Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

quinta-feira, junho 23, 2005

"Oliver y Benji"


Con este post pretendo analizar unha das series infantís que viamos, ou via eu, de pequeno. De todas formas a maioría dos lectores sodes da miña quinta (de feito ides na miña clase.....) e penso que tamén a recordaredes.

A primeira serie que cae no analise exhaustivo é "Campeones", coñecida vulgarmente como "Oliver y Benji" porque eran os protagonistas da serie, máis ben ao principio, pois podería haberse chamado Oliver e ninguén notaría a diferenza.

A serie basicamente consistía nuns rapaces xaponeses aos que lle gustaba xogar ao fútbol, e non só iso, senon que ademáis eran uns cracks de coidado. Primeiro erro garrafal da serie xa que como todos sabemos os xogadores bos de fútbol no están en Japón senon en España (jajajaja..... iso é o que di Míchel en cada partido da selección), os bos xogadores de fútbol adoitan ser brasileiros (agas eu, k son a escepcion k konfirma a regra).O creador da serie sabíao e creou a persoaxe de Roberto, un crack brasileiro venido a menos que decide adestrar a Oliver. A serie básase nun pique entre o Oliver e o porteiro Benji, un portero prepotente ao que nunca lle meteran un gol na súa vida ata que Oliver un día e de puro peido manda un balón desde a súa casa ata o campo (uns 5 kilómetros) e lle mete un gol a Benji por pillalo despistado. Todavía non logro comprender como un chaval, ao que lle boto uns 10 anos, puido disparar un tiro tan potente, que nin Roberto Carlos oye...

Oliver era un rapas moi simpático que conseguía levarse ben con todo o mundo e que ademáis xogaba ben ao fútbol. Ademáis consegue que se namore del unha tal Patty que vai animar a todolos partidos habidos e por haber. Oliver recala nun clube chamado Niupi (a saber como se escribe, logo convertido a NewTeam [Niutín familiarmente]) no que todolos xogadores son malísimos menos Oliver que despunta pola sua calidade. Sólo con Oliver o equipo e capaz de ganar ata ao mellor dos outros, usando a táctica só vista nesta serie: Oliver corre co balón e os demás o seguen aos lados nunha carreira eterna que pode chegar a durar unha hora e ademáis costa arriba, xa que o campo de “Campeones” e o campo con máis kilómetros do mundo y que ademáis esta empinado.

Benji era un porteiro chuleta, así como Cañizares pero k aínda dá máis rabia. E que ademáis tiña unha gorra de aceiro como podiamos ver que nunca se lle vían os ollos se a levaba posta; aínda non sei como conseguía facer tantas paradas con ela. Pero o colmo chegou o día que Benji parou un balón coa gorra, de aí que pensemos que sexa de aceiro, xa que lanzou a gorra a un lado e consiguiu parar un balón así.
Ademáis era unha serie na que vías sufrir aos chavales, ¿cómo consentían os pais que os rapaces xogasen en tales condicions? Había un rapas que se chamaba Julian Ross que atención: ¡Estaba enfermo do corazón! e cada partido seu era unha loita entre a vida e a morte na que o chaval estaba siempre ao borde do infarto. ¿Pero que clase de sádicos eran os seus pais e o adestrador que o ponía? O máis curioso é que nese estado o chaval metía goles e todo. Por non falar das múltiples lesións de Oliver, que máis que ir a xogar un partido parecía que ía á guerra. Cun pe lesionado, o ombreiro tamén, arrastrábase polo campo e non consentía que o adestrador o cambiase. E aínda así, tamén metía goles e conseguía que o seu equipo gañase xa que non podían prescindir del.

Oliver tiña un antagonista, que era Marc Lenders, un chuloputas de barrio que ía sempre arremangado para ensinar musculito, o tío era capaz de chutar balóns con cunha potencia incrible coa que conseguía arrastrar xogador tras xogador do equipo contrario que apesar dos seus intentos por parar o balón co estómago (cousa bastante curiosa) só conseguían aparecer dentro da portería cun dolor abdominal bastante serio. O mellor é cando o balón lles apretaba o estómago e se agarraban ao palo para no caer dentro da portería, ¡¡¡¡que loita!!!!, que pundonor demostraban aqueles chavalines. Chavalines nas que se atopaban figuras como Bruce Harper, Ed Warner, os irmáns xemelgos Derrick, Phillip Callaghan, Tom Becker (ou como queira que se escriban os seus nomes). Personaxes míticos da televisión que merecen unha descripción personalizada,dos que xa daremos conta máis adiante.
Pois antes de nada, antes de que apareceran os personaxes sempre había algo que se me esquecía: a canción de inicio. Non se sabía con total seguridade se ao principio da canción dicía “Oa, oa oa ooo”, ou polo contrario “Oo, oo, oo ooo”, todo un debate político que quedou sen solución. Logo continuaba co mítico:

“Oliver, Benji, los magos del balón
Benji, Oliver, sueños de campeón
Benji, Oliveeeerr, ¡¡hay que marcar otro gol!!”

Despois disto comezaba o capítulo no que casualmente xogaban ao fútbol. ¿Quen o diría nunha serie adicada a este deporte? A xente que esperaba un partido de baloncesto apagaba a tele e xa está. Todos contentos. O máis curioso dos partidos non eran as tácticas inexistentes, nin os chupinazos infernais e tiros do halcón ou movidas do estilo. Non señor. O máis curioso dos partidos era que en partidos de infantiles houbese 100.000 espectadores de público en cada partido; e non só iso, tamén comentarista. ¿Onde se viu nun partido de fútbol que o comentarista comente para o estadio enteiro? ¿Non debería retransmitir para a radio ou a tele?

Pero e que ademais se daban casos coma este:

“Atención Marc Lenders se va soloo..... ¡Cuidado Marc, que te vienen por detrás!
- ¡Gracias comentarista!”

E conseguía esquivar a entrada. Entradas sempre a ras de chan e sen faltas. Era unha serie que por moitos viaxes que se desen os xogadores no houbo nunca faltas, unha vez vín que sacaron unha tarxeta e tiven que esperar dun capítulo a outro para saber de qué cor era..... iso é xogar coa tensión de rapaces pequenos... que pouca consideración...

Agora si, chegou aora de comentar os xogadores que deixamos antes esquecidos, comecemos, por exemplo, con Bruce Harper (ou Alper ou algo así). Bruce era o defensa malo do equipo, amigo de Oliver a morte. A pesar de ser tan malo ía sempre á selección, aos equipos bos, etc. Como Ivan Campo cando foi ao mundial sen sen haber debutado coa selección anteriormente... Bruce sempre recibía todos os balonazos, e sempre á cabeza, que o pobre, ao ser tan cabezón debía ser fácil darlle...
Outro personaxe mítico da serie era Tom Becker (ou Beiquer). Tom era o fillo dun pintor de brocha fina, é decir, un pintor de paisaxes e tal. Pola profesión do pai, tiñan que viaxar moito dun lugar para outro e a Tom non lle daba tempo a facer amigos. Pero Tom era un crack, o inseparable de Oliver e o que ayudou a conseguir moitas victorias. Tom, se a memoria non me falla, foi compañero de Phillip Callaghan en anos anteriores, personaxe importante da serie tamén.
Callaghan era o capitán doutro equipo rival do NewTeam nos campeonatos, o Flynet. Este xogador ía de crack e logo Oliver sempre lle gañaba, bueno, como a todos os que quixeron retar ao protagonista, exceptuando aquel campeonato que o equipo de Marc Lenders derrotou ao de Oliver. Un día os Flynet sacaron cintas para o pelo para ver se ganaban, en plan kamikazes. Mais non conseguiron nada, descubriron por primeira vez que a superstición non vale para nada.
Ed Warner era o porteiro do Tojú, o equipo de Marc Lenders. Era un antigo karateka que decidiu facerse porteiro de fútbol. ¿Por qué? Porque se liga máis, está claro. ¿¡¿¡¿¡Fixádevos como a Casillas hai que sacarlle as mozas do pescozo!?!?!? Ed nunca olvida que a súa vocación inicial era o kárate e usa todas as técnicas dese deporte para parar balóns. ¿Pegando patadas aos delanteros? Non, é unha serie xaponesa pero dentro do que cabe non era violenta... Warner aproveitaba as súas habilidades para parar balóns cando sabía que non era capaz de alcanzalo. Sabendo ademáis que nesa serie os chuts ían a cámara lenta (pero con velocidades supersonicas, algo curioso), saltaba a un palo e impulsándose cos pes conseguía alcanzar o balón. Un espectáculo en toda regra.

Por último, os personaxes máis carismáticos da historia de “Oliver y Benji” eran sen dúbida os irmáns Derrick, con eses dentes saídos para fóra. Todo o mundo lembra a mítica catapulta infernal e aquela na que os chavales subían polos palos da portería como se fosen ninjas expertos. A táctica era: un se quedaba no chan coas plantas dos pes para fóra e o outro saltaba sobre o seu irmán para que o impulsase uns 100 metros para arriba (metro arriba, metro abaixo) e conseguise facer unha chilena tan espectacular que o porteiro non se movería nin un ápice ao ver chegar o balón. Porque os porteiros tiñan iso, que se movían menos que os ollos de Espinete.

Dicirvos que as imaxes deste post saqueinas daquí, por se a alguén quere velas ou algo, e o contenido do blog do amigo de el mundo está loco, .

Bueno posteade axiña que teño outro anaco, que analiza físicamente o mundo de "Oliver y Benji" e que non poño todavía porque aínda hai que cristianizalo.

Sen mais.....

Etiquetas: , ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:30:00 da tarde por kaka      6 comentarios

6 Comentarios:

Blogger Sinuh3 dixo...

xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD ese Oliver&Benjiiiiiiiiii, rapas de pekeno eran os meus putos idolos!!!! xDDDDDDDD pon axiña o outro caxo do post, x se é o ke eu kreo si k é un descaralle total, non sera ese no k analizan pq o balon tardaba dous kapitulos e medio en chegar da liña de penalti ata a porteria? e k analiza as medidas do campo pq podian pasar 4 kapitulos pra ir da porteria ata soamente o medio do kampo??? se é ese pono axiña!!!!!!!!!!!

quinta jun. 23, 09:50:00 da tarde  
Blogger Eriol dixo...

diossss é boisimo xDDDDDDD que recordos de infancia xD

domingo jun. 26, 11:31:00 da tarde  
Blogger Cocojo dixo...

Claro que necesitan comentariasta ¿a ti te alcanza la vista para ver un balon a 8 kilometros? y si ellos no ven la porteria como la va a ver un espectador?

sábado jul. 02, 12:37:00 da tarde  
Blogger kaka dixo...

bo analise.... niso non pensara

sábado jul. 09, 08:46:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

jaja o te aburres mucho o analizas mucho las cosas... pero se te ha olvidado un pequeño detalle... la relación tan profunda entre Tom Baker y Oliver Aton... hay quien dice que eran gays y pareja....
Y que me dices de Marc Lender... ese cuerpo metrosexual que teoricamente iba de pobre... pobre?? con ese cuerpo de gimnasio y seguramente atiborrado de pastis para aumentar masa muscular!!
Que poca vergüenza!!
Besos

quarta dez. 07, 10:15:00 da tarde  
Blogger morri dixo...

Hola, soy el autor del post de Oliver y Benji. Nada, agradecerte el enlace y me alegro que te haya gustado.
La verdad, vaya curro el traducirlo al gallego :O
Saludos!

segunda ago. 07, 11:08:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA