Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

quarta-feira, março 08, 2006

Día internacional da muller


Hoxe, día 8 de Marzo, é o día internacional da muller, e nesta data quería romper unha lanza en favor da igualdade, criticando a violencia de xénero, unha realidade que atenta contra a dignidade da muller como tantas outras...

O número de mulleres asasinadas en España a mans dos seus maridos, ex cónxugues ou compañeiros sentimentais, de Xaneiro a Outubro do 2005, foi de 52 (¡os funcionarios do goberno mostraron o seu "optimismo" dicindo que baixara un 13.3% respecto ao mesmo período de 2004!)

Segundo os datos do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, do Consejo Xeral do Poder Xudicial (CXPX), no primeiro semestre do ano se solicitaron 20.271 ordes de protección, das que os xuíces acordaron conceder 15.330, o 76% do total.

A orde de protección permite aos xuíces de garda acordar, en función da gravidade dos feitos, medidas cautelares de carácter penal, que van dende a prisión provisional, a prohibición de aproximación, de residencia ou de comunicación á retirada de armas.


A pesar da chamada "liberación feminina", aínda hai homes que consideran á esposa e aos fillos como obxectos da súa propiedade. Por iso se cren co dereito a descargar sobre eles a súa frustración ou malhumor maltratándoos ao seu antollo. E como os fillos imitan aos pais, dáse con frecuencia que quen na nenez foron testemuñas de abusos físicos entre os seus pais, repiten a mesma conduta cando chegan ao estado adulto. Aprenderon que os problemas e conflitos se afrontan coa forza bruta. Este aprendizaxe negativo está tan arraigado que moitas veces chega a transmitirse de xeración en xeración.

Se a isto se lle engade a "glorificación" da violencia nos medios de comunicación, podemos entender o por que moitos seres humanos recurren á violencia, a veces cunha frialdade que asusta máis que o mesmo acto violento. Hai moitos recursos á súa disposición.

A experiencia ensina que moitos dos abusadores familiares parece "que nunca crebaron un prato"; pasan por persoas educadas e sensíbeis, pero no fondo son individuos celosos cunha pobre imaxe de sí mesmos e que viven nun mundo irreal. Se a esas persoas lles dá por tomarse uns tragos de máis, cousa frecuente, a explosión violenta será moito maior.

E a resolver este problema tampouco axuda que exista xente (como o paisano que saia hoxe en El Correo Gallego, ou o sacerdote valenciano que saira hai algún tempo no telexornal...) que opine que as "mulleres malas" merecen ser maltratadas por ir provocando, que por culpa súa agora hai homesexuais e non sei que máis historias... vendo isto, eu persoalmente me pregunto para que serven todas as campañas de sensibilización e demais. É que non sei, se todos somos bechos da creación, non entendo estas posturas...

¡¡¡Reaccionemos antes de que sexa demasiado tarde!!!

Sen máis...


PD: se alguén quere ler algo máis completo sobre o tema, recoméndolle as dúas entradas que Marykinha lle adicou ao tema no seu blog, unha sobre o Día da Muller e unha crítica ás opinións misóxinas

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:47:00 da manhã por kaka      2 comentarios

2 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

Oliñas!
A realidade é que os políticos crean un montón de leis que non serven para nada e que non protexen ás afectadas pola violencia doméstica ou de xénero.
O que me parece incrible é que os políticos mostren "optimismo", porque realmente é un tema alarmante, todos deberiamos estar preocupados, porque cada día son máis as mulleres que aparecen maltratadas (recoñecidas ou non).
Mentras escribo esto, acabo de lembrarme de que na asignatura de Socioloxía dos Roles de Xénero, o profe contounos que o nao pasado uns rapaces fixeran unha "performance" tratando este tema e que o lema da mesma era: ¿Canto tes que esperar para intervir? (ou algo asi)
Realmente todos, se coñecemos ou sabemos de un posible maltrato, deberiamos actuar, canto antes, para que non sexa moi tarde.
Boeno, deixote que se me vai a perola!!
Bicos

sábado mar. 18, 10:16:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Moitas grazas por esta entrada. Estou con Marykinha en que se están a producir cambios lexislativos, pero parece que sen transformación algunha de cara á realidade. Queda moito por facer e é obvio que tal e como están as cousas (o vemos a diario) non se pode falar dunha mínima conformidade coa situación actual.

segunda mar. 20, 08:48:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA