Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, outubro 16, 2005

Leis dos americanos...


En Alabama é ilegal levar un bigote falso que cause risas nunha igrexa e por sal na vía do tren pode ser castigado coa pena de morte, ademáis de estar prohibido levar un xelado de cucurucho no bolsillo traseiro do pantalón.
En Alaska, aínda que e legal disparar a un oso, despertalo para sacarlle unha foto está prohibido.
En Arizona, as mulas non poden durmir nunha bañeira, e ilegal rexeitar un vaso de auga que che ofrezcan (supoño que a ninguen lle interesará botar un pouco de cianuro nun vaso de auga) e está prohibido ter mais de dous vibradores en casa (o vicio e malo).
Está prohibido que o rio Arkansas creza chegando a altura do ponte da rua principal de Little Rock (¿como o van a controlar?¿quen será o culpabel?), un home pode pegar legalmente a sua muller, pero non mais dunha vez ao mes (non vai ser que se acostume...) e o sexo oral considerase sodomía (¿estará penada a sodomía?).
En California, coto de Arnold-Terminator, e unha falta menor disparar a calquera peza de caza desde un vehículo móbil, a menos que o obxectivo sexa unha balea (¿ein?) e ningún vehículo sen condutor pode superar as 60 millas por hora.
En Florida, do irmán Jeb Bush, unha lei especial prohíbe as mulleres solteiras saltar en paracaídas os domingos, a única posición legal para o coito e a do misioneiro (aburridos!!!!), non se poden tirar peidos en lugares públicos despois das 6 p.m. dos xoves e é ilegal besar os peitos da tua muller (non pasa nada, os das demais e legal).
En Hawaii, podenche multar por non posuír un barco e está prohibido meterse moedas nas orellas.
En Idaho, se lle regalas a tua noiva unha caixa de bombóns, esta debe ser, por lei, de máis de 50 libras de peso.
En Illinois podenche arrestar por vagancia se non levas encima, ao menos, un billete de dólar.
En Indiana, entre outras cousas (país especial polas leis que fan como que levar bigote e ilegal se o que o leva ten tendencia habitual de bicar a outras persoas e que o valor do número π é 4 e non 3.1415…), non está permitido levarse unha copa desde a barra dun bar ata unha mesa, debe ser o camareiro o que o faga. Ademáis podenche arrestar por beber da botella, hai que botar o líquido nun vaso ou nunha copa.
En Iowa, un bico non pode durar máis de cinco minutos, e un home con bigote nunca pode bicar a unha muller en público.
En Kentucky, calquer abella que entre ao estado de Kentuckym debe posuir un certificado medico que verifique que esta libre de enfermidades (me imaxino a policía pedindo o certificado).
En Louisiana, podenche deter por facer unha falsa promesa (esto pareceme correcto) e además e ilegal roubar un banco e despois disparar ao caxeiro cunha pistola de auga (— non me dispare que teño familia e fillos...!!).
En Maine non se pode saír dun avión en pleno voo (que considerados).
En Michigan non se permite a unha muller que se corte o pelo sen a aprobación do seu marido.
En Minnesota, señores, non se poden cruzar os límites do estado cun pato na cabeza (¿por que farían esa lei?) e é ilegal durmir desnudo (co calor que debe facer).
En Montana, é ilegal que as mulleres casadas vaian a pescar soas os domingos, e para as solteiras, calquer día da semana. Ademáis está permitido disparar a un grupo de siete ou mais indios.
En Nebraska é ilegal facer a permanente a unha filla menor, sen unha licencia estatal.
En Nevada, onde está Las Vegas, é ilegal conducir un camello pola autopista.
En New Jersey, o Estado de Bon Jovi, está prohibido sorber a sopa.
En Nova York, atención, a pena por saltar dun edificio é a morte (que llo digan aos das Torres Xemelgas) e non se pode pasear en domingo cun helado no bolsillo.
En Carolina do Norte, vai contra a lei cantar fora de tono (¡¡que afortunados!!), está prohibido o uso de elefantes para arar campos de algodón e calquer parella que pernocte nun hotel debe ter unha habitación con duas camas que estén separadas ao menos un metro. Facer o amor no espacio que separa as camas está estrictamente prohibido.
En Ohio está prohibido que mais de cinco mulleres vivan soas nunha casa (que haxa máis se toma como que é un club de alterne).
En Oklahoma podenche arrestar ou multar por por “caras feas” a un can, está prohibido morder unha hamburguesa que sexa doutra persoa e é ilegal ir a durmir con botas.
En Oregón é ilegal susurrar cousas sucias a orella da tua parella mentres facedes o amor e non se pode comer xelado en domingo.
En Pennsylvania, é ilegal que mais de 16 mulleres vivan xuntas nunha casa, porque se consideraría un prostíbulo. Sen embargo, no caso dos homes, o número aumenta ata 120. Incluso está prohibido pescar coas tuas propias mans: só se pode pescar cos dentes.
En Rhode Island, calquer matrimonio no que unha das partes sexa “idiota” ou “lunática” considerase nulo (incríbel).
En Carolina do Sur, un dos Estados que máis chiste me fan, é ilegal “comunicarse cunha muller utilizando mensaxes obscenos” (supoño que non habrá obreiros); por lei, se un home se promete en matrimonio a unha muller solteira, a boda debe realizarse; o sexo oral está prohibido (¡outra vez!); cada adulto debe levar un rifle a igrexa o domingo, para defenderse dos ataques dos indios e é unha falta moi grave o matar, sen avisar, a alguen que se está intentando suicidar.
En Dakota del sur, está prohibido durmir nunha fábrica de queixo e se hai mais de cinco indios na tua propiedade podes dispararlles.
En Tennesse non poden vivir na misma casa mais de 8 mulleres (¿a que non sabedes por que?), os ateos non poden ter un traballo público e está prohibido conducir durmido (menos mal que esta prohibido).
En Texas podes estar legalmente casado presentando publicamente a outra persoa coma o/a teu/tua marido/muller tres veces pero é ilegal disparar a un búfalo desde o segundo piso dun hotel.
En Utah é ilegal non beber leite e detonar calquer arma nuclear. Podes tela na casa, pero non a podes facer explotar.
En Vermont as mulleres deben obter permiso escrito dos seus maridos para ponse dentadura postiza e é ilegal negar a existencia de deus (deus non existe chincha rabiña!!).
En Virginia está prohibido o sexo coa luz encendida e en outra posición que non sexa a do misioneiro (se coñecen mais e problema seu) e conducir sen levar zapatos.
En Washington é ilegal finxir que os teus pais son ricos. E, por último, en West Virginia, é ilegal para un home ter sexo cun animal se este non supera as 40 libras.
Eña, sen mais

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:59:00 da tarde por kaka      4 comentarios

4 Comentarios:

Blogger kaka dixo...

Eña, a ver se se animo esto, que levades unha semana sen comentar nada!!

pois iso, eña, sen mais

sexta out. 21, 10:41:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Vou pór dúbidas, se alguén as responde...pois millor senón quedareime con elas (coas dúbidas).

1º: En Alabama se tiras a bola do cucurucho no bolsillo e tiras o cucurucho..podes levala bola no bolsillo traseiro???

2º: En Arizona iso dos vibradores...os moviles tamén contan??? se é así e son familia numerosa...nom teñen moviles ou déixanos no portal???

3º: En Michigan...pra cortalo pelo fai falla a aprobación do marido, pero...se estás solteira??? nom podes cortalo ata que cases??? ou tenche que deixar o pai ou como é iso??? e as monxas como farán...porque ali os curas poden casar (como o dos Simpsons) pero as monxas podes casar ou nom??

4º: En Montana pódese disparar a un grupo de sete ou mais indios,nom??? pero poño un exemplo: Son 9 indios matas a 3 e xa som 6, a ises 6 nom podes matalos porque son menos de 7, asiq...como nom tires unha jranada ou poñas unha bomba pra que morran á vez...tecnicamente se os vas matando qudarían menos de sete, asique se estás en Montana e veñen sete ou máis indios...escolle ben quen pode ser o cabezilla do jrupo e dispáralle a ise primeiro.

5º: En Nevada nom podes conducir un camelo pola autoestrada, e un dromedario si??? pois paréceme mal pq se o camelo ten duas xorabas..será mais seguro q o dormedario,nom?? pois iso é discriminar!!!

6º: En Carolina do Norte...calquer parella que pernocte nun hotel debe ter unha habitación con duas camas que estén separadas ao menos un metro. Facer o amor no espacio que separa as camas está estrictamente prohibido. Vale que hai que ter dúas camas,pero nom di q tes que durmir en camas distintas,só di que tes que ter duas,nom? Asique vas ata a cama da rapaza e a foder...

7º: En Oregón é ilegal susurrar cousas sucias a orella da tua parella mentres facedes o amor, é dicir...mentras estás a facer o amor está espiando alguén ou hai microfonos ocultos ou algo asi??? porque senón como sabe o que lle di?? cecais quere outra postura ou está canso...

8º: En Carolina do Sur...o de matar sen avisar ao que se vai suicidar...ome se se vai suicidar...que pasa, avisalo de que o matas por se o pensou millor e nom quere morrer??? se é por iso...inda bue

9º: En Texas nom podes disparar a un bufalo dende un 2º piso, pero...se estás nunha habitación do segundo andar acurralado por un bufalo...que fas??? deixaste que che pegue a embestida da tua vida e nom a contes,dispáraslle ou tiraste pola ventá...como só é un segundo piso...cecais nom morres,ainda que os americanos como fan todo ao grande...pode equivaler ao 4º ou 5º piso destes españois.

10º: En Virginia...os da pasma...en vez de mirar se levas posto o cinturon...que miran? se levas os zapatos postos???

Eiquí as miñas dubidas, as outras leis tamen parecenme absurdas,menos unha ou duas. Saúdos.

domingo out. 23, 12:33:00 da tarde  
Blogger O puyol do CDM dixo...

os americanos non saben mais q interpoñer leis jejejej q aprendan a facer algo mais ou q pasa aki

sábado dez. 31, 05:07:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

K idolos son los americanos con sus leyes totalmente absurdas jajajaja

terça jan. 31, 10:03:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA