Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

segunda-feira, agosto 28, 2006

Aniversario de Alex


Esta vez quero aproveitar para felicitar a Alex, que aínda que xa o fixen no día propio cun SMS, non vai ser menos e merece unha entrada coma os demais. Eu xa llo vou dicir ao meu xeito xa tradicional:


¡¡Parabéns chico!!

Que cumpras moitos máis, que medres moito (moito máis tampouco...), teñas un bo ano que che vaia mellor, sexas feliz e todo iso que se adoita dicir nestes casos...

Veña, a ver que se facedes o mesmo e vos portades aquí co amigo...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:35:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sábado, agosto 26, 2006

Sei-te de Cor


Pois aquí vos deixo unha canción en portugués de Paulo Gonzo, que escoitei moito este verán en Ribeira porque me deu poñer unha emisora portuguesa (a ver se aprendía algo... ) que é semellante aos 40 principais de aquí, Radio Comercial chamábase ou iso entendín eu, de feito a ponían 3 veces ao día (acabei aprendéndoa case...): unha despois de comer, outra a media tarde e outra a iso das 02:00h da noite e agardaba a que a puxeran para deitarme porque me gustou... Aí vos queda,

“Sei-te de Cor”

Sei de cor
cada traço do teu rosto, do teu olhar
cada sombra da tua voz e cada silencio,
cada gesto que tu faças,
meu amor sei-te de cor

sei cada capricho teu e o que nao dizes
ou preferes calar, deixa-me adivinhar
nao digas que o louco sou eu
se for tanto melhor
amor sei-te de cor

sei porque becos te escondes,
sei ao pormenor o teu melhor e o pior
sei de ti mais do que queria
numa palavra diria
sei-te de cor.

sei cada capricho teu e o que nao dizes
ou preferes calar deixa-me adivinhar
nao digas que o louco sou eu
se for tanto melhor
amor sei-te de cor

sei de cor cada traço do teu rosto, do teu olhar
cada sombra da tua voz e cada silencio,
cada gesto que tu faças
meu amor sei-te de cor

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 6:47:00 da tarde por kaka      2 comentarios

sexta-feira, agosto 25, 2006

Parábola do venres: Mahatma Gandhi


Unha muller achegouse a Gandhi e pediulle:

- Por favor, Mahatma. Dígalle ao meu fillo que pare de comer azucre.
Gandhi fixo silencio e acabou dicindo:

- Traia ao seu fillo de volta en dúas semanas.
Confusa, a muller agradeceullo e dixo que faría o que Mahatma lle pediu. Dúas semanas máis tarde, retornou co seu fillo. Gandhi fitou ao neno e dille:

- Para de comer azucre.
Agradecida, pero inconforme, a muller preguntou:

- Mahatma, ¿por que me pediu que o trouxese en dúas semanas? O señor podería terllo dito, como fixo agora, dúas semanas atrás.
Gandhi respondeu:

- Dúas semanas atrás, eu estaba comendo azucre.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:58:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sexta-feira, agosto 18, 2006

Parábola do venres: Escola da vida


Un sabio atravesaba en barco un rio e, conversando co barqueiro, preguntou:

- Dígame unha cousa, ¿vostede sabe de botánica?
O barqueiro ollou para o sabio e respondeu:

- Non moito, señor. Non sei que historia é esa.
- ¿Non sabe botánica, a ciencia que estuda as plantas? ¡Que mágoa! Perdeu parte da súa vida.
O barqueiro continua remando e pregunta novamente o sabio:

- Dígame unha cousa, ¿vostede sabe astronomía?
O coitado do barqueiro, analfabeto, balanzou a cabeza e di:

- Non señor, non sei o que é a astronomía.

- A astronomia é a ciencia que estuda os astros, o espacio e as estrelas. ¡Que mágoa! Perdeu parte da súa vida.
E así foi preguntando respecto de cada ciencia: astroloxía, física, química, e de nada o barqueiro sabía.E o sabio sempre terminaba co seu refrán:
"¡Que mágoa! Perdeu parte da súa vida."

De repente, o barco bateu contra unha pedra, rompeuse e comezou a afondar. O barqueiro preguntou ao sabio:

- ¿O señor sabe nadar? Non, non sei.

- ¡Que pena, o señor perdeu toda a súa vida!
As escolas ensinannos todo, menos a vivir.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:33:00 da manhã por kaka      1 comentarios

quarta-feira, agosto 16, 2006

O suicida


Xunto ao cadaleiro dun suicida atopouse unha carta dirixida ao Sr. xuíz nos seguintes termos:

"Non culpe a ninguén da miña morte, quítome a vida porque se vivira dous días máis xa non sabría quen son neste mar de bágoas, vera vostede, Sr. xuíz.

Tiven a desgraza de casar cunha viuva, esta tiña unha filla. De habelo sabido, nunca o faría. O meu pai, para maior desgraza era viuvo, namorouse e casou coa filla da miña muller, de maneira que a miña muller era sogra do seu sogro, a miña fillastra convirtiuse na miña nai e o meu pai, ao mesmo tempo, era o meu xenro.

Ao pouco tempo a miña madrasta trouxo ao mundo un varón, que era o meu irmán, pero era neto da miña muller, de maneira que eu era avó do meu irmán. Co correr do tempo a miña muller trouxo ao mundo un varón que como era irmán da miña nai era cuñado do meu pai e tío dos seus fillos.

A miña muller era sogra da súa filla, eu son, en cambio pai da miña nai, e meu pai e a súa muller son os meus fillos; ademais, eu son o meu propio avó.

Sr. xuíz: Despídome do mundo porque non sei quen son."

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:35:00 da tarde por kaka      2 comentarios

terça-feira, agosto 15, 2006

Novo deseño


Bueno, pois como me propuxen hai un tempo ao incluirme no CSS Reinicia, cambiei o anterior deseño froito do meu aburrimento pero ao que tanto cariño lle collera por este...

Aínda que non está rematado, pois aínda me falta poñer a funcionar o navegador horizontal, que coido será moi útil para non saturar o menú; e modificiar o dito menú, pois aínda é un resto do deseño anterior.

Mais, que vos vou dicir, o seu traballo me custou, pero persoalmente gustame máis que o anterior porque se me fai máis agradábel para a vista e a navegación e é menos soso (para o meu gusto), así que non vou ocultar que me sinto orgulloso do resultado, que, como dixen, non é definitivo, pero que xa se lle ve a traza.

Agora ben, tamén me gustaría contar coa vosa opinión para ver que os parece. As críticas, suxerencias, etc. serán moi ben recibidas, para posíbeis melloras.

E antes de rematar quería agradecer un par de cousas. Primeiro a todas aquelas persoas que me aconsellaron mentres o deseño aínda era o feto-embrión disto que se ve agora. E logo a Marinha, pois foi a única persoa que me animou a participar na iniciativa do CSS Reinicia, porque sei por min propio non o faría. A todos eles,
¡¡Moitas gracias!!

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 2:00:00 da tarde por kaka      1 comentarios

quinta-feira, agosto 03, 2006

Ranking


As mellores persoas son...(Tot)
Marykinha(108)
Mariña(91)
Angel(54)
Cocojo(47)
Alex(43)
O puyol do CDM(42)
Jorge(26)
Alvinha(26)
Nene(15)
Paula(14)
GuauGuau(14)
Sinuh3(13)
Lydia(13)
Dravos(6)
Maria*s(3)
JuanSebastianelcano(2)
Yeyu(2)
Cecilia(2)

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 2:36:00 da manhã por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA