Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, agosto 11, 2007

Parábola do sábado: A escada


A miña amiga Bieita facía progresos, recuperándose lentamente dun derrame cerebral. Ela aínda loitaba para sentarse direita e falar.

Cada vez que a visitei no asilo, as liñas de frustración no seu rostro estaban un pouco máis profundas. A frase que máis pronunciaba era

- ¿Por que?
E nada que eu dixese traíalle conforto. Loitei tamén, nas miñas oracións pedín,

- Señor, ¿como podo axudar?
Certa noite despedinme de Benita e fun xantar coa miña nai. Fun ao baño lavar as mans e notei algo peculiar: unha longa faixa de papel hixiénico cobría boa parte da bacía da pía.

- Nai, ¿que está facendo este papel aquí? - preguntei.

- Había unha araña na pía. Ela deslizaba toda vez que tentaba saír e eu quixen axudala, e
entón fixen unha escada. -
respondeu miña nai.

- Acho que funcionou, xa non está. - respondín.
Retirei a "escada", pensando na miña amiga Benita. Ela tamén estaba presa, e eu xa tiña traballado moito tentando levantala. Tal vez o que precisase fose máis
como o que miña nai tiña ofrecido á araña.

Na miña seguinte visita, Benita outra vez preguntou,

- ¿Por que?
Eu non tentei achar unha razón. Collín a súa man e, no silencio, eu vín como a amizade pode ser unha escada. Palabras ou explicacións deixaron de ser necesarias, abondaba a simple confianza da amizade e a miña amiga Bieita percibiu que non encararía soíña a súa loita.
Non deixes a quen queres, encarar unha loita como esa soíña... que a amizade pura sexa a escada que lle traerá unha alegria para toda vida...




Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:19:00 da tarde por kaka      6 comentarios

6 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Muy interesante...

quinta ago. 23, 06:45:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Outra vez, unha entrada chula. Grazas. Os que te rodean teñen moita sorte de terte; e lembra: a distancia fortalece as verdadeiras amizades.

terça set. 11, 07:28:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Unha parábola merécese unha moralexa: Aprendamos a valorar as cousas importantes da vida.

sexta dez. 14, 03:56:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Aprendamos a valorar as cousas importantes da vida.

sábado mai. 17, 12:16:00 da tarde  
Blogger Princesa_DeAquelViejoReinoPerdido dixo...

Bonita definición de amizade...
O teu blog é distinto a todos cantos levo vistos, eso di moito de ti.
Segue sendo diferente.

sexta jun. 27, 05:09:00 da tarde  
Blogger Unknown dixo...

Muchas felicidades por tu blog me parecio el articulo o post muy interesante.

segunda jul. 21, 10:11:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA