Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, fevereiro 10, 2007

As tres árbores


Había no alto dun outeiro tres árbores que soñaban o que serían despois de grandes.

A primeira ollando as estrelas di:

- Eu quero ser o baúl máis fermoso do mundo, cheo de tesouros.
A segunda, mirando ao río suspirou:

- Eu quero ser un navío grande para transportar reis e raíñas.

A terceira, ollou o vale e dixo:

- Eu quero ficar aquí no alto do outeiro e crecer tanto que as persoas ao ollaren para min levanten os ollos e pensen en Deus.

Pasaron moitos anos e, certo día, tres leñadores cortaron as árbores que estaban ansiosas de ser transformadas naquilo que soñaban. Mais os leñadores non acostuman escoitar ou atender aos soños... Éche unha mágoa.

A primeira árbore acabou sendo transformada nun cocho de animais cuberto de feo, a segunda virou un simple barco de pesca, cargando persoas e peixes todos os días e a terceira foi cortada en grosas vigas e colocada de lado nun depósito.

Entón, desilusionadas e tristes, as tres perguntaron:

- ¿Por que isto?
Entre tanto, nunha bela noite, chea de luz e estrelas, unha muller colocou o seu bebê recén nacido naquel cocho de animais e, de súpeto, a primeira árbore percibiu que contiña o maior tesouro do mundo.

A segunda árbore estaba transportando un home que acabou por durmir no barco en que se transformara. E cando a tempestade case afondou o barco, o home levantouse e dixo:

- ¡Paz!
E no intre, a segunda árbore entendeu que estaba transportando ao rei do ceo e da terra.

Tempo máis tarde, nun venres, a terceira árbore espantouse quando as súas vigas foron xunguidas en forma de cruz e un home pendurado nela. Logo sentiuse horríbel e cruel.

Mais logo, no domingo seguinte, o mundo vibrou de alegria. E a terceira árbore decatouse que nela había sido posto un home para a salvación da humanidade, e que as persoas sempre se lembrarían de Deus e do seu filho ao ollarem para ela.

As árbores tiveran soños e desexos, mais, a súa realización foi mil veces maior do que habían imaxinado.

Porén, non esqueza:

Non importa o tamaño do seu soño. Confiando nel, a súa vida ficará máis bonita e moito melhor para ser vivida.


Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:14:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA