que debía e chegou tarde ao traballo. Todo o que aconteceu no despacho contribuiu para deixala máis nerviosa. Ao final do día foi á parada do autobus para voltar para casa, cun gran nó no seu estómago.

Coma sempre, o autobus chegou atrasado e cheo. Tive que ficar en pé no corredor. O balanzo do autobus a botaba en todas as direcións e a súa amargura aumentou aínda máis.

Entón ouviu unha voz vindo do fondo:

- ¿Día bonito, non é?
Por causa da multitude, non podía ver ao home, mais o ouviu mentres continuaba a comentar o escenario primaveril, chamando a atención a cada marco que se aproximaba: esta igrexa, ese parque, este cemiterio, o corpo de bombeiros... Logo todos os pasaxeiros estaban ollando a través das xanelas. O entusiasmo do home era tan contaxioso que ela encontrouse sorrindo por primeira vez naquel día.

Chegou á súa parada. Foi ata a porta e botou unha ollada para o seu "guía": un vello señor con barbas, que empregaba uns desgastados lentes escuros e levando un fino bastón branco.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:23:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA