Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, agosto 11, 2007

Parábola do sábado: A escada


A miña amiga Bieita facía progresos, recuperándose lentamente dun derrame cerebral. Ela aínda loitaba para sentarse direita e falar.

Cada vez que a visitei no asilo, as liñas de frustración no seu rostro estaban un pouco máis profundas. A frase que máis pronunciaba era

- ¿Por que?
E nada que eu dixese traíalle conforto. Loitei tamén, nas miñas oracións pedín,

- Señor, ¿como podo axudar?
Certa noite despedinme de Benita e fun xantar coa miña nai. Fun ao baño lavar as mans e notei algo peculiar: unha longa faixa de papel hixiénico cobría boa parte da bacía da pía.

- Nai, ¿que está facendo este papel aquí? - preguntei.

- Había unha araña na pía. Ela deslizaba toda vez que tentaba saír e eu quixen axudala, e
entón fixen unha escada. -
respondeu miña nai.

- Acho que funcionou, xa non está. - respondín.
Retirei a "escada", pensando na miña amiga Benita. Ela tamén estaba presa, e eu xa tiña traballado moito tentando levantala. Tal vez o que precisase fose máis
como o que miña nai tiña ofrecido á araña.

Na miña seguinte visita, Benita outra vez preguntou,

- ¿Por que?
Eu non tentei achar unha razón. Collín a súa man e, no silencio, eu vín como a amizade pode ser unha escada. Palabras ou explicacións deixaron de ser necesarias, abondaba a simple confianza da amizade e a miña amiga Bieita percibiu que non encararía soíña a súa loita.
Non deixes a quen queres, encarar unha loita como esa soíña... que a amizade pura sexa a escada que lle traerá unha alegria para toda vida...




Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:19:00 da tarde por kaka      6 comentarios

sábado, agosto 04, 2007

Parábola do sábado: O prezo do sal


Nixivan había reunido aos seus amigos para xantar, e estaba cociñando un suculento pedazo de carne. De súpeto, percibiu que o sal había terminado. Nixivan chamou ao seu fillo:


- Vai ata a aldea e merca sal. Pero paga un prezo xusto por el: nin máis caro, nin máis barato.

O fillo ficou sorprendido:


- Comprendo que non deba pagar de máis, papá. Pero, se pode aforrar un pouco, ¿por que non economizar o diñeiro?
E o pai respondeu:


- Nunha cidade grande, iso é aconsellábel. Pero, nunha cidade pequena coma a nosa, toda a aldea perecerá.
Cando os convidados, que tiñan asistido á conversa, quixeron saber porque non se debía comprar o sal máis barato, e Nixivan respondeu:


- Quen vende o sal abaixo do prezo, debe estar facendo así porque precisa desesperadamente o diñeiro. Quen se aproveita desta situación, estará amosándose irrespectuoso pola suor e pola loita dun home que traballou para producir algo.
E os amigos retrucaron:

- Mais iso é moi pouco para que unha aldea sexa destruída.
Entón Nixivan sabiamente contestou:

- Tamén no inicio do mundo, a inxustiza era pequena. Pero cada un que veu despois terminou acrecentando algo, sempre achando que non tiña moita importancia, e mirade onde terminamos chegando hoxe.


Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:04:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sábado, julho 28, 2007

Parábola do sábado: Ti podes


¿Que acontecería se fose eliminada a frase "eu non podo" do seu vocabulario?

Se "eu non podo" non fose máis unha opción, estarías forzado a substituílo con "eu vou" ou "eu non vou". Pensa canta confianza, claridade, optimismo e poder traería.

Moi frecuentemente "eu non podo" é usado como un medio de fuxir da responsabilidade das súas propias posibilidades. Cada vez que dis "eu non podo", para si mesmo ou para outra persoa, estás argüíndo as propias limitacións. Cando repudias a túa responsabilidade tamén negas a propia eficacia.

"Eu non podo" é raramente verdadeiro. Normalmente significa "estou moi desmotivado para" ou "non quero facer o esforzo necesario para".

Hai poucos obstáculos que sexan insuperábeis. Aínda máis, repetir continuamente "eu non podo" fai que te creas cada vez máis incapaz, na túa propia mente, de conseguir algo feito.

Na próxima vez que estes tentado a dicir "eu non podo", pare e pregúntese se é realmente verdadeiro. Sexa claro, directo e honesto consigo mesmo e te encontrarás dicindo "eu non podo" moito menos.


Cando tes o desexo e as ganas, tamén tes a capacidade. Podes facer o que queiras. Se os vas facer ou non... é cousa túa.




Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 4:47:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sábado, julho 21, 2007

Parábola do sábado: O porteiro do prostíbulo


Non había no poboado peor oficio que o de porteiro do prostíbulo. ¿Pero que outra cousa podería facer aquel home? O feito é que nunca aprendeu a ler nin escribir, non tiña ningunha outra actividade ou ofício.

Un día, entrou como xerente do prostíbulo un mozo cheo de ideas, creativo e emprendedor, que decidiu modernizar o establecemento.

Fixo cambios e chamou aos empregados para as novas instrucións. Ao porteiro díxolle:

- A partir de hoxe, ti, ademais de ficar na porteria, vas preparar un relatorio semanal onde rexistrará a cantidade de persoas que entran e os comentarios e reclamacións que fagan sobre os servizos.

- Eu adoraría facer iso -
dixo -, mais eu non sei ler nin escribir...

- ¡Oh! ¡Canto o sinto! Pero se é así, xa non poderá seguir traballando aquí.

- Pero non me pode despedir, eu traballei nisto toda a miña vida, non sei facer outra cousa.

- Olle, eu comprendo, pero non podo fazer nada por ti. Imos darlle unha boa indemnización e espero que atope algo que facer. Eu o sinto moito e deséxolle moita sorte.
Sen máis nin menos, deu media volta e marchou. O porteiro sentiu como se o mundo se lle desmoronase. ¿Que ía facer?

Lembrou que no prostíbulo, cando quebraba algunha cadeira ou mesa, el a arranxaba, con coidado e cariño. Pensou que esta podería ser unha boa ocupación ata conseguir un emprego. Mais só contaba con algúns cravos enferruxados e un alicate mal conservado.

Usaría o diñeiro da indenización para mercar unha caixa de ferramentas completa.
Como o pobo non tiña ferrataría, debería viaxar dous días nunha mula para ir ao poboado máis próximo para realizar a compra. E así o fixo.

Ao seu regreso, un veciño bateu a súa porta:

- Veño para preguntar se ten un martelo para me prestar.

- Si, acabo de compralo, mais eu preciso del para trabalhar...

- Ben, pero eu llo devolverei mañá ben cedo.

- Se é así, vale.
Na mañá seguinte, como había prometido, o veciño bateu á porta e dixo:

- Olla, aínda preciso do martelo. ¿Por que non mo vende?

- Non, eu preciso del para traballar e ademais a casa de ferramentas máis próxima
está a dous días de viaxe en mula.

- Fagamos un trato -
di o veciño. - Pagarei os días de ida e volta máis o prezo do martelo, xa que estás sen traballo de momento. ¿Que lle parece?
Realmente, isto lle daría traballo por dous días máis... aceptou.
Voltou a montar na súa mula e viaxou. Ao seu regreso, outro veciño o esperaba na porta da súa casa.

- Ola, veciño. Vendícheslle un martelo ao noso amigo e eu preciso dalgunhas ferramentas, estou disposto a pagarlle os seus días de viaxe, máis un pequeno lucro para que as compres para min, pois non dispoño de tempo para viaxar para facer compras. ¿Que lle parece?
O exporteiro abriu a súa caixa de ferramentas e o seu veciño escolleu un alicates, unha chave inglesa e un martelo. Pagou e marchou. E o noso amigo gardou as palabras que escoitara: "non dispoño de tempo para viaxar para facer compras".

Se isto fose certo, moita xente podería necesitar que el viaxase para traer as ferramentas.

Na viaxe seguinte, arriscou un pouco máis de diñeiro traendo máis ferramentas das que vendera.

De feito, podería economizar algún tempo en viaxes. A nova comezou a espallarse polo pobo e moitos, querendo economizar a viaxe, facíanlle algún encargo.

Agora, como vendedor de ferramentas, unha vez por semana viaxaba e traía o que precisaban os seus clientes.

Co tempo, alugou un local para almacenar as ferramentas e algúns meses despois, comprou unha vitrina e un mostrador e transformou o local na primeira ferrataría do pobo.

Todos estaban contentos e compraban alí. Xa non viaxaba, os fabricantes lle enviaban os seus pedidos. Era un bo cliente.

Co tempo, as persoas dos pobos veciños preferían mercar na súa ferrataría, que gastar días en viaxes.

Un día lembrou dun amigo seu que era torneiro e ferreiro e pensou que este podería fabricar as cabezas dos martelos. E logo, por que non, as chaves inglesas, os alicates, etc.. E máis adiante foron os cravos e os parafusos...

En poucos anos, o noso amigo transformouse, co seu traballo, nun rico e próspero fabricante de ferramentas.

Un día decidiu donar unha escola ao pobo. Nela, ademais de ler e escribir, os rapaces aprenderían algun oficio.

No día da inauguración da escola, o alcalde entregoulle as chaves da cidade, o abrazou e díxolle:

- É un gran orgullo e gratidade que lle pedimos que nos conceda a honra de colocar a sua sinatura na primeira páxina do Libro de Atas desta nova escola.

- A honra sería miña -
di o home. - Sería a cousa que máis pracer me daría, asinar o Libro, pero eu non sei ler nin escribir, son analfabeto.

- ¡¿¡¿Vostede?!?! -
di o alcalde sen crer. - Construiu um imperio industrial sen saber ler nin escribir? Estou asombrado. Eu pregunto: ¿que tería sido do Señor se soubese ler e escribir?

- A iso podo responder -
di o home con calma. - Se soubese ler e escribir... ¡aínda sería o porteiro do prostíbulo!

Xeralmente os cambios son vistas como adversidades. As adversidades poden ser benzóns. As crises están cheas de oportunidades.

Se alguén lle pecha a porta, non gaste enerxía co enfrontamento, procure as xanelas. Lémbrese da sabedoría da auga: "a auga nunca discute cos seus obstáculos, pero os contorna".

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 6:41:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sábado, julho 14, 2007

Parábola do sábado: Alfombra vermella


Unha pobre muller moraba nunha humilde casiña coa súa neta moi enferma. Como non tiña diñeiro sequera para levala a un médico, e vendo que, a pesar dos seus moitos coidados e remedios con herbas, a pobre rapaza empeoraba a cada dia, resolveu iniciar a camiñada de 2 horas ata a cidade próxima en busca de axuda.

Ao chegar ao único hospital público da rexión aconsellaronlle volver para casa e traer á neta para que esta fose examinada.

Cando ía voltando, xa desesperada por saber que a súa neta non conseguía sequera erguerse da cama, a señora pasou en frente a unha Igrexa e como tiña moita fe en Deus, malia non ter entrado nunca nunha Igrexa, resolveu pedir axuda. Ao entrar, encontrou algunhas señoras axeonlladas no chan facendo oracións. As señoras recibiran á visitante e, logo de se enteraren da historia, a convidaron para se axeonllar e orar pola nena.

Despois de case unha hora de fervorosas oracións e pedidos de intercesión ao Pai, as señoras xa se ían levantando cando a muller lles di:

- A min tamén me gustaría facer unha oración.

Vendo que se trataba dunha muller de pouca cultura, as señoras replicaron:

- Non é necesário. Coas nosas oracións, con certeza a súa neta irá mellorar.
Aínda así a señora insistiu en orar, e comezou. Deus, son eu, olla, a miña neta está moito doente Deus, gustaríame que foses a curala Deus, que eu lle vou dicir onde fica.

As señoras, estrañadas, continuaron ouvindo.

- Vai seguindo o camiño daquí para Belo Horizonte e cando pase o río pola ponte entra na segunda estradiña de barro.

A esta altura as señoras xa estaban esforzándose por non rir; mais ela continuou.

- Seguindo uns 20 minutiños máis ten unha vendiña, entra na rúa despois da mangueira que o meu barraquiño é o último da rúa, pode ir entrando que non ten can.
As señoras comezaran a se indignar coa situación.

- Olla Deus, a porta está pechada, pero a chave fica embaixo da alfombra vermella na entrada, colle a chave, entra e cura a miña netiña.
Mais olla, por favor, non esquezas de colocar a chave de novo embaixo da alfombra vermella senón eu non consigo entrar cando volva a casa...

A esta altura as señoras interromperan aquela ultraxante situación dicindo que non era así como se debería orar, mais que ela podería ir pra casa sosegada pois elas eran persoas de moita fe e Deus, com certeza, iría ouvir as súas pregarias e curar a meniña.

A muller foi para casa un pouco desconsolada, pero ao entrar na súaa casa a súa neta foi correndo a recibirlle.

- ¡Miña neta, estás de pé, como é posíbel!
E a rapaza explicou:

- Ouvín un barullo na porta e pensei que eras ti de volta, porén entrou un home moi alto cun vestido branco e mandou que me levantase, non sei como, eu simplemente levantei.
E case chorando, a nena continuou.

- Despois sorriu, bicou a miña testa e dixo que tiña que marchar, mais pediume que eu che avisase que ía deixar a chave embaixo da alfombra vermella...
Un pouco de fe, levanos ata Deus. Moita fe trae a Deus ata nós.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:41:00 da tarde por kaka      0 comentarios

domingo, julho 08, 2007

Parábola do sábado: O tolo


Cóntase que, hai moito tempo, nunha pequena cidade do interior, un grupo de persoas divertíase co idiota da aldea. Un pobre coitado, de pouca intelixencia, que vivía de pequenos biscates e esmolas.

Diariamente eles chamaban ao bobo ao bar onde se reunían e ofrecían a el a escolla entre dúas moedas: unha grande, de catrocentos reis, e outra menor, de dous mil reis.

El sempre escollía a maior e menos valiosa, o que era motivo de burla para todos. Certo día, un dos membros do grupo chamouno e preguntoulle se aínda non había percibido que a moeda maior valía menos.

- Eu sei - respondeu así o non tan tolo - que vale cinco veces menos, pero o día que escolla a outra, a brincadeira acaba e non vou recibir nunca máis a miña moeda.
Desta pequena narración podemos tirar varias conclusións.

A primeira: ¿cales eran os verdadeiros parvos da historia? Quen parece idiota, non sempre o é.

Outra conclusión: se és extremamente aprovei-tado, acabarás por estragar a túa fonte de renda.

Pero a conclusión máis interesante é a percep-ción de que podemos estar ben mesmo cando os outros non teñan unha boa opinión ao noso respecto. Por tanto, o que importa non é o que pensen de nós, senón o que realmente somos.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:11:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA