Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, maio 19, 2006

Parábola do venres: O violinista


Érase unha vez un gran violinista chamado Paganini.

Algúns dicían que era moi estraño. Outros, que era sobrenatural. As notas máxicas que saían do seu violín tiñan un son diferente, por iso ninguén quería perder a oportunidade de ver o seu espetáculo.

Nunha certa noite, o palco dun auditorio repleto de admiradores estaba preparado para recibilo. A orquestra entrou e foi aplaudido. O mestre foi ovacionado.

Mais cando xurdiu a figura de Paganini, triunfante, o público delirou.

Paganini coloca o seu violín no ombreiro. Breves e semibreves, fusas e semifusas, corcheas e semicorcheas parecen ter ás e voar co toque daqueles dedos encantados.

De súpeto, un son estraño interrompe o devir da orquestra. Unha das cordas do violín de Paganini arrebenta. O mestre parou. A orquestra parou. O público parou. Mais Paganini non parou.

Ollando para súa partitura, continua a tirar sons deliciosos dum violín con problemas.

O mestre e a orquestra, empolgados, voltan a tocar.

Mal o público se acalmou cando, de repente, outro son pertubador chama a atención dos asistentes. Outra corda do violín de Paganini rompe.

O mestre parou de novo. A orquestra parou de novo. Paganini non parou.

Como se nada tivese acontecido, esqueceu as dificuldades e avanzou tirando sons do imposíbel. O mestre e a orquestra, impresionados voltan a tocar. Mais o público non podería imaxinar o que iría acontecer. Todas as persoas, pasmas, berraran:

- ¡OOHHH!
Unha terceira corda do violín de Paganini se quebra. O mestre para. A orquestra para. A respiración do público tamén para. Mais Paganini non para.

Como se fose un contorcionista musical, tira todos os sons da única corda que quedara naquel violín destruído. Ningunha nota foi esquecida. O mestre empolgado se anima. A orquestra se motiva.

O público parte do silencio para a euforia, da inercia para o delirio. Paganini atinge a gloria.

O seu nome corre a través do tempo. El non é apenas un violinista xenial. É o símbolo do profesional que continua ante do imposível.

Eu non sei que problemas tes. Mais sei unha cousa. A vida sempre lle deixará unha última corda.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 6:45:00 da tarde por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Unha vez máis atopo liñas de coñexión entre as túas parábolas: neste caso lémbrame á parábola da vaquiña que caera polo precipicio. É certo que sempre hai unha última corda: a que nós mesmos nos encargamos de fabricar, ás veces de xeito inconsciente, en situacións de moita dificultade (e esa de certo que é a máis forte de todas). Un bico...

segunda mai. 29, 06:49:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA