Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, julho 21, 2007

Parábola do sábado: O porteiro do prostíbulo


Non había no poboado peor oficio que o de porteiro do prostíbulo. ¿Pero que outra cousa podería facer aquel home? O feito é que nunca aprendeu a ler nin escribir, non tiña ningunha outra actividade ou ofício.

Un día, entrou como xerente do prostíbulo un mozo cheo de ideas, creativo e emprendedor, que decidiu modernizar o establecemento.

Fixo cambios e chamou aos empregados para as novas instrucións. Ao porteiro díxolle:

- A partir de hoxe, ti, ademais de ficar na porteria, vas preparar un relatorio semanal onde rexistrará a cantidade de persoas que entran e os comentarios e reclamacións que fagan sobre os servizos.

- Eu adoraría facer iso -
dixo -, mais eu non sei ler nin escribir...

- ¡Oh! ¡Canto o sinto! Pero se é así, xa non poderá seguir traballando aquí.

- Pero non me pode despedir, eu traballei nisto toda a miña vida, non sei facer outra cousa.

- Olle, eu comprendo, pero non podo fazer nada por ti. Imos darlle unha boa indemnización e espero que atope algo que facer. Eu o sinto moito e deséxolle moita sorte.
Sen máis nin menos, deu media volta e marchou. O porteiro sentiu como se o mundo se lle desmoronase. ¿Que ía facer?

Lembrou que no prostíbulo, cando quebraba algunha cadeira ou mesa, el a arranxaba, con coidado e cariño. Pensou que esta podería ser unha boa ocupación ata conseguir un emprego. Mais só contaba con algúns cravos enferruxados e un alicate mal conservado.

Usaría o diñeiro da indenización para mercar unha caixa de ferramentas completa.
Como o pobo non tiña ferrataría, debería viaxar dous días nunha mula para ir ao poboado máis próximo para realizar a compra. E así o fixo.

Ao seu regreso, un veciño bateu a súa porta:

- Veño para preguntar se ten un martelo para me prestar.

- Si, acabo de compralo, mais eu preciso del para trabalhar...

- Ben, pero eu llo devolverei mañá ben cedo.

- Se é así, vale.
Na mañá seguinte, como había prometido, o veciño bateu á porta e dixo:

- Olla, aínda preciso do martelo. ¿Por que non mo vende?

- Non, eu preciso del para traballar e ademais a casa de ferramentas máis próxima
está a dous días de viaxe en mula.

- Fagamos un trato -
di o veciño. - Pagarei os días de ida e volta máis o prezo do martelo, xa que estás sen traballo de momento. ¿Que lle parece?
Realmente, isto lle daría traballo por dous días máis... aceptou.
Voltou a montar na súa mula e viaxou. Ao seu regreso, outro veciño o esperaba na porta da súa casa.

- Ola, veciño. Vendícheslle un martelo ao noso amigo e eu preciso dalgunhas ferramentas, estou disposto a pagarlle os seus días de viaxe, máis un pequeno lucro para que as compres para min, pois non dispoño de tempo para viaxar para facer compras. ¿Que lle parece?
O exporteiro abriu a súa caixa de ferramentas e o seu veciño escolleu un alicates, unha chave inglesa e un martelo. Pagou e marchou. E o noso amigo gardou as palabras que escoitara: "non dispoño de tempo para viaxar para facer compras".

Se isto fose certo, moita xente podería necesitar que el viaxase para traer as ferramentas.

Na viaxe seguinte, arriscou un pouco máis de diñeiro traendo máis ferramentas das que vendera.

De feito, podería economizar algún tempo en viaxes. A nova comezou a espallarse polo pobo e moitos, querendo economizar a viaxe, facíanlle algún encargo.

Agora, como vendedor de ferramentas, unha vez por semana viaxaba e traía o que precisaban os seus clientes.

Co tempo, alugou un local para almacenar as ferramentas e algúns meses despois, comprou unha vitrina e un mostrador e transformou o local na primeira ferrataría do pobo.

Todos estaban contentos e compraban alí. Xa non viaxaba, os fabricantes lle enviaban os seus pedidos. Era un bo cliente.

Co tempo, as persoas dos pobos veciños preferían mercar na súa ferrataría, que gastar días en viaxes.

Un día lembrou dun amigo seu que era torneiro e ferreiro e pensou que este podería fabricar as cabezas dos martelos. E logo, por que non, as chaves inglesas, os alicates, etc.. E máis adiante foron os cravos e os parafusos...

En poucos anos, o noso amigo transformouse, co seu traballo, nun rico e próspero fabricante de ferramentas.

Un día decidiu donar unha escola ao pobo. Nela, ademais de ler e escribir, os rapaces aprenderían algun oficio.

No día da inauguración da escola, o alcalde entregoulle as chaves da cidade, o abrazou e díxolle:

- É un gran orgullo e gratidade que lle pedimos que nos conceda a honra de colocar a sua sinatura na primeira páxina do Libro de Atas desta nova escola.

- A honra sería miña -
di o home. - Sería a cousa que máis pracer me daría, asinar o Libro, pero eu non sei ler nin escribir, son analfabeto.

- ¡¿¡¿Vostede?!?! -
di o alcalde sen crer. - Construiu um imperio industrial sen saber ler nin escribir? Estou asombrado. Eu pregunto: ¿que tería sido do Señor se soubese ler e escribir?

- A iso podo responder -
di o home con calma. - Se soubese ler e escribir... ¡aínda sería o porteiro do prostíbulo!

Xeralmente os cambios son vistas como adversidades. As adversidades poden ser benzóns. As crises están cheas de oportunidades.

Se alguén lle pecha a porta, non gaste enerxía co enfrontamento, procure as xanelas. Lémbrese da sabedoría da auga: "a auga nunca discute cos seus obstáculos, pero os contorna".

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 6:41:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA