Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, dezembro 24, 2006

Parábola do sábado: Vendedor de globos


Era unha vez un vello home que vendía globos nunha feira. Evidentemente, o home era un bo vendedor, pois soltou un globo vermello e deixou que se elevara nos aires, atraendo, deste xeito, unha multitude de rapaces compradores de globos.

Despois de ter soltado o globo vermello, o home soltou outro azul, un marelo e finalmente u branco. Todos foran subindo ata escaparen da vista.


Había alí preto un rapaz negro que estaba observando ao vendedor e, evidentemente, apreciando os globos.

O neno, de ollar atento, seguía a cada un. Ficaba imaxinando mil cousas...

Unha cousa o aborrecia, o home non soltaba o globo escuro. Entón aproximouse ao vendedor e preguntoulle:

- Desculpe, se o vostede soltase o globo escuro, ¿subiría tanto coma os outros?
O vendedor de globos sorriu comprensivamente para o rapaz, rompeu a corda que prendía ao globo escuro e mentres se elevaba nos aires díxolle:

- Non é a cor, fillo, é o que está dentro del que o fai subir.

Sen m?is...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:16:00 da tarde por kaka      0 comentarios

domingo, dezembro 17, 2006

Parábola do sábado: Almas xemelgas


Hai moito tempo, no tempo dos deuses, había unha sociedade onde a harmonía e o amor reinaban pois esta foi creada por Venus e Eros. Era unha civilización mooooi distinta: os seres posuían catros brazos, catro pernas, dúas cabezas e dous troncos distintos, un tronco feminino e outro masculino, pero cunha soa alma...

Esta harmonía provocou a furia dos outros deuses, que, enfurecidos, enviaron unha tempestade com relampagos e trebóns contra aquela civilización... Venus e Eros tentaron loitar, pero foi en van.

A cada relampago que caia na dita poboación atinguía a un ser. Foron dous días e dúas noites de tempestade e furia. Os corpos eran divididos polos relâmpagos e levados polas augas separando a parte feminina da masculina e dividindo a súa alma ao medio...

E, deste xeito, moitos se perderon, moitos ficaron soiños, pero conseguiron sobrevivir.

E ata hoxe viven na procura da súa metade, a súa Alma Xemelga.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 2:55:00 da tarde por kaka      3 comentarios

sábado, dezembro 09, 2006

Parábola do sábado: As virtudes


Certa vez, hai moito tempo, había un pazo espléndido, no corazón dun santuario secreto, cuxo limiar non tiña sido cruzado xamais. Alén deste, as súas galerias eran case inacesíbeis aos mortais, pois o pazo ficaba nunha nuve moi alta, e moi poucos, de calquera idade, podían achar o caminho ata el.

Era o pazo da Verdade. Alí, un día, foi realizada unha festa, non para homes senón para seres moi distintos, deuses e deusas, grandes e pequenos, que na terra son honradamente chamados polo nome de Virtudes.


O vestíbulo do pazo era unha gran sala, onde as paredes, o chan e o teito, eran luminosos por si propios, resplandecentes como un lume brillante. Era a sala da Intelixencia. Próximo ao chan, a luz era suave e tiña o tono dunha bela safira e se tornaba gradualmente máis clara en dirección ao teito, do cal xiraban diamantes pendurados no candelabro.

As Virtudes chegaran separadas, pero logo formaran simpáticos grupos, cheos de alegria por encontrarse, xa que normalmente están dispersas por todo o mundo.

A Sinceridade reinaba sobre a festa. Vestida cun manto transparente coma auga, e sostiña na man un cubo de puro cristal, a través do cal podían ser vistas as cousas como realmente son, diferentes do que normalmente parecen, pois a súa imaxe está reflectida sen deformidade.

Próximo a ela, como fieis guardiáns, estaban a Humildade, co seu xeito respectuoso e orgulloso, e a Coraxe, grandiosa, de ollar claro e sorrindo, con calma e aire resolto.

Ao lado da Coraxe, estaba unha muller, completamente cuberta por un veo, de quen nada podía ser visto, mais os seus ollos curiosos brillaban a través do veo. Era a Prudencia.

Circulando entre eles, a Caridade, vixilante e calma, altiva e discreta, deixando por onde pasaba unha trilla de suave luz branca. A luz que espalla e a acompaña ten um brillo tan sutil que é invisíbel para moitos ollos, é a súa amiga íntima, compañeira inseparábel, a súa irmá xemelga, a Xustiza.

E ao redor da Caridade, unha escolta brillante, a Bondade, a Paciencia, a Xentileza e moitos máis.

Todos están aquí, pensaban. Pero entón, repentinamente, no portal dourado, apareceu un recén chegado.

Con gran reticencia, os gardas dos portóns permitiron a súa entrada. Nunca antes a tiñan visto e non había nada na súa aparencia que impresionase.

Era, de feito, moi nova e leve, e o vestido branco que usaba era moi simple, case pobre. Deu algúns pasos ao frente cun aire tímido e despois parou sen saber que dirección seguir.

Despois dunha breve troca de ollares cos seus compañeiros, a Prudencia vai en dirección á estraña. Logo de limpar a garganta, como fan as persoas cando están embarazadas, dixo:

- Nós estamos reunidos aquí e todos sabemos os nosos nomes e méritos, estamos sorprendidos coa súa chegada, pois parece ser estraña para todos nós, ou polo menos non lembramos terlle visto antes, ¿podería contarnos quen es?

Entón a recen chegada respondeu cun suspiro:

- Non me sorprende o feito de lles parecer estraña neste pazo, pois raramente son convidada a un lugar coma este. O meu nome é Gratitude.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 2:48:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sábado, dezembro 02, 2006

Parábola do sábado: Un simple ola


Eu sempre sentín simpatía e compaixón polas crianzas que vexo andando soiñas para a escola, por aquelas que se sentan no fondo da sala namentres todos rin e zomban.

Mais eu nunca fixen nada sobre iso. Imaxinaba que o faría outra persoa. Eu realmente non tiña tempo para pensar sobre a profundidade da súa dor.

Entón un día pensei en usar un pequeno momento do meu ocupado día para simplemente dicir ¡¡Oliñas!! a alguén sen amigos ou parar e conversar con alguén que comese soiño.

E fíxeno. Sentiuse ben ao ver a súa vida iluminada por outra persoa.

¿Por que o fixen? Porque me lembrei do día en que un simple ¡Ola! mudou a miña vida para sempre.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:00:00 da tarde por kaka      4 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA