Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, junho 23, 2007

Parábola do sábado: O maior amor


Nunha aldea do Vietnam, un orfanato dirixido por un grupo de misioneiros foi atingido por un bombardeo. Os misioneiros e dous rapaces atoparon inmediatamente a morte, mentres as restantes ficaron gravemente feridas. Entre elas, unha meniña de oito anos, considerada en peor estado.

Era necesario pedir axuda por radio e, logo dun tempo, un médico e unha enfermeira da mariña dos EE.UU. chegaron ao local. Terían que actuar rapidamente, senón a nena morrería debido aos traumatismos e á perda de sangue. Era urxente facer unha transfusión, ¿mais como?
Logo dalguns tests rápidos, puideron perciber que ninguén alí tiña sangue. Reuniron aos rapaces e, mediante xestos, tentaban explicar o que estaba acontecendo e que precisarían dun voluntario para doar sangue. Despois dun silencio sepulcral, viuse un braço magriño erguerse timidamente. Era un rapaz chamado Heng.

El foi preparado axiña ao lado da nena agonizante, e espetaronlle unha agulla na vea. Mantíñase quediño e co ollar fixo no teito. Pasado algun momento, deixou escapar un salouco e tapou o rosto coa man que estava libre. O médico preguntoulle se lle estaba doendo e el negou. Mais non tardou moito en saloucar de novo, contendo as bágoas.

O médico ficou preocupado e voltou a preguntarlle, e novamente negou. Os saloucos ocasionais deron lugar a un choro silencioso, pero ininterrumpido. Era evidente que algo estaba errado. Foi entón cando apareceu unha enfermeira vietnamita chegada doutra aldea. O médico pediulle que procurase saber o que estaba acontecendo con Heng. Coa voz meiga e doce, a enfermeira foi conversando con el e explicando cousas e o rostro do rapaz foise aliviando...

Minutos despois, el estava novamente tranquilo. A enfermeira entón explicou aos americanos:


- Pensou que ía morrer, non tiña entendido dereito o que vostedes dixeron e achou que tería que dar todo o seu sangue para que a nena non morrese.
O médico aproximouse a Heng e coa axuda da enfermeira, preguntou:

- Pero, se era así, ¿por que te ofreciches para doar sangue?
E Heng respondeu:

- ¡Ela é a miña amiga!


Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:11:00 da manhã por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA