Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, novembro 11, 2006

Parábola do sábado: A velliña


Unha familia de cinco persoas estaba pasando un día na praia. Os nenos estaban tomando un baño no mar e facendo castelos na area, cando, ao lonxe, apareceu unha velliña.

O seu cabelo gris voaba ao vento e as sucias roupas estaban sucias e esfarrapadas. Rosmaba calquera cousa, namentres apañaba cousas da praia e as metía nun saco.

Os pais chamaron aos seus fillos e lles dixeron que ficasen lonxe da vella.

Cando esta pasou, curvándose de vez en cando para apañar cousas, sorriu para a familia, pero o seu cumprimento non foi correspondido.

Moitas semanas despois, souberon que a velliña dedicara a vida a apañar anaquiños de vidro da praia para que os nenos non cortasen os pés.

Nas nosas vidas tamén é así... algunhas persoas pasan a vida enteira protexéndonos sen que o saibamos... e a cambio non lles damos nin os bos días... ¡¡canto máis as grazas!!

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 2:00:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA