Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, julho 14, 2007

Parábola do sábado: Alfombra vermella


Unha pobre muller moraba nunha humilde casiña coa súa neta moi enferma. Como non tiña diñeiro sequera para levala a un médico, e vendo que, a pesar dos seus moitos coidados e remedios con herbas, a pobre rapaza empeoraba a cada dia, resolveu iniciar a camiñada de 2 horas ata a cidade próxima en busca de axuda.

Ao chegar ao único hospital público da rexión aconsellaronlle volver para casa e traer á neta para que esta fose examinada.

Cando ía voltando, xa desesperada por saber que a súa neta non conseguía sequera erguerse da cama, a señora pasou en frente a unha Igrexa e como tiña moita fe en Deus, malia non ter entrado nunca nunha Igrexa, resolveu pedir axuda. Ao entrar, encontrou algunhas señoras axeonlladas no chan facendo oracións. As señoras recibiran á visitante e, logo de se enteraren da historia, a convidaron para se axeonllar e orar pola nena.

Despois de case unha hora de fervorosas oracións e pedidos de intercesión ao Pai, as señoras xa se ían levantando cando a muller lles di:

- A min tamén me gustaría facer unha oración.

Vendo que se trataba dunha muller de pouca cultura, as señoras replicaron:

- Non é necesário. Coas nosas oracións, con certeza a súa neta irá mellorar.
Aínda así a señora insistiu en orar, e comezou. Deus, son eu, olla, a miña neta está moito doente Deus, gustaríame que foses a curala Deus, que eu lle vou dicir onde fica.

As señoras, estrañadas, continuaron ouvindo.

- Vai seguindo o camiño daquí para Belo Horizonte e cando pase o río pola ponte entra na segunda estradiña de barro.

A esta altura as señoras xa estaban esforzándose por non rir; mais ela continuou.

- Seguindo uns 20 minutiños máis ten unha vendiña, entra na rúa despois da mangueira que o meu barraquiño é o último da rúa, pode ir entrando que non ten can.
As señoras comezaran a se indignar coa situación.

- Olla Deus, a porta está pechada, pero a chave fica embaixo da alfombra vermella na entrada, colle a chave, entra e cura a miña netiña.
Mais olla, por favor, non esquezas de colocar a chave de novo embaixo da alfombra vermella senón eu non consigo entrar cando volva a casa...

A esta altura as señoras interromperan aquela ultraxante situación dicindo que non era así como se debería orar, mais que ela podería ir pra casa sosegada pois elas eran persoas de moita fe e Deus, com certeza, iría ouvir as súas pregarias e curar a meniña.

A muller foi para casa un pouco desconsolada, pero ao entrar na súaa casa a súa neta foi correndo a recibirlle.

- ¡Miña neta, estás de pé, como é posíbel!
E a rapaza explicou:

- Ouvín un barullo na porta e pensei que eras ti de volta, porén entrou un home moi alto cun vestido branco e mandou que me levantase, non sei como, eu simplemente levantei.
E case chorando, a nena continuou.

- Despois sorriu, bicou a miña testa e dixo que tiña que marchar, mais pediume que eu che avisase que ía deixar a chave embaixo da alfombra vermella...
Un pouco de fe, levanos ata Deus. Moita fe trae a Deus ata nós.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:41:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA