Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, junho 30, 2007

Parábola do sábado: A pedra


O distraído nela tropezou; o bruto usouna como proxectil; o emprendedor, usándoa, construiu; o campesiño, canso da xornada, dela fixo un asento; para os rapaces, foi un xoguete. Drummond poetizouna; con ela, David matou a Goliat, e Michelangelo extraiulle a máis bela escultura...

E en todos eses casos, a diferenza non estivo na pedra, ¡senón no home!


Non existe pedra no seu camiño que non poidas aproveitar para o teu propio crecemento.

Cada intre que pasa é unha pinga de vida que nunca máis volve a caer, aproveita cada pinga para evolucionar...

Das oportunidades saibas tirar o mellor proveito, talvez non teremos outra oportunidade.


Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:05:00 da tarde por kaka      0 comentarios

quarta-feira, junho 27, 2007

Selectividade


Como vos prometera nunha entrada anterior, vou publicar aquí as miñas notas na selectividade para aqueles a quen lles interese, sen ningunha intención de presumir, pois os resultados tampouco se prestan moito para iso... Así que chicos aí quedan:

Lingua Castelá e Literatura7´5
Lingua Galega e Literatura6´5
Historia7´0
Inglés7´0
Matemáticas9´0
Física4´0
Debuxo Técnico II9'0

Soamente dicir que estas notas supoñen un 7 como calificación final das PAAU e que, polo tanto, me queda un 6'82 de media final, pendente da reclamación nas linguas e física. A ver se hai sorte e con iso podo entrar a facer Arquitectura en Barcelona...

Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:51:00 da tarde por kaka      0 comentarios

segunda-feira, junho 25, 2007

A polla de fútbol


Hoxe quero presentarvos unha comunidade na que participo dende hai uns poucos días e que ofrece un interesante entretemento que quería compartir convosco. Mirade:

Yo estoy jugando la polla de futbol

A polladefutbol é unha web onde apostar sobre os resultados de partidos de futbol das ligas máis importantes de América e Europa. É un xogo tradicional en moitos países de latinoamérica no cal se suman puntos cos acertos nos marcadores dos partidos, que o participante vai acumulando ao longo de toda a competición. Ao final, quen maior cantidade de puntos sume, será o ganador.

É un lugar onde se pode demostrar canto sabe de fútbol e pasar un bo rato con hinchas de todo o mundo. A polla de futbol é unha comunidade mundial de aficionados ao fútbol que compiten entre si por ostentar el título de vencedor e viven intensamente o deporte, sen fins comerciais.

O seu nome (polla) vén, segundo a wikipedia, da americanización da palabra inglesa poll. En México, España e noutros países se lle coñece como Quiniela ou Porra.

Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:36:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sábado, junho 23, 2007

Parábola do sábado: O maior amor


Nunha aldea do Vietnam, un orfanato dirixido por un grupo de misioneiros foi atingido por un bombardeo. Os misioneiros e dous rapaces atoparon inmediatamente a morte, mentres as restantes ficaron gravemente feridas. Entre elas, unha meniña de oito anos, considerada en peor estado.

Era necesario pedir axuda por radio e, logo dun tempo, un médico e unha enfermeira da mariña dos EE.UU. chegaron ao local. Terían que actuar rapidamente, senón a nena morrería debido aos traumatismos e á perda de sangue. Era urxente facer unha transfusión, ¿mais como?
Logo dalguns tests rápidos, puideron perciber que ninguén alí tiña sangue. Reuniron aos rapaces e, mediante xestos, tentaban explicar o que estaba acontecendo e que precisarían dun voluntario para doar sangue. Despois dun silencio sepulcral, viuse un braço magriño erguerse timidamente. Era un rapaz chamado Heng.

El foi preparado axiña ao lado da nena agonizante, e espetaronlle unha agulla na vea. Mantíñase quediño e co ollar fixo no teito. Pasado algun momento, deixou escapar un salouco e tapou o rosto coa man que estava libre. O médico preguntoulle se lle estaba doendo e el negou. Mais non tardou moito en saloucar de novo, contendo as bágoas.

O médico ficou preocupado e voltou a preguntarlle, e novamente negou. Os saloucos ocasionais deron lugar a un choro silencioso, pero ininterrumpido. Era evidente que algo estaba errado. Foi entón cando apareceu unha enfermeira vietnamita chegada doutra aldea. O médico pediulle que procurase saber o que estaba acontecendo con Heng. Coa voz meiga e doce, a enfermeira foi conversando con el e explicando cousas e o rostro do rapaz foise aliviando...

Minutos despois, el estava novamente tranquilo. A enfermeira entón explicou aos americanos:


- Pensou que ía morrer, non tiña entendido dereito o que vostedes dixeron e achou que tería que dar todo o seu sangue para que a nena non morrese.
O médico aproximouse a Heng e coa axuda da enfermeira, preguntou:

- Pero, se era así, ¿por que te ofreciches para doar sangue?
E Heng respondeu:

- ¡Ela é a miña amiga!


Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:11:00 da manhã por kaka      0 comentarios

quarta-feira, junho 20, 2007

Roma


Hoxe atopei por casualidade unha nova curiosa, que aínda data de hai 20 días, sobre a cidade de Roma... a ver que vos parece, a min chamoume moitísimo a atención... e creo que non é para menos.


Un grupo de científicos informou o xoves do descubrimento de partículas de cocaína e marihuana, ademais de cafeína e tabaco, no aire da capital italiana.

A concentración máis alta de drogas atopouse na zona da Universidade de La Sapienza, aínda que o doutor Angelo Cecinato, do Centro Nacional de Investigación (CNR), advertiu en contra de sacar conclusións precipitadas sobre as costumes recreativos dos estudantes.

Os expertos calificaron o seu estudo como "o primeiro no mundo que amosa a presenza de partículas de cocaína suspendidas na atmosfera da cidade".

O equipo tomou mostras en Roma, na cidade de Tarento (no sur do país), e na capital de Alxeria. Nas tres cidades achouse nicotina e cafeína, "o que demostra que expandido está o consumo destas substancias e como se manteñen na atmosfera", indicou nun comunicado o CNR, financiado polo Estado.

A concentración de cocaína na atmosfera de Roma foi de só 0,1 nanogramos por metro cúbico durante os meses de inverno, segundo os expertos. Sen embargo, as conclusións son preocupantes para a saúde pública.

"Está ben documentado que incluso pequenas concentracións destes contaminantes no aire poden danar gravemente a saúde", manifestou o doutor Ivo Allegrini, do Instituto sobre a Contaminación Atmosférica del CNR.


Aaainss... que lembranzas me trae da excursión do ano pasado, mágoa que este ano non tivesemos, e faime preguntar se daquela aínda pululaba esa basura por alí... iso explicaría moitas cousas, de feito algúns ata é probable aínda a leven dentro (espero que non sexa o meu caso...).

Sen máis...

PD: todo isto podedes lelo aquí.

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:31:00 da manhã por kaka      0 comentarios

segunda-feira, junho 18, 2007

kaka's flog


Bueno señores, creo que por fin podo anunciar a definitiva inauguración do meu flog, recoñecendo a súa humildade e peculiar estilo (dito con palabras exactas que do palo e bastante pirata).

Malia todo gustoume o resultado, pois a diferenza da moda tan extendida dos fotologs do servidor co mesmo nome, eu decidín adaptar un blog a esas funcións porque me permite editalo como eu queira (e non só a cor do fondo) e poder ser todo o orixinal (ou friki, cada un pode entendelo como queira) que me pete e, sobre todo, ademais de imaxes, podo poñer videos e incluso música.

Pois iso, espero recibir as vosas visitas e os vosos comentarios serán sempre ben recibidos.

Deixarei aquí un banner por se alguén quere enlazarme ou algo, o problema é que ao reducilo moito amorfase... non caera no detalle e estoume decatando agora, pero para o que vale ben está; de todos os xeitos, se alguén dun tamaño máis reducido pode dicirmo que lle amaño un máis axeitado. Veña, velaí esta, co link incluído:

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:13:00 da manhã por kaka      0 comentarios

domingo, junho 17, 2007

Liga en xogo


Bueno chicos, como por todos é sabido, esta tarde decídese a Liga, e cando digo a Liga refírome ao descenso, a UEFA e, por suposto, ao campión. E sobre isto quero permitirme facer a miña aposta e esbardallar un pouco ao respecto.

Manifestar que non quero que gañe o Real Madrid a liga, porque non me cae nada ben por ese aire superior que se dan, e o presidente tampouco colabora moito... se cadra o amigo Calderón debería lembrar que xa non é un aficionado máis e que representa a toda unha institución á que van a xulgar polos seus comportamentos, algo que parece que non importarlle moito.

A victoria do Sevilla tampouco me fai moito chiste, pois xa gañou a UEFA e aínda pode gañar a Copa do Rei e non mola que se leven todo, hai que ser bos e saber compartir; ademais o seu presidente tampouco me cae moi ben, apenas levan un par de anos na pomada e xa se cre o rei da festa e tampouco é así, ademais o Sr. Do Niño é o avogado de Julián Muñoz, e non sei, vendo como está o asunto, non sorprendería que o empapelasen en breves... vamos, que para min o señor este vai camiño de ser o novo Jesús Gil, que en paz (ou en Venezuela) descanse.

Queda o Barça, certo, pero tampouco me fai moita ilusión que gañe pero neste caso non porque lle teña nada que reprochar, sinxelamente os equipos poderosos, en xeral, non me gustan porque monopolizan a atención mediática minusvalorando o resto.

En resumo, que se ten que gañar un eu prefería que gañara o Depor, pero como a estas alturas xa non pode, pois que gañe o Barça, pero realmente tampouco me importaría moito que o fixera outro. Nin me vai nin me ven.

No que se refire á UEFA confeso abertamente que me gustaría que se clasificaran Zaragoza e Vilarreal, pois considero que son os que máis xogaron ao fútbol (non sempre con exito), especialmente o primeiro. Mais dicir que non teño nada contra o Atlético de Madrid, que incluso me caen ben os coitadiños quedando sempre co mel nos beizos, pero, outro ano máis, creo que non fixeron os méritos necesarios.

No descenso dicir que estando o Nástic xa descendido, os outros dous postos dariallos ao Betis, porque o Señor Lopera tampouco me parece moi simpático; e a Celta ou Real Sociedade indistintamente, porque aínda que son do Depor e recoñezo que ver ao Celta en 2º división é sempre divertido, se baixa quedamos sen derbi e con 6 puntos menos o ano que ven; tampouco hai nada que me de motivos para querer que a Real Sociedade se salve. De feito, ningún dos dous fixo moito para merecelo, pero aí están. Dicir que non quero o Athletic de Bilbao descenda, porque é un histórico moi peculiar e unha liga sen o Athletic pois non sería o mesmo.

Pois iso, xa queda todo dito. Agora que Deus reparta sorte.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:59:00 da tarde por kaka      2 comentarios

sábado, junho 16, 2007

Parábola do sábado: Estrelas e cometas


¡Os cometas pasan! ¡As estrelas permanecen! Hai moita xente cometa: pasan pola nosa vida apenas por instantes, xente que non se prende a ninguén...


¡Sen amigos! Pasan pola vida sen alumar... sen quentar... sen deixar pegada. Mais o máis importante é ser Estrela: estar presente, acompañar, ser luz, ser calor, ser vida...

¡Amigo é Estrela! Poden pasar os anos, xurdir distancias... pero a marca fica no corazón. E moitos son cometas por un momento. Ser cometa non é ser amigo. É ser compañeiro puntual, explorar sentimentos, ser aproveitador das persoas e das situacións, facer confiar e desconfiar ao mesmo tempo. A soidade é o resultado dunha vida cometa.

¡Ninguén fica! ¡Todos pasan! E nós tamén pasamos polos outros. Precisamos urxentemente crear un mundo de estrelas. Podermos velas, sentilas todos os días, poder contar con elas, sentir súa luz e calor.

Así son os amigos: luz nos momentos escuros, pan nos momentos de fraqueza, seguridade nos momentos de desánimo, nacer e ter vivido, non só existir.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:16:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sexta-feira, junho 15, 2007

Regreso


Jooo, pois tras tanto tempo sen actualizar síntome na obriga de dar unha mínima explicación a todas aquelas persoas que se preocuparon pola miña ausencia durante este tempo, que se cadra non foron moitas pero polo que sei algunha si (lease a postdata).

Dicir entón que me vin na obriga de deixar algunhas cousas temporalmente para centrarme nos meus estudos, que non significa que non puidese compaxinar todo, senón que son un desastre e que ía acabar empregando calquera distración que tivese á miña disposición para perder o tempo, e se quería rendir tiña que tomar decisións drásticas. E iso foi o que aconteceu...

Sen embargo, os resultados non foron tam bos como eu agardaba, pois apenas subiron 0'3 décimas respecto ao ano pasado, é dicir, que este ano tiven un 6'888888888... e que no bachiller quedoume unha media de 6'722222222... que é xusto o que preciso para entrar en arquitectura, polo que, tendo en conta que é moi probable que suba, é necesario que mellore a miña nota nos recén acabados exames de selectividade, algo que tampouco descarto porque (agás física) en xeral eran todos bastante sinxelos comparados con anos anteriores. De todas formas, cando o 26 saiba os resultados xa vos comentarei... a ver se teño sorte e entro aquí en A Coruña para non ter que marchar por aí adiante.

Pois iso señores, espero que me poidades perdoar calquera molestia que vos provocara a miña ausencia.

Sen máis...

PD: Quería agradecerlle (diría persoalmente, pero non é totalmente correcto...) a Mariña a preocupación que amosou pola miña ausencia, que aprezo moito os seus comentarios e que me fixo moita ilusión o seu correo!!

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:22:00 da manhã por kaka      1 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA