Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, janeiro 06, 2006

Parábola do venres: A felicidade


Quixen poñervos hoxe está parábola especialmente polo día no que estamos, rodeado de excesivo materialismo. Veña, aí tendes:

No principio dos tempos, reuníronse varios demos para facer unha travesura. Un de eles dixo: "Debemos quitarlle algo aos homes, pero ¿que lles quitamos?".

Despois de moito cavilar dixo un: "¡Xa sei!, podemos quitarlles a felicidade, pero o problema vai ser onde escondela para que non a poidan atopar".

O primeiro propuxo: "Imos escondela na cima do monte máis alto do mundo". A o que inmediatamente repuxo outro: "Non, lembra que teñen forza; algunha vez a alguén pode darlle o arrouto de subir e atopala e, se a atopa, xa todos sabrán onde está".

Logo propuxo outro: "Entón imos escondela no fondo do mar". Pero replicou outro: "Non, lembra que teñen curiosidade e pode ser que a alguén lle de por aí e construa un trasto para poder baixar e, nese momento, a atopará".

Un máis dixo: "Escondámola nun planeta lonxano". E lle dixeron: "Non, lembra que teñen intelixencia e, un día alguén vai construír unha nave na que poida viaxar a outros planetas e a vai descubrir. Entón todos terán felicidade".

O último de todos era un demo que permanecera en silencio todo o tempo escoitando atentamente cada unha das propostas dos demais. Analizou cada unha e, entón, tirou unha conclusión e dixo: "Creo saber onde poñela para realmente nunca a atopen".

Mirárono todos asombrados e lle preguntaron ao mesmo tempo: "¿Onde?". E respondeu: "Escondéremola dentro de eles mesmos. Estarán tan ocupados búscandoa fóra que nunca a atoparan".

Todos estiveron de acordo e, dende entón, foi así: O home pasa a vida buscando a felicidade sen saber que a leva consigo.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:35:00 da tarde por kaka      7 comentarios

7 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Esta parabola xa tiña oido, e é unha das k mais me gustan... e verdade o q di estamos tan absortos en buscar a felicidade en cousas materiais q olvidamos k se a buscamos dentro de nos mesmos podemos atopala

sexta jan. 06, 06:13:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

tb la conocia, peo sta bien recordarla, q nos viene bien a todos, la navidad sta yendo a peor kada año...

sábado jan. 07, 01:27:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

A verdade é que esta parábola é moi fermosa, e está chea de razón. Dedemos ser felices sempre e intentar que os demais tamén atopen a felicidade!! Bicos!

sábado jan. 07, 03:30:00 da tarde  
Blogger Jorge dixo...

chi chi, eu a oíra alg1 vez pero nom lembraba o final xDDD, pero weno...eu penso q nom stá dntro de nos e o q m diga o contrario...a min plin, pq pra min a felicidá stá na persoa,pero no dntro dun mesmo senom da persoa a ken keres (nom só a moza/muller/amante/ senon a todalas persoas q te keren, pero tamen penso outra cousa, nom ai felicidade, senon momentos felices,lino fai pouco no nick d algen e creo q ten moita razon...pq nom se pode star feliz sempre polo menos q eu saiba...weno pois iso...ao q nom lle gusta a...(iba dicir 1 borderia pero abstéñome...) ao q nom lle gusta q vaia comer (soa mais fino...)
Deiká - Mich0

sábado jan. 07, 06:37:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Yo tambien la conocia, pero esta bien eso, la felicidad sobre todo (pasasela a rilo y k nos la diga en clase xD)

domingo jan. 08, 05:56:00 da tarde  
Blogger Jorge dixo...

eu discrepo maria, pq stando ti soa nunha illa deserta sen ningén mais e sen nada q facer pq nom ai nada, nin sekera 1 pedra ti soa e aire...e nom podes saír...como es feliz...???eu nom sei pero pra min q stá nas persoas ás q keres...
Deiká - Mich0

domingo jan. 08, 09:26:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Bonita parábola, non a escoitara nunca. Bueno, eu estou bastante de acordo con jorge: a felicidade está dentro de cada un de nós, pero somentes a poderemos descubrir compartindo momentos cos demáis. É certo que temos a sensación de que non hai "felicidade", senón "situacións de felicidade". Por desgraza, as persoas ás que queres e cas que compartes son tamén as que, sen querer, che fan sufrir máis, e ás veces che da a impresión de que non eres feliz. Deixamos afogarnos por estes instantes duros porque esquencemos todo o que temos, e ¿cal é a solución? achegarnos a quenes queremos para falar, para sacar as nosas felicidades de moi adentro, e somentes entón nos sentimos mellor. Un tamén pode ser feliz na súa soidade, pero non por moito tempo...

sábado jan. 14, 04:59:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA