Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

segunda-feira, novembro 20, 2006

Unha tenlle que pagar a viagra a un paisano


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou unha sentenza pola que unha mutua debe seguir pagando o consumo de Viagra, que non está recoñecida como necesaria ni subvencionada pola Seguridade Social, a un traballador vigués, do sector da construción, ao que lle quedou unha secuela de disfunción eréctil a consecuencia dun accidente laboral no ano 2002.

Segundo revela o avogado Matías Movilla, que leva o caso do traballador (de algo máis de 40 anos e cuxa identidade non se proporciona), a mutua abonaba os gastos de Viagra e doutro medicamento denominado Tadalafilo Ciais, durante uns meses que o traballador estivo de baixa. Pero deixou de facelo cando no mesmo ano 2002 se declarou a incapacidade permanente total desta persoa para a súa profesión habitual.

A mutua (que se encarga de cubrir as baixas en accidentes laborais, mentres que a Seguridade Social o fai por enfermidades comúns) deixou de abonar estes produtos porque consideraba que a sanidade pública non cobre como medicamento o uso de Viagra. Consideraba tamén que a recuperación profesional no inclúe abonar o pago dun determinado fármaco, co seu nome comercial e sen ningún control médico nin temporal. Esta sentenza, que é froito do recurso que presentou a mutua ante o TSXG tras perder un xuízo en 2004 na Sala do Social número 4, "motiva e xustifica a consideración de Viagra como un medicamento necesario para a recuperación profesional do traballador". Segundo manifista o letrado, a Seguridade Social non cobre o uso desta sustancia nos supostos de enfermidade común, pero di que esta sentenza "abre a porta á necesidade destes fármacos para a recuperación profesional dos traballadores, entendendo que en dita recuperación debe vir incluída tanto a reparación da saúde como a reparación da integridade persoal. É un deses primeiros pasos que van facendo as modificacións".

A sentenza é "novidosa" porque estende a reparación íntegra do dano causado nun accidente ao uso de "custosos medicamentos", en alusión ao consumo de Viagra e de Tadalafilo Cialis. No caso da Viagra os prezos dunha caixa de 100 mg con catro comprimidos, é de 50,37 €; de oito son 100,73 €; 25 mg é de 35,57 € e la de 50 chega a 41,50 €.

Sen máis...


PD: Lembrar tamén que hoxé é o Aniversario de Paola.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:54:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA