Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, outubro 28, 2006

Parábola do sábado: Saber recibir


Hai moito tempo, nalgún lugar do mundo, había un homen que só quería ter dúas cousas na vida: unha flor e unha bolboreta.

Naquela época, as flores e as bolboretas eran cousas raras, difíceles de atopar. Mais Deus era unanimemente recoñecido como Aquel que Todo o Fai e Todo Pode. Así era bastante requisitado.

O home lembrouse de Deus e formalizou o seu pedido.

Despois diso, ficou días a fio ollando na dirección das nubes, coa esperanza de reciber unha resposta indicando que o seu pedido fora, polo menos, recibido. Ningunha resposta, porém, do ceo ou da terra recibiu... Os días pasaban, e nada acontecía. Por causa diso, o homem dubidou. Pensou ata que Deus era unha invención dos homes do seu tempo...

Mais un bonito día, cando menos o agardaba, unha caixiña dourada caeu do ceo na súa frente. Con tarxeta e todo. E o remitente era Deus. Na tarxeta branca, estaba escrito en letras douradas:

"Reciba con amor os presentes que Eu lle dou. Desculpe a demora. Deus".

- ¿Non é que El existe mesmo? - comentou o home.
E Deus non tiña esquecido nada. O paquete veu ata embrullado en papel de agasallo, enfeitado con lúas, estrelas e imaxes de querubíns. Arredor da caixa, podíase ver un grande e ben feito lazo de fita e, no medio del, un ramo de oliveira. Antes que un aventureiro calquera o fixese, o home agarrou a caixa.

Abriuna e encontrou dúas cousas: un cacto e unha eiruga. Non entendeu nada...

- ¿Pero que negocio é este? A xente pide unha cousa e El manda outra? - preguntouse. - Será que non me souben explicar ben?


Non se convenceu:

- O meu agasallo veu errado. Deus confundiuse. Debe ser porque recibe moitos pedidos...
O home abandonou o cacto e a eiruga nun canto.

Os días foron pasando... pasando... e, nun deles, vexa só o que aconteceu: ¡a eiruga transformouse en bolboreta e do cacto naceu a máis linda de todas as flores!

O homem de tanta sorpresa ficou parado, de boca aberta, con cara de tolo...


Hoxe os tempos son outros, pero a lección é a mesma: ten calma. Moitas veces o camiño recto non é o mellor e cómpre ter paciencia.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:40:00 da tarde por kaka      0 comentarios

quinta-feira, outubro 26, 2006

Resumos


Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:42:00 da manhã por kaka      0 comentarios

sábado, outubro 21, 2006

Parábola do sábado: as túas metas lonxe dos caranguexos


Existe un tipo de caranguexo que non pode ser capturado, pois é o suficientemente áxil e intelixente para saír de calquera nasa de caranguexo. E aínda así, son capturados millares destes caranguexos cada día, grazas a unha particular característica humana que posúen.

A nasa é unha gaiola de arame cun burato no alto. Unha isca é colocada no fondo da gaiola e a gaiola é colocada debaixo da agua. Un caranguexo se adianta, entra na gaiola e comeza a mastigar a isca. Un segundo caranguexo xúntase con el. E un terceiro... Banquete para caranguexo. Yummm. Eventualmente, porén, toda a isca se foi.

Os caranguexos poderían gabear polo lado da gaiola e saír polo buraco sen dificultade, pero non o fan, eles fican na gaiola e outros caranguexos van e xuntarse con eles moito despois de que a isca se rematase.

Se un dos caranguexos percibe que non existe ningunha razón para ficar na nasa e tenta saír, os outros caranguexos se unen contra el e o paran e o empuxaran repetidamente contra o lado da gaiola. Se persiste, os outros arrancaranlle súas garras para impedir o alpinismo. Se aínda insiste, o matarán.

Os caranguexos, por forza da maioría, fican xuntos na gaiola. A gaiola é arrastrada e acaban todos no pucheiro.

A diferenza principal entre estes caranguexos e os humanos é que estes caranguexos viven na augu e os humanos na terra.

Calquera que teña un soño (que podería colocalo fóra da nasa) ten que se precavirse dos habitantes das mesma nasa.

Os caranguexos humanos normalmente non usan a forza física, agora ben, certamente non a descartan, sinxelamente non adoitan precisala, pois teñen métodos máis efectivos á man na boca: insinuación, dúbida, ridicularización, irritación, escarnio, sarcasmo, desprezo, humillación, insulto, provocación, mentira, calumnia e ducias doutros que non aparecen nas nosas enciclopedias.

O camiño para lidar con estas persoas é o mesmo método usado polo caranguexo Jonathon, no libro "Jonathon Joffrey Crab on his clan", que coñecendo os perigos da tentativa de saír da gaiola, dixo:

- ¡Ei! ¡Isto é moi divertido! ¡Que bela reunión de caranguexos! Esperem un pouquiño que eu só vou chamar algúns máis! E saiu para a liberdade.

Suxerencia: manteña os caranguexos lonxe das súas metas.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:15:00 da tarde por kaka      0 comentarios

terça-feira, outubro 17, 2006

Aniversario de Baluja


Como xa sabedes moitos de vós, hoxe é o aniversario de Aleixandre Baluja, e aproveitando a posibilidade que me ofrece este blog, vouno felicitar (aínda que xa o fixen en clase coa miña mítica pintura rupestre no encerado, e este conto mencionar que se me está quitando a vagancia e estou facendo historia...) ao igual que fixen con outros anteriormente.



¡¡¡Parabéns campión!!!

Neste sentido quero desexarlle que pase un feliz día, que teña un bo ano, que o pase moi ben e que medre moito.

Espero que bos portedes coma bos cristiáns e fagades o propio.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:59:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sábado, outubro 14, 2006

Parábola do sábado: Vivir coma as flores


- Mestre, ¿como fago para non aborrecerme? Algunhas persoas falan demais, outras son ignorantes. Algunhas son indiferentes. Odio ás que son mentireiras. Sofro coas que calunian...

- ¡Pois vive como as flores! - advertiu o mestre.

- ¿Como é vivir como as flores? - preguntou o discípulo.

- Repare nestas flores, - continuou o mestre, sinalando lirios que medraban no xardín,- nacen no esterco, entretanto, son puras e perfumadas. Extraen do adubo malcheiroso todo o que lles é útil e saudábel, pero non permiten que o acedume da terra manche o frescor dos seus pétalos.
É xusto angustiarse coas propias culpas, mais non é sabio permitir que os vicios dos outros o molesten. Os defectos deles son deles e non teus. Se non son teus, non hai motivo para o aborrecemento. Exercite, pois, a virtude de rexeitar todo o mal que ven de fóra. Iso é vivir coma as flores.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:06:00 da manhã por kaka      0 comentarios

domingo, outubro 08, 2006

Parábola do domingo: Máis importante que os agasallos


Un home tivo que marchar ao estranxeiro para traballar deixando a súa noiva chorando.

- Non te preocupes, escribireiche diariamente -dixo el.

Escribiulle durante anos. Pero como lle estaba indo moi ben no seu traballo, non tiña plans imediatos de voltar.

Un día, recibiu unha invitación de casamento. A súa namorada estaba prometida. ¿Con quen? ¡Co carteiro que regularmente entregaba as súas cartas! De feito, a distancia fai partir os corazóns.

O pobre namorado certamente se preguntou,

- ¿Cal foi o erro? Envieille cartas, bombóns e flores.
Cando as relacións acaban, a lista de cousas dadas e feitas normalmente aparecen. Nós dicimos "Eu lle dei isto e aquilo... Eu fixen todas aquelas cousas por ti..."

Ata parece que o amor é simplemente probado pola cantidade de agasallos e favores. Mais en canto os agasallos son importantes, o amor clama polo que é básico: a presenza do amado. Eu observei, por exemplo, as orquídeas da miña nai. Cando ela fica fóra por moito tempo, elas parecen doentes e moitas delas murchan. Pero cando está, brillan como flores. A miña nai non fai nada excepcional. Apenas pasa moito tempo conversando e acariciándoas.

Eu acho que as persoas, aínda máis que as flores, esixen unha presenza atenciosa. O amor é fundamentalmente un compromiso con outra persoa. Nós podemos estar comprometidos cos nosos negocios, traballo, afección, deportes e clubes, mais no sentido exacto, eles non poden devolvernos o amor. I é que as persoas precisan de afecto e atención, as cousas materiais poden axudar apenas ata un certo punto. Pero nunca poderán sustituír o maior agasallo que é a presenza.

Marta estava ocupada co seu traballo. Ela pensaba que tiña que traballar moito porque o seu amado pai estaba moi doente. Ela tiña que conseguir diñeiro para o seu caro tratamento. Mentres, os seus irmáns e irmás ficaban ao carón de seu pai a maior parte do tempo. Dábanlle o baño, cantaban para el, dábanlle a refeição ou simplemente lle facían compaña.

Un día Marta se entristeceu porque escoitou ao seu pai dicirlle á súa nai,

- Todos os nosas fillos me amam, excepto Marta.

- ¿Como podía ser? - pensou Marta. - ¡Eu me mato a traballar para ter diñeiro para o seu tratamento! Os meus irmáns non axudan para nada para pagalo.

Unha noite, como case sempre, Marta chegou tarde a casa. Espiou pola porta do cuarto onde seu pai estaba deitado e notou que aínda estaba esperto. Ela decidiu aproximarse e sentar a carón da cama. O seu pai colleu as súas mans e dille,

- Sinto a túa falta. Non me queda moito tempo. Fica comigo.
E ela ficou co seu pai, collida á súa man a noite enteira. Á mañá seguinte, Marta dille a todo o mundo,

- Pedín unha licenza no traballo. Gustaríame ficar co meu pai. De agora en diante, eu lle darei o baño e cantarei para el.
O seu pai luciu un bonito sorriso. El sabía, desta vez, que Marta tamén o amaba.

Cando somos nenos, precisamos da presenza dos nosos seres queridos. Como adultos as persoas non precisan menos.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:52:00 da tarde por kaka      2 comentarios

sábado, outubro 07, 2006

Heidelberg


Bueno, tal día coma hoxe cheguei de Alemaña ás 21:50h ao aeroporto de Castelao (Lavacolla, para que nos entendamos), despois dunha sobredose de estacións de tren e aeroporto, e senon xa me diredes: ás 09:00 collemos o tren para Frankfurt, en 90 minutos chegamos ao aeroporto e estivemos vagando por alí ata as 15:00h que embarcamos para Madrid, 2:30 horas de voo e ao chegar á T4 tivemos que agardar 3h máis para coller o avión que nos trouxo, logo de 45 minutos, á nosa terra.

Como dicía, acabo de chegar pois, para os que non o saibades, estiven de intercambio alí 10 días, dende o 28 do mes pasado ata hoxe. Estiven en Heidelberg que era moi bonito e fomos, ademais, a Manheim, Speyer e Estrasburgo.

E bueno, que poido dicir, que o pasei moi ben cos alemans que eran todos moi simpáticos, a miña familia era moi chachi que ata os pais xogaban comigo ao UNO... ademais sorprendinme a min mesmo, porque por norma xeral entendía sempre o que dicían (cando falaban en inglés, claro), aínda que non se pode dicir que aprendera moito inglés... sei tan pouco coma antes de ir, que iso non quere dicir que non aproveitara a viaxe.

Que máis se pode dicir, que aproveitamos ensinarlles a cultura galega, e a este respecto o mítico ¡que che preste!, quede ben claro que llo ensinei eu o día do PizzaHut, e que a partir de aí xa comezaron a dexenerar a ensinarlle vulgaridades en plan: "nome-dun-indesexable-profesor-de-Galego-que-non-vou-citar é un fillo de puta".

E logo a profesora, unha tal Utha o como diaño se escriba pois que pronunciaba mal (vale, eu tamén, e podedes rirvos de min se queredes... ao fin e ao cabo se non rides diso idelo facer doutra cousa así que... bueno que iso é outro tema), como dicía, pronunciaba mal o s e andabamos a imitar todo o día á súa frase máis popular: ¿teneish otrash preguntash?¿algo másh?

Destacar que había unha tenda de chucherías onde vendían gominolas con sabor a cervexa... e que había un Starbucks e que agora teño o mono do chocolate (do chocalate de verdade, non pensedes mal que eu son un neno bo) . E non sei que máis dicir... que comprei numerosas camisetas, en total 4, xa mas veredes postas se vos cadra e senon facede por verme ou fastidiadevos, porque non hai outra...

Bueno, en conclusión, que se Deus quere que aprobe o selectivo en xuño volvo no verán...

Sen máis...

Etiquetas: , ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:50:00 da tarde por kaka      1 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA