Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, janeiro 29, 2006

Leitugas a eito


Esta entrada xa a tiña en mente dende fai xa un bo tempo pero que entre unhas cousas e outras non puiden facer... ata hoxe. E quero explicarme, porque así sen máis parece unha parvada, pero é que resulta que cando se me agotan os temas dunha conversa eu sempre propoño falar de leitugas e nunca sei que dicir, así que a partir de hoxe xa terei unha pequena idea...

A leituga (Lactuca sativa) é unha pranta anual, propia das rexións temperadas, que se cultiva para alimentación. Debido ás moits variedades que existen pódese consumir durante todo o ano. Normalmente tómase crua, como ingrediente de ensaladas e outros pratos; certas variedades, de orixe chino sobre todo, posúen unha textura máis robusta e se empregan cocidas.

Descripción:

A pranta ten un tallo curto, do que nacen as follas dispostas en roseta de cor verde máis ou menos intenso, segundo a variedade. Ao florecer, o tallo alóngase e ramifícase, producindo moitas cabezas florais parecidas ao dente de león pero máis pequenas. Se a leituga se destinará ao consumo humano, a colleita realizaríase antes da floración. A mesma pertenence a familia das cruciferas (Pola súa flor en forma de cruz) e se destaca por ter os seus cotiledóns (primeiras follas) en forma de bolboreta.

Variedades:

Entre as variedades de leituga se destacan:

  • Iceberg: de cogollos apertados e densos, semellantes á col; carece case por completo de sabor, pero goza de amplo uso polo seu renxente textura e a facilidade para curtarla finamente. É a variedade máis habitual nas rexións onde non se dá naturalmente a leituga, posto que pode cultivarse en tanques hidropónicos.


  • Romana: de cogollo largo, con follas aproximadamente lanceoladas, menos grosas que as iceberg pero grosas e ruxintes. Se lle coñece en España como orella de mulo.


  • Francesa: de cogollo redondo, follas finas e textura mantecosa; ten un sabor delicado pero intenso. Coñécese tamén como Boston.


  • Batavia: similar á francesa, de cogollo solto, follas rizadas e textura mantecosa.

A chamada leituga folla de carballo, de follas rizadas e cogollo solto, distintiva polo cor morado das súas follas, non é unha variedade de Lactuca sativa senón unha especie aparte, Chicorium intybus.

Nutrición:

A leituga ten moi pouco valor nutritivo, cun alto contido de auga (90-95%), é rica en antioxidantes, coma a vitamina A, C, E, B1, B2 e B3, minerais: fósforo, ferro, calcio, potasio e aminoácidos. As follas exteriores máis verdes son as que teñen maior contido en vitamina C e ferro.

Naqueles países onde a hixiene das augas de regadío é deficiente, ou incluso se regan os cultivos con augas servidas, a leituga representa unha importante fonte de infección de enfermidades gastrointestinais coma a febre tifoidea, o cólera, a salmonelose, polo que é recomendábel consumilas moi ben lavadas con auga potábel e desinfectadas cunha solución microbicida.

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:15:00 da tarde por kaka      5 comentarios

5 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

olé... vaia clase maxistral de botánica... nin a fósil cando me daba botánica en farmacia!!
Beijos

segunda jan. 30, 02:07:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Moi interesante o tema das leitugas; non sabía exactamente as variedades que existían... Na miña casa se come tódolos días ensalada (ca variedade Iceberg, que non falte). A min gústame aliñala con "Aceto balsámico de Módena" (dalle un toque guai) e un pouco de ourego...

segunda jan. 30, 07:10:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Vivan los derechos de las lechugas jajajajj sin ellas los caracoles no poden casi vivir, salvemos a las lechugas, larga vida a eias

terça jan. 31, 09:36:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Aora tes k facer un das patacas xDDDD

quinta fev. 02, 08:09:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

MMMMMMMMM, que rico, leituga!! É a miña comida preferida!! Jolín, que ganiñas de comer me entraron agora!! POis si, a min encántame a leituga, está moi boa con cenoria crúa, apio, soja, pepinillo... Bueno, de todo!! O ano pasado en Niza probeina con allo no lugar de cebola e debo admitir que lle daba un sabor moi bo!! Nada máis, que se sego falando de leitugas morro da fame, jaja! (ademais coa cor verde tan bonitiña que ten!!) Bicos!

terça fev. 07, 06:07:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA