Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

terça-feira, janeiro 31, 2006

A miña pila de películas


Bueno, dicir que, do mesmo xeito que fixen a pila dos libros, vou crear este apartado para ir poñendo as películas que vou vendo, que quero ver e tal... Acepto suxerencias:
Películas por ver:
  • La vida es bella.
Últimas películas vistas dende o 1 de xaneiro de 2006, de máis a menos recentes:

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:49:00 da tarde por kaka      6 comentarios

segunda-feira, janeiro 30, 2006

A miña pila de libros


Bueno, dicir que, inspirándome no que fixo o compañeiro de Diario de a bordo, vou crear este apartado para ir poñendo os libros que vou lendo, que quero ler e tal... Acepto suxerencias:

Libros por ler:
  • "El caballero de la armadura oxidada".
  • "El Zahír", de Paulo Coello.
  • "Ángeles y demonios", Dan Brown.
Libro que estou lendo:
  • "El extraño caso del Dr. Jekyll y Mr. Hyde", de Robert Louis Stevenson.
Últimos libros lidos (dende o 1 de febreiro de 2006):
  • Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 2:46:00 da manhã por kaka      10 comentarios

domingo, janeiro 29, 2006

Leitugas a eito


Esta entrada xa a tiña en mente dende fai xa un bo tempo pero que entre unhas cousas e outras non puiden facer... ata hoxe. E quero explicarme, porque así sen máis parece unha parvada, pero é que resulta que cando se me agotan os temas dunha conversa eu sempre propoño falar de leitugas e nunca sei que dicir, así que a partir de hoxe xa terei unha pequena idea...

A leituga (Lactuca sativa) é unha pranta anual, propia das rexións temperadas, que se cultiva para alimentación. Debido ás moits variedades que existen pódese consumir durante todo o ano. Normalmente tómase crua, como ingrediente de ensaladas e outros pratos; certas variedades, de orixe chino sobre todo, posúen unha textura máis robusta e se empregan cocidas.

Descripción:

A pranta ten un tallo curto, do que nacen as follas dispostas en roseta de cor verde máis ou menos intenso, segundo a variedade. Ao florecer, o tallo alóngase e ramifícase, producindo moitas cabezas florais parecidas ao dente de león pero máis pequenas. Se a leituga se destinará ao consumo humano, a colleita realizaríase antes da floración. A mesma pertenence a familia das cruciferas (Pola súa flor en forma de cruz) e se destaca por ter os seus cotiledóns (primeiras follas) en forma de bolboreta.

Variedades:

Entre as variedades de leituga se destacan:

  • Iceberg: de cogollos apertados e densos, semellantes á col; carece case por completo de sabor, pero goza de amplo uso polo seu renxente textura e a facilidade para curtarla finamente. É a variedade máis habitual nas rexións onde non se dá naturalmente a leituga, posto que pode cultivarse en tanques hidropónicos.


  • Romana: de cogollo largo, con follas aproximadamente lanceoladas, menos grosas que as iceberg pero grosas e ruxintes. Se lle coñece en España como orella de mulo.


  • Francesa: de cogollo redondo, follas finas e textura mantecosa; ten un sabor delicado pero intenso. Coñécese tamén como Boston.


  • Batavia: similar á francesa, de cogollo solto, follas rizadas e textura mantecosa.

A chamada leituga folla de carballo, de follas rizadas e cogollo solto, distintiva polo cor morado das súas follas, non é unha variedade de Lactuca sativa senón unha especie aparte, Chicorium intybus.

Nutrición:

A leituga ten moi pouco valor nutritivo, cun alto contido de auga (90-95%), é rica en antioxidantes, coma a vitamina A, C, E, B1, B2 e B3, minerais: fósforo, ferro, calcio, potasio e aminoácidos. As follas exteriores máis verdes son as que teñen maior contido en vitamina C e ferro.

Naqueles países onde a hixiene das augas de regadío é deficiente, ou incluso se regan os cultivos con augas servidas, a leituga representa unha importante fonte de infección de enfermidades gastrointestinais coma a febre tifoidea, o cólera, a salmonelose, polo que é recomendábel consumilas moi ben lavadas con auga potábel e desinfectadas cunha solución microbicida.

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:15:00 da tarde por kaka      5 comentarios

sábado, janeiro 28, 2006

Este blog escríbese en galego


Fai algo de tempo, atopei no blog de Realidad Novelada esta campaña para o uso correcto do idioma en Arxentina, polo que inspirado nela, decidín adoptala e adaptala ao Galego, pois independentemente de que todos podemos sufrir algunha distracción ou error de "dedo", o mutilar e deformar as palabras a propósito, é unha grosería que atenta contra a, xa de por sí, mermada riqueza da nosa lingua.

Como di a autora que iniciou esta campaña:

"Non usar acentos, aínda que as veces é un dolor de cabeza, é loxicamente posíbel, xa que non entorpece a lectura. Pero usar a K en lugar de QU; a SH en lugar da LL e da Y;[…]; a C en lugar de "Sé" o "Se"; TB para "Tamén"; o número 2 para a terminación dos plurais; o número 100 para abreviar "Sempre"; a X en lugar de "Por"; [eu agrego un largo etcétera] sumado a alternar maiúsculas e non usar puntos nin comas, RÓMPEME INCONMENSURABLEMENTE AS PELOTAS."
Por iso, este servidor, no seu afán ou no seu intento de contribuir á conservación da lingua galega con todos os seus acentos, signos de puntuación e regras de ortografía (que para algo as tiven que aprender, que carafio), desexa comenzar a propia, de xeito permanente, aínda que sen limitala a este blog, senon ao contrario, buscando facela extensiva a todos aqueles que utilizamos este belísimo idioma.


Si desexas facer o propio e sumar esforzos, podes copiar o código (que se atopa no menú do lado dereito), no teu sitio web ou blog e contribuir co teu gran de area…


Pola conservación da lingua, tratemos de dar exemplo.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:13:00 da tarde por kaka      6 comentarios

sexta-feira, janeiro 27, 2006

Parábola do venres: Soños


Soños grandes, soños pequenos, soños... Nacen soños cada día, cada hora, cada minuto... Sen decatarnos, un soño nace dentro do noso corazón.

Os soños nos motivan a vivir, a continuar camiñando. En realidade, vivimos na procura de realizar os nosos soños.

As veces, persoas que están ao noso redor tentan matalos con palabras de pesimismo. Pensan que se eles non poden realizar os seus soños, as outras persoas tampouco merecen realizar os seus. Puro egoísmo.

Moitas veces, achamos que non conseguiremos realizálos, que están moi lonxe de nós. Ou pensamos que non o merecemos, porque non somos ninguén.

Se non cremos neles, perderemolos. Temos que tirar do baúl dos soños, en caso contrario, envellecen e así non conseguiremos realizalos.

A súa realización chega pola loita, o esforzo e persistencia. Camiñar ao lado de persoas que nos motiven a soñar e a que sigamos loitando é moi importante. É un paso máis para conseguir facelos realidade.

Mesmo que todo leve a pensar que parece imposíbel, non desistas do teu soño. Busca forzas no teu interior. Pensa que todo pode acontecer cando o desexamos no fondo do corazón.


¡¡¡Crede na beleza dos vosos soños e na vosa capacidade de realizalos!!! ¡¡¡Sodes capaces!!! ¡¡¡Soñade sempre, nunca deixedes de soñar!!!

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:16:00 da tarde por kaka      3 comentarios

terça-feira, janeiro 24, 2006

¡¡Lobelle campión!!


Bueno, hoxe quero adicarlle esta entrada ao Lobelle, pola súa magnífica actuación na Copa do Rei de Fútbol Sala, que como xa todo o mundo sabe, lograron traer, contra todo pronóstico, para Santiago de Compostela.


Pero non foi un camiño de rosas, pois xa nos cuartos de final, desputados o xoves, se enfrentaron ao Polaris World de Cartaxena, ao que venceron nun gran partido, que o que isto escribe viu no Capitol, no que quedaron 7-4 a favor do Lobelle e onde destacou especialmente a actuación de Ciço, autor de 5 goles.

No seguinte partido (o sábado ao mediodía), contra El Pozo de Murcia, o Lobelle, a parte de contar coa súa xa de por si numerosa afección, foi animado pola da súa víctima en cuartos de final. Foi un partido que non destacou pola cantidade de goles pero si polas ocasións en ambas porterias. Ben é certo que mentres o control do partido lle pertencía ao Lobelle o dominio no marcador foi para El Pozo. Mais o tempo reglamentario rematou co 2-2 no marcador polo houbo unha prórroga, na que Serpa foi decisivo ao marcar gol tras un erro defensivo e converter un doble-penalty. Aínda así, El Pozo marcaría un gol que mantería a emoción ata o pitido final.

O domingo, o día da gran final contra o Boomerang, que o menda viu tamén no Capitol, acompañado . Foi un partido semellante en certo modo á semifinal. O control do partido era do Boomerang pero quen se adiantaba no luminoso era sempre o Lobelle. Destaca o gran número de oportunidades que non subiron aó marcador pola gran actuación dos porteiros, en especial de Toni Lodeiro. O partido e prórroga remataron cun 2-2 no marcador polo que o vencedor se decidiu na tanda de penaltis, da que o Lobelle saiu vencedor.

Sen máis...

PD: se queredes saber máis podedes visitar o blog de Carlos que está informando sobre o asunto, ademais el ten influencias e está máis informado.

Etiquetas: , ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:00:00 da manhã por kaka      2 comentarios

domingo, janeiro 22, 2006

Meme: 5 estranas costumes


Hoxe chegou ata min un novo meme, que pola súa simpatía e sinxeleza vou levar á práctica con máis rapidez que o anterior. E tamén porque había persoas humanas esperando por esta circunstancia, coas que me quero desculpar pola miña tardanza alegando que o fixen por dúas veces pero se me petou o chisme en ambas ocasións...

E dito isto, dou paso á materia que me ocupa:

Invitoume a xogar: Alvinha

Normas:

A primeira persoa en participar redacta unha entrada titulada "5 estranas costumes", e as persoas invitadas a participar deben facer o propio no seu blog respectivo, indicando claramente quen lle invitou e incluíndo estas normas.

Ao final, debedes escoller a 5 novas personas para invitalas a que continuen co meme, poñendo o seu nome e un link á súa bitácora, sen esquecer deixar un comentario no seu blog lembrándolle que está entre os afortunados elexidos e que se informen do asunto no voso blog.

As miñas 5 estranas costumes:
  1. Sempre que abandono o ordenador deixo o monitor apagado, por moi pouco tempo que sexa. E isto chega ao extremo cando a miña ausencia e prolongada, pois neste caso non me conformo con deixar o monitor apagado, senon que tamén lle baixo o contraste ata o mínimo.
    Se o pensades, tampouco é tan malo, deste xeito aforro enerxía e aforrando enerxía axuda a conservar o medio ambiente.


  2. Cando vou só pola rúa ou, no seu defecto, ao meu aire, adoito ir dándolle patadas a todo o que atopo polo chan.
    É o que ten, os que non sabemos xogar ao fútbol dalgún xeito teremos que aprender, e con máis motivo se non adestramos...

  3. Cando vou acompañado, en lugar de darlle patadas a merda que atopo polo chan, o que fago é estalarme os dedos, xogar coas mans, urgar nos petos...
    É o que hai, non son capaz de estar tranquilo un anaco e teño que estar sempre facendo algo...

  4. Esta é unha variante da anterior, que se dá na clase. Resulta que cando estou en clase atendendo, á vez fago cruces, asteriscos, aspas e tal na marxe dos libros.
    É que se non me aburro e se me aburro acaba facendo o parvo xogando con calquera cousa: xogando a dispararlle a Feijoo co rolo que teño feito coa lámina de Debuxo Técnico coma se fose unha pistola, escopeta, ametralladora ou bazoka (a máis repetida estes días).


            
                         

    E se o pensades non é mal costume o de pintar cruces nas marxes... así cando estiven en clase de mente presente e cando non. So hai que comparar o libro de Galego co de Física, a diferencia é evidente...


  5. Xa lembrei o que ía poñer aquí. Pois era que acostumo a peitearme antes de deitarme pola noite, parecera unha parvada pero e que se non o fago ao día seguinte teño o pelo enleado. E cando vou co pelo solto adoito levar un peite no peto para peitearme para que non se me enlee o meu fermoso cabelo

Invito a participar a...

  • Mariña, en devolución do meme que me pasou ela.

  • Micho, por ser un dos meus lectores máis fieis.

  • Carlos, a ver se así actualiza o blog.

  • María, así xa ten que poñer no seu blog.

  • Marykinha, polo mesmo motivo que Micho.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:48:00 da tarde por kaka      3 comentarios

sábado, janeiro 21, 2006

Meme


Pois resulta que fai case unha semana recibín a invitación por parte de Mariña a continuar co meme que aí a continuación, o primeiro meme que chega ata min, e, como xa lle dixen, faime moitísima ilusión participar. Simplemente quería xustificar o meu retraso en facelo alegando o asunto enfocaba un tema que me era alleo e tiveronme que resolverme uns problemas que me xurdiron ao respecto.

Unha frase que defina o teu blog:
A verdade é que non sabería definilo meu blog, é coma inclasificábel (coma min), distinto a todos os demais, propio.

Unha frase que te defina como blogprofesor, blogalumno ou blogger:
Como non son blogprofesor (nin teño previsto selo) e non sei por onde vai o de blogalumno vou definirme como blogger.
Bueno, pois dicir que me considero un blogger aínda novato (6 meses de experiencia é pouco), sempre disponíbel para axudar a quen mo pida e con ganas de aprender compartindo e seguir medrando neste sentido.

O *edublog que recomendarías:
Aínda non estou moi ao tanto deste asunto, pero dos que estiven mirando estes días o que máis me chamou a atención foi aulablog. Destacar tamén educándonos e sekeirox.

¿A quen llo paso?
Como as dúas persoas que máis controlan este tema xa o fixeron (unha delas foi a que mo pasou), e os demais andaredes coma min, así vou facelo estesivo a todo o mundo que lea isto e cada quen que faga segundo vexa.

Sen máis...

PD: *edublog: pois simplemente son blogs nos que se tratan temas educativos, e xeralmente tendo en conta a correcta integración das novas tecnoloxías. (definición achegada por Mariña)

PPD: ¡¡Xa alcancei as 5.000 visitas!! ¡¡¡Grazas xente!!!

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:15:00 da tarde por kaka      3 comentarios

sexta-feira, janeiro 20, 2006

Parábola do venres: O balde de diñeiro


Ía unha noite agradábel cando un home entrou nun restaurante de comida rápida (en plan Mc Donalds) e mercou un daqueles baldes con nove anacos de carne. Foi e levou a comida ata o parque para ter un pícnic romântico sobre a luz do luar coa súa señora.

Ao abrir o balde levou unha gran sorpresa. En lugar de pedazos de carne encontrou o que probabelmente sería o depósito nocturno do restaurante: nove mil dólares. O home levou o balde de volta para o comercio e pediu a súa cea en troques do diñeiro.

O xerente do negocio, asombrado coa honestidade do home, pediulle o nome e díxolle que quería contar toda a historia aos xornais. ¡Transformaríase nun heroe, un exemplo de honestidade e moral que inspiraría a outras persoas!

O home famento encolleu os ombreiros e mirou para fóra:

- A miña muller está agardando. Eu só quero a miña cea.
A sorpresa do xerente foi renovado pola humildade do home. E volveu suplicarlle que lle permitise contar a historia aos diarios. E o home honesto volveu negar esixindo a súa cea.

- ¡Non o entendo! - respondeu o xerente. - ¡Vostede é un home honesto nun mundo deshonesto! Esta é unha oportunidade perfecta para mostrar ao mundo que aínda existen persoas honestas. Por favor, deme o seu nome e tamén o da súa muller. ¿É sua esposa?

- Ese é o problema, - di o home. - A miña esposa está en casa. A muller do coche é miña amante. Agora déixeme coller a miña cea e marchar xa daquí, por favor.


É fácil parecer bo para as persoas que non te coñecen. Moitos de nós facemos unha boa acción aquí e outra alá e todos cren que somos algo que realmente non somos.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:05:00 da tarde por kaka      4 comentarios

quarta-feira, janeiro 18, 2006

Aniversario de Angel


Como xa sabedes moitos de vós, hoxe é o aniversario de Angel ou Anxo Lois, alias Lois Anxo; e quero aproveitar a posibilidade que me ofrece este blog para felicitalo, ao igual que fixen con outros anteriormente (Cholo, Paola, Joan e Ivan).

Neste sentido quero desexarlle que pase un feliz día, que teña un bo ano e que desfrute dos seus 17 anos recén estreados. E o dito:
¡¡¡¡Felicidades!!!!

Espero que sexades bos cristiáns e aproveitedes a oportunidade de felicitalo que vos ofrezo con esta entrada

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:37:00 da tarde por kaka      5 comentarios

segunda-feira, janeiro 16, 2006

Paisano de Angrhois no xornal


Déixovos aquí unha nova que saiu hoxe no xornal e que ten como protagonista a un paisano de Angrhois:

"O independentista Eduardo Vigo Domínguez, de 20 años, que o sábado se pegou un tiro nunha perna, segundo él accidentalmente mentres manipulaba unha pistola que se atopara tirada, seguía onte ingresado no hospital Clínico de Santiago tras serlle extraída a bala, de pequeno calibre, dun 22.

Eduardo Vigo, veciño de Angrois, unha aldea pertenecente á parroquia de Sar, “evoluciona favorabelmente e o seu estado non reviste gravidade, estando actualmente ingresado en planta”, segundo puido saber este diario.

O mozo conduxo o seu propio automóbil ata o servizo de Urxencias do hospital Clínico tras disparárselle o arma, que atopou tirada no chan entre uns matorrais nos arredores da súa vivenda, segundo a versión dos feitos que deu á Policía no centro hospitalario, a onde acudiron varios axentes para interrogalo.

A versión dos feitos intentou ser corroborada onte por axentes policiais que interrogaron aos pais do mozo e aos seus familiares, mentres seguían as pesquisas para atopar o arma da que se desfixo Eduardo Vigo tras disparárselle accidentalmente na perna esquerda, segundo a versión que deu ás forzas de seguridade, que ven importantes lagunas nas súas declaracións, ao parecer inverosímil a sucesión de feitos que comentou, así como a desaparición da pistola.

Vigo Domínguez, que nas pasadas eleccións ao Parlamento europeo foi nas listas de Nós-Unidade Popular no número 39, ten antecedentes por realizar pintadas nas paredes, ademais de estar presuntamente implicado en actos vandálicos.

É coñecido como un membro moi activo en actos convocados polo grupo independentista galego Nós-Unidade Popular, do fluiu a formación radical AMI.

A operación Castiñeira:

Este grupo foi obxectivo da Policía o pasado mes de novembro, dentro da operación Castiñeira, cando foron detidos dez membros de AMI, acusados de asociación ilícita, enalteceminto do terrorismo, danos e alteración da orde público.

Catro meses antes, o xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno ordenou o ingreso en prisión de Uxío Caamaño, líder de AMI, e de Xiana Rodríguez como presuntos autores da colocación dun artefacto explosivo que destrozou o 23 de xullo do ano pasado unha sucursal de Caixa Galicia, en Santiago."

Sen máis...

PD: Se a alguén lle interesa, pode ver a nova aquí


Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:46:00 da tarde por kaka      4 comentarios

sábado, janeiro 14, 2006

Inventor da primeira calculadora


E resulta que o inventor da primeira calculadora foi galego, deixovos aquí a historia esta:

Ramón Verea, foi un galego que con 21 anos emigrou a Cuba e anos mais tarde trasladase a Nova Iorque, onde din que se converteu nun ianki puro, despois de que os Estados Unidos lle concedera a patente dun dos seus inventos volve a Galiza. Tras un tempo mudase a Guatemala e despois a Bos Aires que é onde morre. Ramón Verea publicou, ó largo da súa vida, algúns libros e fundou unha revista.

O 10 de setembro de 1878 o goberno dos E.E.U.U. concédelle a Ramón Verea a patente pola invención dunha máquina de calcular, única no mundo, por aquel tempo, capaz de sumar, restar, multiplicar e dividir (as anteriores só sabían sumar e restar). Ramón Verea publica nun xornal as características da súa maquina, dunhas 50 libras de peso, 14 polgadas de longo, 12 de ancho e 8 de alto, feita de ferro, aceiro e metal amarelo, capaz de sumar, restar, multiplicar e dividir números de nove cifras, admitindo ata seis números no multiplicador e quince no produto.Os grandes xornais americanos comentan a historia; o "Herald", o "Scientific American ", "Le Cournier des Estates Units ", todos sen excepción dan conta do asombro de mecánicos e aritméticos diante da perfección do invento. Verea confesa publicamente non querer cartos nin celebridade; só desexa contribuír ó adianto da ciencia, a probar que o xenio inventivo non é exclusiva americana e a satisfacer o seu amor propio.

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:37:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sexta-feira, janeiro 13, 2006

Parábola do venres: Non te rendas


Érase un museo co chan completamente cuberto por belísimos azulexos de mármore e cunha estatua, toda en mármore, enorme; exhibida no medio do salón de entrada. E chegaban moitas persoas do mundo enteiro para admirar a fermosa estatua de mármore.

Unha noite, os azulexos de mármore comezaron a falar e prostestarlle á estatua de mármore.

- Estatua, ¡isto non é xusto, non é xusto! Por que ven xente do mundo enteiro, pisa e pisa en todos nós, só para admirarte a ti? ¡Non é justo!

- Meu querido amigo, azulexo de mármore. ¿Aínda lembras cando estábamos na mesma caverna? -
respondeu a estatua.

- ¡Si! Por iso todo isto me parece tan inxusto. Nós nacemos da mesma caverna e agora recibimos un trato tan diferente. ¡Non é xusto! - e chorou de novo.

- Entón, ¿aínda lembras o día que o artista tentou traballarche, mais ti resistisches bravamente as ferramentas?

- Si, claro que me lembro. ¡Odio a aquel suxeito! ¡¿Como pode empregar aquelas ferramentas comigo?, doe moito!

- ¡Iso é ben certo! El non puido traballar nada en ti porque resistiches ser traballado.

- Si. ¿E que ten que ver?

- Cando el desistiu de ti, veu para onda min , e, en lugar de resistir com a ti, eu souben inmediatamente que me tornaría algo diferente despois dos seus esforzos. E non me resistín, ao contrario, aturei todas as ferramentas dolorosas que empregou comigo.

- Hummmmm....... -
rosmou o azulexo.

- Meu amigo, hai un prezo para todo na vida. E nom sempre é fácil. As veces é moi complicado, doloroso. Mais temos que aprender a soportar os sofrimentos, procurando crecer e aprender para transformarnos en algo máis belo.


Se desistiches de todo no medio do camiño, agora non podes culpar ás persoas por pisarche.

Sen máis...

PD: Comunicarvos que despois de ler a entrada na que Yeyu se gababa polo aniversario do seu blog eu púxenme a botar contas e resulta que hoxe o meu fai 6 meses. 6 meses dende o primeiro post (cun intervalo dun mes de descanso por vacacións) e nos que escribín 76 entradas, algo que me parece non está mal para un blog humilde como o meu...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:03:00 da tarde por kaka      4 comentarios

terça-feira, janeiro 10, 2006

Aniversario de Ivan


Bueno, lembrarvos que hoxe é o aniversario de Ivan (aínda que para moitos esta data xa é ben sabida) e quero felicitalo dende aquí, como xa fixen anteriormente con Cholo, Paola e Joan.

Pero nesta ocasión con máis motivo, porque debido a diversas circunstancias alleas a miña vontade aínda non tiven a ocasión de facelo, refírome a gastrointerite que non me permitiu ir a clase e a que mobil non me deixa mandar mensaxes dende Noitevella...

E dito isto,

¡¡¡Felicidades campión!!!

Que che vaia moi ben, desfruta no teu cumpreanos e dos teus 17 anos.

Como sempre digo nestas ocasións, espero que lle dediquedes unhas palabras a esta boa persoa que hoxe esta de en hora boa...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:39:00 da tarde por kaka      3 comentarios

segunda-feira, janeiro 09, 2006

¡Estou enfermo!



Nada, simplemente dicir iso, que teño gastrointerite e que deu a mañá, pois estiven as tres últimas horas de clase entre porteria e o servizo, literalmente.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:16:00 da tarde por kaka      5 comentarios

domingo, janeiro 08, 2006

A mellor liga do mundo non é a española


"A Premier League desbanca á Liga como a mellor do mundo". Este é o titular dunha noticia publicado no marca hai dous días. A Liga española, que en 2004 foi considerada a mellor do mundo pola "Federación Internacional de Historia e Estadísticas de Fútbol" (IFFHS), foi relegada á cuarta posición pola Premier League inglesa, o campionato máis poderoso en 2005, pola liga italiana e pola francesa. A Premier League, que foi en 2004 a segunda máis forte do mundo trala española, aumentou a súa forza e así demostrou fóra das Illas Británicas, segundo a IFFHS.
Destaca tamén a Serie A italiana e a Premiére Division francesa, actualmente a terceira mellor liga do mundo. "Aa irregularidade dos mellores equipos españois no plano nacional (caso de Deportivo, Valencia e Real Madrid) e o seu pobre rendemento nas competicións de clubes europeas ao largo do ano provocaron a caída da Primeira División española do primeiro ao cuarto lugar", explica a IFFHS.

Mentras a Bundesliga alemana subiu un posto (agora é quinta), a Eredivisie propulsou aos holandeses á séptima praza, xusto entre Brasil e Arxentina. Igualmente os ascensos das ligas de Rusia e Ucrania, agora entre as dez mellores, foron espectaculares; grazas, sobre todo, ao bo papel do Spartak de Moscú (campión) e o Shaktar Donest na copa da Uefa. A Primeira División de México non só é, como é tradicional, a mellor liga da zona CONCACAF, senón tamén a terceira máis poderosa de toda Latinoamérica.

Entre outras ligas nacionais que tiveran unha importante subida en 2005 destacan Romanía, Suiza, Bulgaria, Dinamarca, Ghana, Marrocos, Exipto, Noruega, Eslovaquia, Estonia, Polonia e especialmente os Emiratos Arabes Unidos, actualmente a mellor liga asiática, por diante de Arabia Saudita e China. No lado oposto, as importantes ligas de Asia Oriental, Xapón e Corea do Sur están en descenso. Pódese apreciar unha caída similar nas ligas nacionais de Perú, Sudáfrica, Letonia, Hungría, Israel, Senegal, Suecia e Croacia.

Clasificación 2005 de ligas nacionais:

1Inglaterra1207´0
2Italia1.137´0
3Francia995´0
4España985´0
5Alemania950´0
6Brasil946´0
7Holanda890´5
8Arxentina850´0
9Rusia710´5
10Ucraína665´0
11México657´0
12Portugal633´5
13Bélxica631´0
14Chile618´0
15Colombia615´0
16Escocia595´5
17Turquía573´0
18Grecia564´5
19Romanía526´0
20Perú502´5

Sen máis...

PD: Se queredes, podedes ver o artigo do marca aquí

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:09:00 da tarde por kaka      3 comentarios

sábado, janeiro 07, 2006

Kinder Rasta


Bueno, hoxe quero informarvos que Kinder está explorando novos horizontes de mercado, cunha nova versión do seu produto: o mesmo de toda a vida, pero fabricado cun chocolate menos convencional; que, de momento, só se distribue en Holanda. E parece que esta nova versión dos Kinder Sorpresa está sendo todo un éxito.

Deixovos aquí un pequeno adianto:

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 6:58:00 da tarde por kaka      2 comentarios

sexta-feira, janeiro 06, 2006

Parábola do venres: A felicidade


Quixen poñervos hoxe está parábola especialmente polo día no que estamos, rodeado de excesivo materialismo. Veña, aí tendes:

No principio dos tempos, reuníronse varios demos para facer unha travesura. Un de eles dixo: "Debemos quitarlle algo aos homes, pero ¿que lles quitamos?".

Despois de moito cavilar dixo un: "¡Xa sei!, podemos quitarlles a felicidade, pero o problema vai ser onde escondela para que non a poidan atopar".

O primeiro propuxo: "Imos escondela na cima do monte máis alto do mundo". A o que inmediatamente repuxo outro: "Non, lembra que teñen forza; algunha vez a alguén pode darlle o arrouto de subir e atopala e, se a atopa, xa todos sabrán onde está".

Logo propuxo outro: "Entón imos escondela no fondo do mar". Pero replicou outro: "Non, lembra que teñen curiosidade e pode ser que a alguén lle de por aí e construa un trasto para poder baixar e, nese momento, a atopará".

Un máis dixo: "Escondámola nun planeta lonxano". E lle dixeron: "Non, lembra que teñen intelixencia e, un día alguén vai construír unha nave na que poida viaxar a outros planetas e a vai descubrir. Entón todos terán felicidade".

O último de todos era un demo que permanecera en silencio todo o tempo escoitando atentamente cada unha das propostas dos demais. Analizou cada unha e, entón, tirou unha conclusión e dixo: "Creo saber onde poñela para realmente nunca a atopen".

Mirárono todos asombrados e lle preguntaron ao mesmo tempo: "¿Onde?". E respondeu: "Escondéremola dentro de eles mesmos. Estarán tan ocupados búscandoa fóra que nunca a atoparan".

Todos estiveron de acordo e, dende entón, foi así: O home pasa a vida buscando a felicidade sen saber que a leva consigo.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:35:00 da tarde por kaka      7 comentarios

quarta-feira, janeiro 04, 2006

Bobos


Bueno, deixovos aquí un artigo de opinión que atopei hoxe no xornal que me chamou atención; e que, de paso, amosa que non só leo as letras gordas, que tamén leo os artigos que me parecen interesantes ou curiosos. Aí o tendes:

Somos moitos máis dos que sinala Mariano co dedo vendado. España, en realidade, está chea de bobos de campionato. Se non, non se entende que sexamos o país que máis horas traballa, para logo ser o que menos produce, e o que é peor, o que ten os salarios máis baixos. Non é estrano que vistos dende fóra sigamos resultando pintorescos, que as veces ven sendo o mesmo que parecer un pouco jilipollas.
Agora que o Estado, emulando iniciativas exemplares de países civilizados como EE.UU. (bueno, este non é o mellor exemplo, pero é o que hai), onde podes entrar nun bar cunha recurtada, pero non cun cigarro; empéñase en que fumar sexa un peñazo, xa non só para os que non fuman e aturan o fume dos demais, senon tamén para os que o fan; debería ir maquinando novos retos para os anos vindeiros.

Por exemplo, que a partir do 1 de xaneiro do 2007 esté prohibido botarse a sesta despois de comer, algo que se logrará mediante o decreto «horario continuado e punto», que para algo se inventou o sándwich e a mazá.

En realidade, ese tipo de medidas non está moi lonxe de convertirse en realidade, xa que non é lóxico facer unha pausa de tres horas a metade da xornada que consegue alongar ésta ata horas intempestivas.

Iso sí, cando chegue, esperemos que o Goberno e os empresarios se lembren de que o resto da racional e rica Europa ten un salario medio máis de mil euros máis alto que o dos bobos españois que non saben organizarse.

Sen máis...

PD: se queredes ver o artigo orixinal, podedes facelo aquí.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:50:00 da tarde por kaka      6 comentarios

terça-feira, janeiro 03, 2006

Hitch


Hoxe quero comentarvos que estes días, para escapar do aburrimento, vin a película de Hitch dúas veces. E dicirvos que me gustou moitisímo, non só polo argumento, que non estaba mal; máis ben por algunhas frases e diálogos que transmitían uns detalles interesantes cos que me quedei ao final da película e que vos poño a continuación:

  • A vida non se mide polas veces que respiramos, senon polas veces que quedamos sen folgos.
  • As relacións so serven para entreternos namentres esperamos por algo mellor.
  • A vida non é só ver vivila aos que nos rodean.
  • ¿Sabes cal é o teu problema? Só pensas no inmediato, escolles as túas opcións con base no que primeiro che aparece, e non naquilo que é mellor para ti a longo prazo.
  • Só espero que un día sintas este amor e confianza incondicionais, ¡esta franqueza que eu comparto diariamente con Grace!
  • ¡En serio meu! ¡Atende! Cando chegamos a esta fase da relación, que supera de tal xeito o físico que, cando penso que perseguiamos todas aquelas marabillosas mulleres pero superficiais... Mira, non sei...¡Atópoo medio ridículo! E case patético...
  • Sei que non me amo tanto como te amo eu. Mais non fas mal. Xa quedo contento con que me queiras un pouquiño.
  • Cando orquestamos, coordinamos e trapicheamos co destino convén facelo por embaixo da liña do radar.
  • ¿Sabes que é erguerse todas as mañas e sentirme completamente desesperado? Saber que o amor da miña vida está co home errado. E mesmo así, desexando que atope a felicidade, aínda que non sexa comigo.
  • A persoa nunca sabe realmente para onde vai ata saber de onde ven.
  • As veces é difícil distinguir as cousas boas no medio da merda.
  • Todo pode ir ben e, no momento seguinte, estás ás choiva vendo como se desmorona a túa vida.
  • Nunca inventes, roubes, enganes nin bebas. Mais se has de inventar, inventa un mundo mellor; se has de roubar, procura roubar un corazón, se has de enganar, engana á morte; e se has de beber, bebe os momentos de felicidade.
  • ¡Xúroche que estou a beira da loucura! Cada vez que vexo un coche apetéceme tirarme embaixo del só para deixar de pensar en ela.
  • Eu son realista e sei o que lle fai amar ás persoas.
  • Porque é iso o que fai a xente: dar saltos; e rezan a Deus para conseguir voar. Porque en caso contrario, caemos coma unha pedra e vamos pensando namentres caemos: "¿Para que diaño saltei eu?" E só hai unha persoa que nos fai sentir que conseguimos voar.
Sen máis...

PD: tendes máis información sobre a película aquí.
Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:59:00 da tarde por kaka      5 comentarios

segunda-feira, janeiro 02, 2006

"Tu oportunidad"


Pois hoxe quero deixarvos aquí unha canción que xa coñecía, pero que escoitei casualmente o outro día pola radio, e non sei, tocoume, fíxome pensar sobre o que di, que persoalmente me veu moi ben nestas datas... Veña aí a tedes:

"Tu oportunidad"

Es tu montón,
El sueño cae dentro de ti,
Que lucha por sobrevivir,
No pares de andar.
Es tu valor,
Que nace a base de insistir,
Que quiere verte sonreír,
No te eches atrás.
Abre tus brazos si quieres volar,
Cada peldaño tendrás que sudar,
Haz que ellos crean en ti.

No hay nada imposible para quien sabe esperar,
No importa si te has caído vuelve a levantar,
De pronto la vida brinda una oportunidad,
Tu oportunidad.

Es su sabor,
El que todos quieren sentir,
Y pocos pueden seducir,
Tendrás que luchar.
Es su color,
El que todos quieren vestir,
Pero lo puedes conseguir,
No dudes jamás.
Siente tu alma si quieres ganar,
Cada segundo será una verdad,
Solo confía en ti.

No hay nada imposible para quien sabe esperar,
No importa si te has caído vuelve a levantar,
De pronto la vida brinda una oportunidad,
Tu oportunidad.

Quizá ese momento está a punto de llegar,
Será que tu estrella ya a empezado a destacar,
No importa si te has caído vuelve a levantar,
De pronto la vida brinda una oportunidad,
Tu oportunidad.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:55:00 da tarde por kaka      6 comentarios

domingo, janeiro 01, 2006

Ranking de mellores persoas


Pois hoxe que comeza un novo ano e, polo tanto, un novo mes, reinicio o ranking de comentaristas quero aproveitar a ocasión para estabelecer as bases, as normas e o premio desta competición, por chamarlle así, aínda que o último que desexo é crear un clima de rivalidade entre os meus lectores. Aí vos quedan:

Obxectivo:
O obxectivo desta iniciativa é motivar aos meus lectores, é dicir, vós, a comentar de xeito máis frecuente.

Bases:
O ranking faise segundo a cantidade de comentarios que vai acumulando cada un ao longo do mes, sendo todos do mesmo valor, que aparecerá xunto ao nome para maior información dos involucrados. Para desempatar, emprégase a cantidade total de comentarios dende o 1 de Decembro do 2005, que é o número que aparece entre paréntese. Teñén igual validez os comentarios feitos en entradas arquivadas ou doutros meses.

Normas:
Despois de observar algunha conduta pouco cristiana durante o mes pasado, vou poñer unha serie de normas a continuación:

  • Só sumaran aqueles comentarios que superen a revisión do contido que fai o xefe xefazo (ou sexa, EU), máis non creo que esto perxudique a ninguén se comenta con ética e de xeito cristiano.

  • Non está permitido comentar dous veces seguidas no espazo e no tempo, isto acarreará unha penalización do mesmo valor dos comentarios seguidos. Explícome: esta prohíbido comentar na mesma entrada dúas veces seguidas sen que exista unha diferenza mínima de un día (24 h aprox.) entre ambas.
    Matizar que, unha vez comentara outro despois nosa, xa podemos volver a facelo, sexa a hora que sexa.
Premio:
O primeiro de cada mes, obterá, como premio á súa fidelidade, o privilexio que presenta poder facer unha entrada (baixo revisión do xefe xefazo) neste blog o un día e un mes despois de proclamarse oficialmente vencedor (por exemplo, á vencedora deste mes tería que facelo o 1 de Febreiro), de tal xeito que lle pasara o testigo ao vencedor do mes seguinte.
Dicir que o xurado encargado de entregar tal honra (EU), está meditando á posibilidade de ofrecerlle unha sección semanal ou mensual fixa a aquel que saia vencedor un número de ocasión que aínda non ten claro. Isto último dependera do éxito que obteña a iniciativa do premio mensual.
Sen máis...

PD: ¡¡Ledo Aninovo a todos!!

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:26:00 da tarde por kaka      10 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA