Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, dezembro 30, 2005

Parábola do venres: O tarro de vidro


Hoxe, cumplindo coa miña cita semanal, vouvos poñer unha historia que moitos, ou polo menos algúns, xa coñecíamos... aí vos queda:


Un profesor (esta parte aos de C lembranos algo...), diante dos seus alumnos da clase de filosofía, sen dicir nin unha palabra, colleu un bote grande de vidro e procedeu a enchelo con pelotas de golf.

Despois preguntou aos estudantes se o bote estaba cheo. Os estudantes estiveron dacordo en dicir que sí.

O profesor colleu unha caixa chea de perdigóns e baleirounos dentro do bote. Estes encheron os espazos baleiros que quedaban entre as pelotas de golf.

O profesor preguntou de novo aos estudantes se o bote estaba cheo, e volveron a contestar que sí.

Despois o profesor colleu unha caixa con area e a emborcou dentro do bote. Por suposto que a area encheu todos os espazos baleiros e o profesor volveu preguntar se o bote estaba cheo.

Nesta ocasión, os estudantes responderon cun sí unánime.

O profesor, engadiu rapidamente dúas tazas de café ao contido do bote e, efectivamente, encheu todos os espazos baleiros entre a area.

Os estudantes sorrían.

Cando a risa minguou, o profesor lles dixo:

- "Quero que vos fixedes que este bote representa a vida. As pelotas de golf son as cousas importantes como a familia, a saúde, os amigos, o amor e as cousas que te apaixoan. Son cousas que, aínda que perdéramos o resto e só nós quedasen estas, as nosas vidas aínda estarían cheas.

Os perdigóns son as outras cousas que nos importan, como o traballo, a casa, o coche...

A area é o resto das pequenas cousas. Se puxésemos primeiro a area no bote, non habría espazo para os perdigóns, nin para as pelotas de golf. O mesmo sucede coa vida. Se empregamos todo o noso tempo e enerxía nas cousas pequenas, non teríamos lugar para as cousas realmente importantes. Presta atención ás cousas que son cruciais para a túa felicidade. Xoga cos teus fillos, concédete tempo para ir ao médico, vai cear coa túa parella, práctica a túa afición favorita... Sempre quedará tempo para limpiar a casa (porquiño), para reparar a chave do auga. Ocúpate primero das pelotas de golf, das cousas verdadeiramente importantes. Establece prioridades, o resto soamente é area".

Un dos estudantes levantou a man e preguntoulle que representaba o café.

O profesor sonriu e dixo:

- "¡Alédame que me fagas esa pregunta!. O café é para demostrar que aínda que a túa vida pareza chea, sempre hai un oquiño para tomar dúas tazas de café cun amigo".


¡¡¡Cando as cousas da vida te superen, cando 24 horas ao día non abondan, lembra a historia do bote de vidro e o café!!!

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:36:00 da tarde por kaka      12 comentarios

12 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

A min esa historia mandaronma por mail, e polo que teño entendido ó voso mestre de Lingua e Literatura Galega tamén!!
Bicos

sexta dez. 30, 08:48:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

sq nuesto profesor d gallego es la ostia...jeje nga saludos

sexta dez. 30, 09:00:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Jo, pois a min a parábola encántame!! A verdade é que debería tomar exemplo dela(mellor té branco!!!) BICOS!

sexta dez. 30, 09:58:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Ya lo conocía y la verdad es que está muy bien el cuento...a mi por lo menos me gusta :D

SaLuDoS

sexta dez. 30, 10:37:00 da tarde  
Blogger O puyol do CDM dixo...

Estas parabolas son a hostia sigue facendoas para que a xente se interese e entre mais e mais no teu blog

sábado dez. 31, 04:07:00 da manhã  
Blogger O puyol do CDM dixo...

Tio a este paso con tanta xente q tes as de facer unha paxina web non un blog seria a polla

sábado dez. 31, 04:08:00 da manhã  
Blogger marykinha dixo...

nooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

sábado dez. 31, 04:38:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

kero rematar ben este ano!! Quero ser boa en algo!!

sábado dez. 31, 04:39:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

Puyol, frena el carro!!!

sábado dez. 31, 04:39:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Jajajaja isa historia de galego..EsTaAaAa. Amin persoalmente gustame moito esa historia gracias por poñela e por enviarma por email.

domingo jan. 01, 11:40:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Ese rilo que se va de pro en internet con e-mail que segun el son de su gente y al final debe de ser el e-mail mas corrido de todo internet, ya se decia de un hombre que paga 60 E para que le borren las cookies.

quinta jan. 05, 12:45:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

É unha pena que aínda que saibamos perfectamente que temos que coidar as nosas pelotas de golf, moitas veces non o fagamos e decantámonos pola area... Os humanos coñecemos perfectamente os nosos erros, e caemos neles unha e outra vez. Os animais son moito máis intelixentes que nos, onde vai parar... eles sí que saben gardarse de tropezar na mesma pedra (e non esquezamos que o seu cerebro disque é moito máis pequeno que o noso... pero polo que parece furrula mellor).

domingo jan. 29, 07:17:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA