Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, dezembro 17, 2006

Parábola do sábado: Almas xemelgas


Hai moito tempo, no tempo dos deuses, había unha sociedade onde a harmonía e o amor reinaban pois esta foi creada por Venus e Eros. Era unha civilización mooooi distinta: os seres posuían catros brazos, catro pernas, dúas cabezas e dous troncos distintos, un tronco feminino e outro masculino, pero cunha soa alma...

Esta harmonía provocou a furia dos outros deuses, que, enfurecidos, enviaron unha tempestade com relampagos e trebóns contra aquela civilización... Venus e Eros tentaron loitar, pero foi en van.

A cada relampago que caia na dita poboación atinguía a un ser. Foron dous días e dúas noites de tempestade e furia. Os corpos eran divididos polos relâmpagos e levados polas augas separando a parte feminina da masculina e dividindo a súa alma ao medio...

E, deste xeito, moitos se perderon, moitos ficaron soiños, pero conseguiron sobrevivir.

E ata hoxe viven na procura da súa metade, a súa Alma Xemelga.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 2:55:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Pois eu estou convencida de que moitas desas almas non chegaron a ser divididas ainda que os corpos indiquen outra cousa... ¿Serán somentes imaxinacións miñas?

domingo dez. 24, 05:10:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

Xa sei que non ten que ver co Post, pero quero que sepas que che envio os meus mellores desexos nestas festas e un próspero ano novo!!
Bicos

domingo dez. 24, 01:57:00 da tarde  
Blogger Layla dixo...

Me gusta esta parábola... bueno me gusan todas... y me gusta la foto!

Feliz año y esas cosas :P

Bisitos!!

quinta jan. 04, 05:04:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA