Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, junho 15, 2007

Regreso


Jooo, pois tras tanto tempo sen actualizar síntome na obriga de dar unha mínima explicación a todas aquelas persoas que se preocuparon pola miña ausencia durante este tempo, que se cadra non foron moitas pero polo que sei algunha si (lease a postdata).

Dicir entón que me vin na obriga de deixar algunhas cousas temporalmente para centrarme nos meus estudos, que non significa que non puidese compaxinar todo, senón que son un desastre e que ía acabar empregando calquera distración que tivese á miña disposición para perder o tempo, e se quería rendir tiña que tomar decisións drásticas. E iso foi o que aconteceu...

Sen embargo, os resultados non foron tam bos como eu agardaba, pois apenas subiron 0'3 décimas respecto ao ano pasado, é dicir, que este ano tiven un 6'888888888... e que no bachiller quedoume unha media de 6'722222222... que é xusto o que preciso para entrar en arquitectura, polo que, tendo en conta que é moi probable que suba, é necesario que mellore a miña nota nos recén acabados exames de selectividade, algo que tampouco descarto porque (agás física) en xeral eran todos bastante sinxelos comparados con anos anteriores. De todas formas, cando o 26 saiba os resultados xa vos comentarei... a ver se teño sorte e entro aquí en A Coruña para non ter que marchar por aí adiante.

Pois iso señores, espero que me poidades perdoar calquera molestia que vos provocara a miña ausencia.

Sen máis...

PD: Quería agradecerlle (diría persoalmente, pero non é totalmente correcto...) a Mariña a preocupación que amosou pola miña ausencia, que aprezo moito os seus comentarios e que me fixo moita ilusión o seu correo!!

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:22:00 da manhã por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

OHHH, MOITAS GRAZAS KAKÁ!! E NORABOA POR ESES RESULTADOS!! Estou segura de que o 26 vai haber motivos de celebración, así que xa podes ir festexando antes e non perder tempo, jeje!
Eu tamén tomei a decisión de desconectar do blog aí atrás, pero cumplo o perfil do que falas (buscar calquera distracción con tal de perder o tempo) e rematei volvendo (aínda que non con tanta frecuencia coma antes). Eu non sei cando rematarei o meu estudo, agónico xa a estas alturas, pero seguireite igual porque non teño tanta forza de vontade coma ti... Pensarei, para non sentirme mal comigo mesma, que non é un tempo perdido, senón invertido.
Bicos!

domingo jun. 17, 05:21:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA