Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, setembro 09, 2006

Parábola do sábado: Pequenos xestos


É curioso observar como a vida nos ofrece resposta aos máis variadas dúbidas do cotidiano... Vexamos:

A camiñada máis longa só é posíbel paso a paso, o mellor libro do mundo foi escrito letra por letra, os milenios sucédense segundo a segundo, as máis violentas fervenzas fórmanse de pequenas fontes, a imponencia do piñeiro comeza na simplicidade dunha semente.

Non fose a gota e non habería choivas, o máis sinxelo niño faise de pequenos garabullos, a máis bela construción non se tería efectuado senón a partir do primeiro ladrillo, as imensas dunas están compostas de minúsculos graos de area. Como xa conta o dito popular, as mellores fragancias veñen en frascos pequenos.

É case incríbel imaxinar que apenas sete notas musicais teñan dado vida á "Ave María", de Bach, e á "Aleluia", de Haëndel...

...Así tamén o mundo de paz, de harmonía e de amor co que tanto soñamos só será construído a partir de pequenos xestos de comprensión, solidariedade, respecto, tenrura, fraternidade, benevolencia, indulxencia e perdón, día a día...

Ninguén pode cambiar o mundo, pero podemos mudar unha pequena parcela del: esa parcela que chamamos "Eu". Non é fácil nin rápido, máis vale a pena tentalo.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:40:00 da manhã por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

E cantos eu fan falla para cambiar o mundo??

quarta set. 13, 05:29:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA