Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, novembro 27, 2005

¿Por que o polo cruzou a estrada?


Vexamos como distintos personaxes contestan, incluido cada un os seus propios matices, a unha simple pregunta como pode ser "¿Por que o polo cruzou a estrada?"
  • Profesor de primaria: Porque quería chegar ao outro lado.
  • Platón: Porque buscaba o ben.
  • Aristóteles: Está na natureza dos polos cruzar as estradas.
  • Marx: Era unha inevitabilidade histórica.
  • Sadam Husseim: Foi un acto de rebelión non provocado e que lanzasemos 50 toneladas de gas nervoso estivo plenamente xustificado.
  • Ronald Reagan: Olvidóuseme.
  • Miguel da Cadra: Para ir onde ningún outro polo chegou xamais.
  • Hipócrates: Debido a un exceso de humores no seu páncreas.
  • Javier Arzallus: A estrada representa aos vascos. O polo "cruzou" aos vascos para pisotealos e mantenelos sometidos.
  • Martin Lutero King: Vexo un mundo no que todos os polos serán libres para cruzar a estrada sen que os seus motivos se poñan en cuestión.
  • Moisés: E Deus baixou do ceo e díxolle ao polo: "Cruza a estrada". E o polo cruzou a estrada e todos o celebraron.
  • Bill Clinton: O polo non cruzou a estrada. Repito, o POLO non cruzou a estrada.
  • Maquiavelo: A cuestión é que o polo cruzou a estrada. ¿A quen lle importa o porqué? O fin de cruzar a estrada xustifica calquer motivo.
  • Freud: O feito de que esteades preocupados porque o polo cruce ou non a estrada revela a túa inseguridade sexual.
  • Bill Gates: Acabo de lanzar Polo Office 2000, que non só cruza estradas, senon que pon ovos, arquiva os teus documentos importantes e cadra as túas contas.
  • José María Aznar: ¡¡¡O poooolo vai ben!!! ¡¡¡O poooolo vai ben!!!
  • Darwin: Ao longo de grandes períodos de tempo, os polos foron seleccionados naturalmente de xeito que agora teñen unha disposición xenética a cruzar estradas.
  • Einstein: O se o polo cruzou a estrada ou a estrada se moveu por embaixo do polo depende do teu marco de referencia.
  • Buda: Preguntar iso nega a túa propia natureza de polo.
  • Hemingway: Para morrer. Baixo a choiva.

Eña, sen mais

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:59:00 da tarde por kaka      4 comentarios

4 Comentarios:

Blogger O puyol do CDM dixo...

jajajaja esas respostas eu diria q cruzou o estrada por q ye saiu dos collos ou q pasa agora jejeje

sábado dez. 31, 04:30:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

sempre odiei ese mail... boeno, que sepas que témome que este vai ser o último comentario do mes e do ano que farei no teu blog... pero se queres chegar os 100, espero que isto sexa de axuda!!
Bicos e Feliz Aninovo!

sábado dez. 31, 07:18:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Tenia yo un libro desa clase de chorradas, kaka como agan en la salle uno asi bufff en las que estariamos joer...

quinta jan. 05, 12:54:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

o polo cruzou a estrada xq non tiña outra cousa mello k facer.. simplemente xD

sexta jan. 06, 07:49:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA